Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de decembro de 2000, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado subestación a 220 kV Mazaricos.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 28 de decembro de 2000, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado subestación 220 Kv Mazaricos.

2. De coformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de maio de 2000, polo que se declara a incidencia supramunicipal do proxecto subestación 220 kV Mazaricos, o planeamento do Concello de Mazaricos queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria