Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Carrascal, no concello da Lama (provincia de Pontevedra), por parte de Patricio Morais Cabaleiro.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Patricio Morais Cabaleiro, con domicilio en San Xurxo de Salceda, Outeiro, Salceda de Caselas, presentou nesta delegación provincial, o día 17 de outubro de 2000, instancia-solicitude de permiso de investigación Carrascal de 18 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal da Lama, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2921, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 21' 20''42º 25' 40''

Vértice 28º 20' 00''42º 25' 40''

Vértice 38º 20' 00''42º 25' 00''

Vértice 48º 19' 40''42º 25' 00''

Vértice 58º 19' 40''42º 24' 20''

Vértice 68º 21' 20''42º 24' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra