Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001, pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Pena da Loba. (Expediente 7/99-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Made Energías Renovables, S.A. (actualmente denominada Endesa Cogeneración y Renovables, S.A.) con domicilio para efectos de notificacións na rúa do Castiñeiriño, 12-3º A, C.P. 15702 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Pena da Loba; resultan os seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 16 de novembro de 1999, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A. solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Pena da Loba, de 24,42 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse á información pública por resolución da Delegación

Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 1 de decembro de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: no DOG o 20-12-1999, no diario Ideal Gallego o 20-12-1999, no BOP da Coruña o 27-12-1999 e no taboleiro de anuncios do Concello das Pontes de García Rodríguez e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Constantino Gago Conde solicita información relativa ós bens e dereitos afectados pola instalación do parque eólico.

2. Manuel Vilasusa Prada e 42 máis manifestan que na notificación individual non se define con precisión a localización nin o grao de afección dos predios incluídos na relación de bens e dereitos afectados pola instalación do parque eólico. Así mesmo, 6 deles alegan a existencia de erros na titularidade dos predios.

3. Elvira Gil Prada alega que a superficie afectada que se reflicte no parcelario non é a correcta.

4. Antonio Castro Caaveiro e Primitiva Castro Prada manifestan que o cultivo catalogado nos seus predios é incorrecto.

5. Mª Modesta Giz Castro, en nome propio e en representación dos herdeiros de Domingo Diz Castro, oponse ás instalacións do parque, posto que supón que unha liña eléctrica discorrerá por enriba dunha vivenda da súa propiedade.

6. Andrés García López, en representación da empresa García Forestal, S.L., alega que non existe fundamento para a declaración de utilidade pública das instalacións proxectadas. Ademais, manifesta que o predio nº 58 é propiedade da dita empresa e que dentro da área de afección existe un permiso de investigación de 60 cuadrículas mineiras, denominado Rego do Ouro, solicitado ante a Delegación Provincial de Industria da Coruña con data 21-7-2000.

7. Fóra de prazo, Mª José Castelo Gómez, Mª Remedios Caaveiro Pena e Ramón Castelo Otero, alegan erros na titularidade dos predios nº 2 e nº 9 do parcelario.

Terceiro.-O 2 de novembro de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aprobar a declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Cuarto.-O 22 de decembro de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo corres

pondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NOMEMUNICIPIOVÉRTICES

XY

PENA DA LOBAAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

0.595.6004.823.600

0.596.5004.824.000

0.597.4004.823.400

0.597.0004.823.000

0.599.0004.822.500

0.599.0004.822.300

0.596.9004.822.300

0.597.0004.821.300

0.597.3004.821.600

0.597.6004.821.500

0.597.4004.820.300

0.596.8004.820.250

0.596.0104.819.158

0.595.4104.819.254

0.596.2004.821.000

0.595.0004.821.600

0.595.4004.822.500

0.595.6004.822.500

0.596.0004.823.000

0.595.6004.823.400

Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: MADE AE-46/I.

Potencia total instalada: 24,42 MW.

Producción anual estimada: 66.530 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.973.723.717 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-37 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transporte de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación de aeroxeradores e transformador de potencia de subestación 30/132 kV.

-Liñas subterráneas de comunicacións entre aeroxeradores e subestación 30/132 kV formadas por cable de comunicación con tres pares independentes.

-Subestación transformadora de 132/30 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico, composta por dous transformadores de potencia de 132/30 kV e 50 MVA de potencia unitaria e dos transformadores para servicios auxiliares 30/0,42 kV de 50 kVA de potencia nominal unitaria e aparellos de 30 kV e 132 kV con funcións de control, manobra, seccionamento, medida e protección.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das citadas parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

2. Con respecto a posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que será no levantamento de actas, acto que será convenientemente notificado, o momento no que pode demostra-la titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.

3. Con respecto ás alegacións relativas á imprecisión na localización e grao de afección dos predios incluídos na relación de bens e dereitos afectados pola instalación do parque eólico, a dita información foi incluída na súa totalidade na notificación individual que recibiu cada particular afectado, ademais de encontrarse á disposición dos alegantes no Concello das Pontes de García Rodríguez e na Delegación Provincial de Industria da Coruña, para a súa consulta e exposición pública.

4. Non podemos acepta-la alegación presentada por Mª Modesta Giz Castro, xa que, aínda existindo afección dentro do predio da alegante, non está proxectada ningunha liña de evacuación, sendo esta ademais unha liña subterránea.

5. Non podemos considera-la alegación presentada por Andrés García López xa que a compatibilidade de ámbolos dous aproveitamentos non se poderá analizar ata que se presente o proxecto xeral de explotación correspondente á solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación mineira Rego do Ouro.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Pena da Loba, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación

para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio