Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de xaneiro de 2001, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico nomeado Pena da Loba.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG, o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de xaneiro de 2001, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Pena da Loba.

2º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento do Concello das Pontes de García Rodríguez queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria