Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Caxado. (Expediente 6/99-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Made Energías Renovables S.A. (actualmente denominada Endesa Cogeneración y Renovables, S.A.) con enderezo para efectos de notificacións na rúa do Castiñeiriño, 12-3º A, C.P. 15702 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Caxado; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 16 de novembro de 1999, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A. solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Caxado, de 24,42 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 1 de decembro de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: no DOG o 20-12-1999, no diario Ideal Gallego o 21-12-1999, no BOP da Coruña o 27-12-1999 e no taboleiro de anuncios do Concello das Pontes de García Rodríguez e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Constantino Gago Conde solicita información relativa ós bens e dereitos afectados pola instalación do parque eólico.

2. Juan Ramil Barja, a empresa Financiera Maderera, S.A., Lourdes Corral Novo e a súa irmá Mª del Carmen, respectivamente, alegan que na valoración dos seus predios debe terse en conta o arborado existente nelas. Estas últimas alegan, así mesmo, a existencia dun erro de titularidade.

3. Alberto Corral Tojeiro, Mª Irene Cabaleiro e 46 máis manifestan que na notificación individual non se define con precisión a emprazamento nin o grao de afección dos predios incluídos na relación de bens e dereitos afectados pola instalación do parque eólico. Así mesmo, o primeiro alega a existencia dun erro de titularidade.

4. Formúlanse, fóra de prazo, as seguintes alegacións:

-Julio Seoane Pernas, alega que os predios nº 38 e 39 do parcelario constitúen un único predio da súa propiedade e que a traza do predio nº 43 é incorrecta.

-Alberto Corral e outros manifesta que na relación de bens e dereitos afectados non se inclúe un predio situado entre os predios nº 52 e nº 53, propiedade, pro indiviso, do alegante, Antonio Fernández, Francisco Corral e Hortensio Ramil.

-Por último, Celia Pena Penabad alega que o predio nº 10 do plano parcelario é propiedade, pro indiviso, da alegante e das súas irmás, non tendo sido notificada como afectada.

Terceiro.-O 16 de novembro de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aprobar a declaración de efectos ambientais do citado parque eólico, quedando condicionada a posición do aeroxerador número 11 á presentación polo promotor da documentación requirida no punto 10.1., e posterior informe favorable do órgano ambiental.

Cuarto.-O 22 de decembro de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Ubicación e coordenadas poligonais:

NOMEMUNICIPIOVÉRTICES

XY

CAXADOAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

10.594.2004.821.300

20.594.8004.821.000

30.594.5004.819.400

40.597.0004.819.000

50.598.0004.818.300

60.598.5004.819.000

70.599.6004.818.000

80.599.0004.817.400

90.597.0004.818.000

100.597.0004.817.300

110.595.0004.818.100

120.593.1004.820.000

Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: MADE AE-46/I.

Potencia total instalada: 24,42 MW.

Producción anual estimada: 68.006 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.625.905.696 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-37 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transporte de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador cos seus correspondente aparellos de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación de aeroxeradores e transformador de potencia de subestación 30/132 kV.

-Liñas subterráneas de comunicacións entre aeroxeradores e subestación 30/132 kV formadas por cable de comunicación con tres pares independentes.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das citadas parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

2. Con respecto a posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que será no levantamento de actas, acto que será convenientemente notificado, o momento no que pode demostra-la titularidade delas, achegando a documentación acreditativa necesaria.

3. Con respecto ás alegacións relativas á imprecisión na localización e grao de afección dos predios incluídos na relación de bens e dereitos afectados pola instalación do parque eólico, a dita información foi incluída na súa totalidade na notificación individual que recibiu cada particular afectado, ademais

de encontrarse á disposición dos alegantes no Concello das Pontes de García Rodríguez e na Delegación Provincial de Industria da Coruña, para a súa consulta e exposición pública.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Caxado, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio