Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/255-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: EASA, S.A.

Domicilio social: J.L. Bugallal Marchesi, 10.1º esqu., A Coruña 15008 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV subestación P. E. Monte Redondo-Sub. Vimianzo.

Situación: Vimianzo.

Descricións técnicas: L.A.T. 66 kV aérea de 2.021 m de lonxitude sobre apoios metálicos en torres de celosía en conductor simplex LA-280 e 200 m tramo subterráneo en conductor R.H.Z. 36/66 kV 3x(1x360) Al H130 capacidade de transporte 65 MW e cable de tierra OPGW con 16 fibras ópticas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén poderá

interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 30 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña