Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.328

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Crown Cork de España, S.A., fábrica de Vigo.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Crown Cork de España, S.A., fábrica de Vigo, con nº de código 3600582, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-11-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 6-11-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de decembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo para 1999/2000

Crown Cork de España, S.A., fábrica de Vigo

Capítulo I

Consideracións xerais

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio afectará a todo o persoal que preste os seus servicios no centro de traballo de Crown Cork de España, S.A., sito en baixada á Gándara, nº 32, Coruxo-Vigo.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo terá unha duración de dous anos.

Previo cumprimento dos requisitos legais que establezan as leis ó respecto, o presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1999 e durará ata o 31 de decembro de 2000.

Considerarase prorrogado por un período dun ano máis, se non é denunciado legalmente por calquera das partes antes da data do seu vencemento. Non obstante, subsistirá o seu contido normativo e económico ata a entrada en vigor do novo convenio que o substitúa.

Artigo 3º.-Normas supletorias-preeminencias.

O serán: o Estatuto dos traballadores, a ordenanza laboral da industria metalgráfica ou acordo sectorial que a substitúa e os regulamentos de réxime interior deste centro de traballo.

O pactado neste convenio é preeminente sobre a ordenanza. Se a lexislación supera en algo o convenio, aplicarase o disposto na lexislación. O contido deste convenio establece un mínimo obrigatorio das condicións aquí pactadas.

Artigo 4º.-Dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións superiores pactadas e os dereitos adquiridos, tanto colectivos como individuais, que se teñan establecidos neste centro de traballo, así como as condicións máis beneficiosas de todo o persoal ó que afecte o presente convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria de aplicación, arbitraxe e interpretación.

En cumprimento da lexislación vixente ó respecto, créase unha comisión paritaria, integrada por 5 representantes legais dos traballadores e igual número de persoas por parte da empresa Crown Cork de España, S.A. Cada parte nomea un secretario-portavoz. A convocatoria das reunións corresponderá ós secretarios por instancia de parte, nun prazo non superior a 10 días.

O cometido da citada comisión paritaria consistirá en informar e asesora-las partes interesadas sobre a interpretación e aplicación das cláusulas e preceptos deste convenio, así como das incidencias que puidesen producirse con relación a este. A falta de acordo someterase a cuestión consultada á autoridade competente.

Para que os acordos da comisión paritaria sexan válidos, requirirase o acordo do 80% dos membros que a compoñen.

As funcións da comisión paritaria interpretativa serán as seguintes:

1. Interpretación da totalidade das cláusulas do convenio.

2. Arbitraxe da totalidade dos problemas que se deriven da súa aplicación.

3. Vixilancia do cumprimento do pactado.

4. Outras actividades que tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Artigo 6º.-Comisión negociadora.

Discutiron, pactaron e asinaron o presente convenio colectivo as seguintes partes:

Pola económica, a representación da dirección da empresa, formada polos seguintes:

Camilo Gómez Macías.

Ignacio Alfageme Pernas.

Antonio Vidal Pérez.

Pola social, en representación dos traballadores, os delegados sindicales:

Enrique Alonso Acuña (CC.OO.).

Benjamín Vázquez Sio (CIG).

Ramón Sangiao Costs (UGT).

E os membros do comité de empresa:

Elena Rodríguez Giraldez.

Pilar Alonso Alonso.

Emilio Pérez Pérez.

José R. González Bosco.

Juan Carlos García Costas.

José Luis Pousa Prado.

Luis F. Martínez Cuña.

Ángel Rodríguez Viéitez.

Juan Iglesias Carreira.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 7º.-Incremento salarial.

O incremento salarial será, para cada un dos anos de vixencia, o IPC previsto polo Goberno da Nación, máis 0,75 puntos, en tódolos conceptos retributivos do convenio.

Inclúese cláusula de revisión na porcentaxe en que o IPC real supere o previsto. Neste caso a regularización farase nunha soa paga, rateándose o seu efecto en cotización á Seguridade Social nos seguintes 12 meses.

Artigo 8º.-Salario base.

Establécese como salario base para cada categoría profesional para 1999 o especificado na táboa que figura no anexo I. Para 2000 o será o que figura no anexo II.

Artigo 9º.-Antigüidade.

A antigüidade comezará a percibirse a partir do terceiro ano, a razón do 3% sobre o salario base de cada categoría. Anualmente incrementarase nun 1% ata o límite máximo do 30%.

Segundo establece o artigo 38 do Regulamento de réxime interior, xunto coa paga extraordinaria de Nadal, aboaranse, a partir do quinto ano de antigüidade, dous días de salario, incrementándose en dous máis cada tres anos ata o límite máximo de 10 días.

Artigo 10º.-Complemento de asistencia e puntualidade.

Crown Cork de España, S.A. aboará ó seu persoal un complemento de asistencia e puntualidade equivalente ó 10% do salario base máis a antigüidade de cada categoría profesional.

Este complemento computarase por períodos semanais.

A primeira falta de puntualidade non suporá a perda do complemento; a segunda falta dentro da semana suporá a perda do complemento do día; a partir da terceira falta de puntualidade na semana perderase o complemento de toda ela.

Esta normativa só poderá ser aplicada dúas veces ó mes.

Os olvidos de fichar no reloxo de control non serán considerados para os efectos de descontos, cando o xefe respectivo, mediante a súa sinatura nos impresos confeccionados para este fin, xustifique que o productor estaba no seu posto de traballo ó inicio ou ó remate da xornada laboral.

Artigo 11º.-Mellora voluntaria.

As melloras voluntarias para 1999 serán as resultantes de incrementar na porcentaxe a que se fai referencia no artigo 7º as existentes o 31 de decembro de 1998. Rexerán os valores que figuran na táboa do anexo III.

As melloras voluntarias para 2000 serán as resultantes de incrementar na porcentaxe correspondente segundo o artigo 7º as existentes o 31 de decembro de 1999. Rexerán os valores que figuran na táboa do anexo IV.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

a) Aboaranse 3 pagas extraordinarias: marzo, xuño e decembro.

b) O importe da paga de marzo para 1999 será de 128.621 pesetas, para tódalas categorías. Para 2000 será a que resulte de incrementa-la correspondente ó ano anterior na porcentaxe previsto no artigo 7º.

c) O importe de cada unha das pagas de xuño e decembro será o equivalente a 30 días de salario real (base+antigüidade+P.A.P.+mellora voluntaria).

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

1. Non se poderán facer horas extraordinarias fóra do límite máximo previsto no Estatuto dos traballadores. A empresa informará mensualmente o comité do número de horas extraordinarias realizadas no mes precedente.

2. As fórmulas de compensación aplicables ás horas extraordinarias serán as seguintes:

a) Poderanse pagar ata 40 horas por persoa e ano, ós valores que figuran nos anexos V.

b) Unha reducción de xornada en épocas de baixa demanda de traballo, equivalente ó tempo traballado como extraordinario, máis unha compensación económica por hora realizada da metade do valor para a súa categoría segundo táboa do anexo V.

c) Unha reducción da súa xornada de traballo en épocas de baixa demanda equivalente ó dobre do tempo traballado como extraordinario.

O máximo de horas extras pagadas sumando as que se aboen segundo a modalidade a) e as que se aboen segundo a modalidade b) non poderá supera-lo máximo previsto pola lei, é dicir, 80 por persoa e ano.

3. O valor da hora extra será o que resulte de aplica-la seguinte fórmula de cálculo:

Salario díax(365+30+30)

H=x1,75

Xornada anual

Sendo:

H= valor da hora extra normal para cada categoría.

Salario día= resultado de sumar:

-Salario base da categoría.

-Antigüidade media de todo o persoal.

-P.A.P. correspondente.

-Mellora voluntaria media por categoría.

Xornada anual= a que se fixe no calendario laboral de cada ano.

A antigüidade media de todo o persoal en 1999 é de 23 anos e a xornada anual de 1.696 horas.

O valor da hora extra nocturna será de 1,25 h.

O valor da hora extra festiva será 1,40 h.

Non obstante o expresado nos parágrafos anteriores, o valor das horas extras por categoría para 1999 será o que aparece no anexo V e para 2000 o que figura no anexo VI.

4. Durante o período de inactividade do persoal fixo descontinuo, non se realizarán horas extraordinarias de ningunha índole, excepto aquelas de forza maior ou estructurais, substituíndose por descanso segundo o convenio colectivo vixente.

Artigo 14º.-Nocturnidade.

O complemento de nocturnidade en 1999 para o persoal que preste os seus servicios na quenda de noite será por hora traballada e para tódalas categorías de 290,59 pesetas. O valor para 2000 será o que resulte de incrementa-lo correspondente ó ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º.

Quedan excluídos deste artigo aqueles traballadores contratados ou trasladados doutros departamentos da fábrica para cometidos específicos durante a noite (vixilancia, porteiros, serenos).

Todo traballador que sexa designado no taboleiro de anuncios para traballar na quenda de noite e

sexa pasado ás quendas de día por petición da empresa, percibirá o complemento de nocturnidade de toda a semana.

Artigo 15º.-Complemento de distancia.

Os traballadores acollidos ó presente convenio terán dereito a un complemento por día de asistencia do valor que teña o billete normal do transporte público urbano, sempre que a súa residencia estea situada fóra dun radio de 2 km, tomando como referencia este centro de traballo.

O traballador, ó ser admitido na empresa, sinalará e xustificará o lugar da súa residencia.

Artigo 16º.-Complemento de quenda de tarde.

Os traballadores acollidos ó presente convenio que traballen na quenda de tarde, percibirán por día traballado un complemento de 33 pesetas en 1999 e o que resulte de incrementa-lo correspondente ó ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º en 2000.

Os artigos 15º e 16º, que aparecen no presente convenio colectivo, xa viñan sendo aplicados por figurar no Regulamento de réxime interior.

Artigo 17º.-Axuda de custos.

Nos desprazamentos e estadías motivados por viaxes oficiais autorizadas pola empresa, as axudas de custos que se devengarán serán, para 1999 e desde o 1 de marzo, segundo acordo do comité intercentros:

Axuda de custos completa (comida e cea): 6.690 pesetas/día.

Media axuda de custos (comida ou cea): 3.710 pesetas/día.

Almorzo: 720 pesetas/día.

Compensación por quilómetro: 46 ptas.

Os gastos de transporte e aloxamento serán por conta da empresa.

Nos desprazamentos e estancias en países extranxeiros, as axudas de custos incrementaranse como mínimo nun 25%, exceptuando Portugal, onde terá o mesmo valor que para España.

Logo de comunicación ó departamento de persoal, a empresa asegurará os traballadores que realicen estes desprazamentos e polo tempo que estes duren, mediante un seguro complementario de accidente nas seguintes contías:

Morte: 8 millóns de pesetas.

Invalidez permanente absoluta: 16 millóns de pesetas.

Para 2000 observaranse os acordos que se pacten entre empresa e comité intercentros.

Artigo 18º.-Socorristas.

Os socorristas percibirán por día de presencia a cantidade de 274 pesetas en 1999 e a que resulte de incrementa-la correspondente ó ano anterior na

porcentaxe prevista no artigo 7º para 2000, cando na súa quenda de traballo non haxa persoal do servicio médico ou no caso de ausencia deste.

Os socorristas serán substituídos nos seguintes supostos:

a) Temporalmente, no caso de ILT, sendo automaticamente substituídos por un suplente, a ser posible da mesma sección.

b) Definitivamente, no caso de probada ineptitude.

Artigo 19º.-Axuda a estudios.

Aboaránselle a cada traballador con fillos de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos a cantidade mensual de 2.358 pesetas/fillo en 1999 e a que resulte de incrementa-la correspondente ó ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º en 2000.

Comprende 12 meses do ano. A correspondente ó mes de xullo pagarase xunto á de agosto.

Aboarase así mesmo unha axuda para estudios posteriores, equivalente ó 40% do importe da matrícula estatal, logo de xustificación.

Para renovar estas axudas, ten que acreditarse o aproveitamento nas materias obxecto de axuda no curso anterior, xa sexa na convocatoria de xuño e/ou setembro.

Artigo 20º.-Axuda a diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais.

a) Os traballadores beneficiarios da prestación por diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais da Seguridade Social, percibirán por parte da empresa, unha axuda económica por beneficiario de 19.770 pesetas/mes en 1999 e a que resulte de incrementa-la correspondente ó ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º en 2000. Esta axuda é independente de calquera outra que percibise por dereito.

b) Os casos especiais que poidan presentarse, serán estudiados de forma individual entre comité e empresa.

Artigo 21º.-Bolsas para estudios.

Para o persoal fixo do cadro de persoal, que curse estudios de materias que teñan relación coa actividade da empresa como enxeñería técnica industrial, formación profesional grao 1 e 2 nas ramas de matricería e moldes, máquinas ferramenta, electricidade e electrónica, informática, económicas, empresariais, enxeñería superior, a empresa concederá, logo de autorización da dirección, bolsas de estudios consistentes no aboamento do 75% do importe da matrícula estatal e unha bolsa de estudios que para 1999 será de ata 21.007 pesetas/ano e o valor que resulte de incrementa-lo correspondente ó ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º, en 2000.

Para ter dereito a estas bolsas, xuntaráselle á solicitude o xustificante de matrícula con indicación das materias matriculadas. Para renovar estas bolsas, o interesado deberá acredita-lo aproveitamento nas

materias obxecto de axuda no curso anterior, nas convocatorias de exame de xuño e/ou setembro.

A empresa adaptará o horario do traballador ó dos seus estudios, dentro das posibilidades existentes.

Artigo 22º.-Incapacidade laboral transitoria.

A empresa aboará a diferencia entre a prestación pagada pola mutua patronal de accidentes de traballo e o salario do traballador, cando a situación de ILT fora motivada por accidente de traballo. No caso de hospitalización por enfermidade común debidamente xustificada e mentres a dita hospitalización dure, aboarase a diferencia entre o salario do traballador e a prestación aboada pola Seguridade Social.

Os traballadores que a consecuencia dun accidente de traballo ou enfermidade profesional vexan diminuídas as súas facultades físicas ou intelectuais, terán preferencia para ocupar aqueles postos xa existentes acordes á súa categoría, máis adecuados a súa situación sobrevida, sempre e cando estean capacitados para iso.

Os casos que deste tipo se presenten serán tratados polo comité de seguridade e saúde á vista dos informes técnicos pertinentes.

Capítulo III

Xornada laboral, vacacións e permisos

Artigo 23º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo distribuídas en xornadas diarias de 8 horas, de luns a venres.

Con obxecto de que o cambio de xornada semanal realizado en 1995 de 38,33 a 40 horas e da xornada diaria de 7,666 a 8 non supoña incremento da xornada laboral considerada en cómputo anual, desfrutaranse doce días laborables de luns a venres, que serán fixados no calendario laboral correspondente, desfrutándose preferentemente as pontes naturais e o resto en épocas de baixa demanda de traballo.

A xornada anual para 1999 será de 1.696 horas. A que corresponde a 2000 será de 1.680 horas.

Durante a vixencia do presente convenio, as paradas para toma-lo bocadillo non se computarán como traballo efectivo.

Artigo 23º bis.-Quendas de traballo a 7 días.

Creación de quendas de fin de semana integradas preferentemente por persoal fixo do cadro de persoal que voluntariamente o solicite e que reúna as condicións esixidas polo posto.

Estas quendas completaranse coa incorporación de persoal de nova contratación, con xornada de traballo de luns a domingo e ata un número tal que o total do cadro de persoal sexa o requirido polo volume de producción previsto.

No caso de que co persoal contratado e o voluntario non se cubrisen as quendas necesarias, o comité e a dirección comprométense a negociar este punto.

Este artigo afectará ós contratos realizados a partir do 1 de outubro de 1999, quedando os anteriores suxeitos ó artigo 23º.

Artigo 23º bis 1.-Complemento de sábados, domingos e festivos (complemento SDF).

Quen se integren nas quendas de traballo a 7 días recibirán o seguinte complemento por cada hora de presencia:

CategoríaValor hora

Especialista 1ª B900

Especialista 1ª A901

Oficial 3ª929

Oficial 2ª C969

Oficial 2ª B979

Oficial 2ª A990

Oficial 1ª C1.042

Oficial 1ª B1.048

Oficial 1ª A1.068

Oficial 1ª FC1.075

Xefe de equipo1.173

Xefe de quenda1.173

O persoal eventual con categoría de especialista de 2ª cobrará 850 pesetas por hora de presencia.

Estes valores aplicaranse a partir do 1 de xaneiro de 2000. Durante 1999 este complemento rexerase polos acordos complementarios xa establecidos cos traballadores afectados.

Artigo 23º bis 2.-Complemento de nocturnidade festiva.

Quen se integren nas quendas de traballo a 7 días en horario nocturno recibirán cada sábado, domingo ou festivo un complemento adicional de nocturnidade festiva de igual valor có complemento de nocturnidade normal e con independencia deste.

Artigo 23º bis 3.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para este persoal no ano 2000 será de 1.608 horas de traballo efectivo e 1.672 horas de presencia.

Artigo 23º bis 4.-Paga de outubro.

Créase unha paga de outubro de 30.000 pesetas por ano que percibirá por todo o persoal fixo mentres exista quenda de traballo a 7 días.

Artigo 24º.-Vacacións.

1. Os traballadores acollidos ó presente convenio desfrutarán 24 días laborais de vacacións anuais retribuídas, de luns a venres. Estas vacacións desfrutaranse segundo calendario laboral acordado polos representantes dos traballadores e a empresa.

Estas vacacións tomaranse en función do calendario laboral pactado, distribuídas no período xullo-agosto a razón de 15 días laborais ininterrompidos.

2. As vacacións interrrompiranse cando o traballador contraia matrimonio durante estas, sempre que con anterioridade ó seu comezo, llo comunique a empresa.

Tamén se interromperán por situación de IT, segundo as seguintes regras:

a) Ata 6 meses en IT, terase dereito ó total dos días de vacacións pendentes.

b) Máis de 6 meses en IT, terase dereito á parte proporcional dos días pendentes.

3. As vacacións desfrutaranse dentro do ano ó que corresponden e soamente as que non se tomen por causa de accidente de traballo que pertenzan ó mes de decembro, poderán desfrutarse en xaneiro do ano seguinte.

4. As vacacións aboaranse segundo a lexislación vixente, (salario base, antigüidade, complemento de asistencia e puntualidade, mellora voluntaria e a media dos complementos existentes no período transcorrido desde as últimas vacacións).

Artigo 25º.-Permisos retribuídos.

Percibirase a totalidade dos emolumentos nos seguintes supostos:

1. Falecementos.

1.1. Tres días, dos cales alomenos dous serán laborables, no caso de falecemento de pais, fillos, cónxuxe, irmáns, netos ou avós, que poderán ampliarse en tres máis (naturais), cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia, logo de notificación.

Cando por circunstancias anormais fose necesario, concederase un día máis, logo de xustificación, no caso de falecemento de pais, fillos ou cónxuxe. Para irmáns, netos ou avós, este día concederase cando formen parte da unidade familiar.

1.2. Dous días naturais no caso de falecemento de tíos e sobriños consanguíneos. No caso de afinidade, terán dereito ó tempo necesario para acudir ó sepelio, logo de notificación e xustificación.

No caso de falecemento de primos, non se terá dereito a permiso retribuído, aínda cando figure no Regulamento de réxime interno.

2. Maternidade.

2.1. Tres días, dos cales alomenos dous serán laborables, por parto de esposa ou nacemento ou adopción de fillos, que poderán ampliarse en tres máis (naturais), cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia, logo de notificación telefónica e posterior confirmación co libro de familia.

Cando por circunstancias anormais fose necesario, concederase un día máis, logo de notificación e xustificación.

3. Enfermidade grave de parentes.

3.1. Tres días laborais no caso de enfermidade grave de pais, fillos ou cónxuxe.

3.2. Dous días naturais no caso de enfermidade grave de irmáns, netos ou avós, que poderán ampliarse nun día máis, se conviven na unidade familiar.

Os permisos correspondentes ós puntos 3.1. e 3.2. poderán ampliarse en tres días naturais, cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia, logo de notificación.

3.3. Un día natural no caso de enfermidade grave de tíos consanguíneos.

4. Matrimonio do empregado.

4.1. Dezasete días naturais, que poden ser ampliados en 10 máis, non retribuídos, no caso de que fosen solicitados con anterioridade á data da voda.

4.2. Un día natural por matrimonio de fillos, irmáns ou pais.

5. Asistencia a consulta médica.

O tempo que sexa necesario, sempre que sexa xustificado coa data e selo do médico ó que asiste.

6. Lactación.

Os traballadores con fillos lactantes terán dereito a unha pausa no seu traballo dunha hora por fillo menor de nove meses derivado de parto ou adopción múltiple e nos termos que establece o artigo 37.4º do R.D.L. 1/1995, que poderán dividir en dúas fraccións. O traballador, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal na cantidade indicada, coa mesma finalidade, durante seis meses.

7. Deberes públicos.

O tempo necesario, no caso de obrigas legais ou decretadas por autoridades lexítimas, cando o traballador teña que acudir a cumprir un deber público inescusable imposto pola lei ou disposicións administrativas, mediante xustificación.

8. Traslado do domicilio habitual.

Un día.

Os parentescos citados en tódolos puntos 1.1., 3.1., 3.2. e 4.2 entenderanse tanto en grao de cansanguinidade como de afinidade.

As normas de aplicación destes permisos figuran no anexo VII.

Artigo 26º.-Permisos non retribuídos.

Nos casos extraordinarios debidamente acreditados, outorgaranse permisos con carácter voluntario por parte da empresa, polo tempo que sexa preciso, atendendo ás circunstancias e sen dereito a retribución ningunha.

No caso de excedencia por maternidade aplicarase a lexislación vixente.

No caso de enfermidade grave de pais, fillos ou cónxuxe, a empresa concederá un permiso dun mes como máximo sen dereito a retribución. O traballador haberá de solicitalo por escrito dirixido ó depar

tamento de persoal, expoñendo os motivos e xuntando a xustificación correspondente.

Poderanse tamén solicitar excedencias por períodos de tres meses prorrogables por outros tres, polos motivos expostos no parágrafo anterior, seguindo o mesmo procedemento. Neste caso a reincorporación terá que solicitarse por escrito cando non se esgote o tempo solicitado.

Capítulo IV

Réxime de traballo

Artigo 27º.-Contratos de traballo.

a) A empresa contratará un número de aprendices equivalente ó 5% do cadro de persoal de oficio desta, de acordo co artigo 36 da ordenanza laboral da industria metalgráfica.

b) Cando existan vacantes e sexa necesario cubrilas, terán preferencia en igualdade de capacitación, os fillos ou familiares dos traballaodres da empresa.

c) No caso de contratación de persoal eventual, seguiranse os criterios de selección que sexan fixados con anterioridade entre comité e empresa.

d) No caso de contratación de persoal fixo, terán preferencia en igualdade de capacitación, os fillos de traballadores falecidos durante a vixencia do seu contrato coa empresa.

e) Non se admitirán xubilados, retirados nin persoas que perciban calquera remuneración por outra actividade laboral.

f) O comité terá acceso ás probas de aptitude para a contratación de persoal cualificado, así como ás cualificacións obtidas polos opositores, sempre que as probas se realicen na empresa. Así mesmo, recibirá copia básica de tódolos contratos que se subscriban, de acordo coa Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

g) Se por calquera circunstancia fose necesario persoal eventual, contratarase un número de diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, equivalente ó 2% do cadro de persoal, sempre e cando se adapten ó tipo de traballo.

h) Non obstante o reflectido nas letras f) e g), terán preferencia os acordos ó respecto entre Goberno, patronal e sindicatos.

i) Creación dunha comisión de clasificación de postos de traballo.

Artigo 28º.-Vacantes e revisións de categorías.

1. Suprímense as categorías de peón e traballos secundarios para o persoal do cadro de persoal fixo da empresa, quedando soamente para o persoal eventual.

2. Vacantes.

a) Os postos vacantes de superior categoría que se produzan na fábrica, serán ocupados de maneira preferente por persoal do seu cadro de persoal. Cando se trate de vacantes de igual ou inferior categoría, o comité será debidamente informado.

b) A convocatoria para cubrir estes postos será feita pública no taboleiro de anuncios da empresa.

Artigo 29º.-Pezas de roupa de traballo.

A empresa facilitará ós traballadores fixos ou eventuais as pezas de roupa necesarias para o exercicio do seu labor e cometido. A entrega non poderá ser inferior a dous equipos cada 12 meses.

Equipo de verán: (entrega no mes de marzo). Estará formado por pantalón e camisa ou bata.

Equipo de inverno: (entrega no mes de setembro). Estará formado por pantalón, camisa e cazadora ou bata.

Para as pezas de roupa de protección necesarias, aplicarase o que determine en cada caso o comité de seguridade e saúde da fábrica.

Artigo 30º.-Formación técnico-profesional.

a) A empresa promocionará a formación continua entre os seus traballadores con base nos acordos subscritos polos sindicatos e os empresarios (Forcem).

Cada traballador que asista a un curso de formación fóra da súa xornada laboral, percibirá unha compensación de mil sesenta e cinco (1.065) pesetas por cada hora lectiva máis duascentas trece (213) pesetas por día para cubrir gastos de desprazamento.

Os monitores percibirán setecentas cuarenta e seis (746) pesetas por hora lectiva, se o curso se imparte dentro da súa xornada laboral e o equivalente ó valor da hora extra para a súa categoría no caso de que se fixera fóra de tal xornada.

b) Igualmente, a empresa facilitará, tendo en conta tanto os obxectivos de formación en materia de seguridade e hixiene, como as súas necesidades de traballo noutras prioridades, a asistencia ós cursos que sobre seguridade e hixiene ou otras materias preventivas poida convoca-lo ente autonómico. Nestes casos serán de aplicación as condicións establecidas no artigo 17º (axuda de custos).

As partes asinantes do presente convenio adhírense ó acordo nacional sobre formación continua do 16 de decembro de 1992.

Artigo 30º bis.-Estructura de categorías.

De conformidade coas conclusións do proxecto Now-Luna e tratando de mellora-la situación das mulleres na empresa, a partir do próximo 1 de xaneiro de 2000, todo o persoal con contrato fixo que estea integrado na categoría de especialista de 1ª B pasará á de especialista de 1ª A.

Dado que na actualidade ningunha persoa con contrato fixo está dentro da categoría de especialista de 2ª, estando destinada ó persoal de nova incorporación ou eventuais, o valor da mellora voluntaria que lle corresponde pasará a ser 0.

Capítulo V

Aspectos sociais

Artigo 31º.-Fondo social.

A contribución económica da empresa ó fondo de asistencia social será:

1. Unha cantidade fixa por traballador e ano de 2.316 pesetas para 1999 e a que resulte de incre

menta-la correspondente ó ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º para 2000.

2. Unha contribución mensual equivalente ó importe da suma das cotas que aboan actualmente os traballadores socios ó citado fondo. Calquera incremento na cota non terá, para estes efectos, carácter vinculante para a empresa durante a vixencia deste convenio.

Así mesmo, a empresa entregará ó remata-lo ano ó fondo social o importe dos descontos que se realicen por aplicación do PAP.

Artigo 32º.-Seguro de vida.

Manterasen as condicións actuais do seguro de vida.

a) Por falecemento ou incapacidade permanente: tres millóns (3.000.000) pesetas.

b) Por falecemento en accidente laboral: tres millóns (3.000.000) pesetas.

c) Se transcorrido o prazo dun mes desde a data no que o empregado ou os seus beneficiarios concluísen o envío da documentación necesaria para a tramitación da prestación ante a compañía de seguros, esta non formalizase o pagamento e non concorrendo ningunha das causas de exclusión mencionadas na póliza, a empresa anticiparalle o empregado ou ós seus beneficiarios o importe da prestación, coas seguintes condicións:

Que quedase suficientemente acreditado o envío da mencionada documentación, ben por que se teña realizado a través da empresa, ou ben mediante acreditación documental suficiente da data de envío á compañía de seguros (xustificante de recepción, certificación, etc.) realizada directamente polo empregado ou os seus beneficiarios.

Que os interesados (empregado ou beneficiarios), se comprometan a reintegra-la cantidade anticipada, tan pronto reciban o importe da prestación obxecto do anticipo, por calquera vía.

Que os interesados (empregado ou beneficiarios), faculten a empresa mediante poder suficiente, para que no caso de necesidade de reclamar ante a xurisdicción competente o pagamento da mencionada prestación, poidan nomearse avogados e procuradores que representen os intereses de ámbolos dous ante os tribunais. Neste caso, os gastos derivados da dita reclamación serán por conta da empresa.

Elaboraranse modelos de recibo e apoderamento para facilita-la aplicación do pactado no presente artigo, así como relación de documentación preceptiva en cada caso.

Artigo 33º.-Servicio militar e obxección de conciencia.

Durante o período do servicio militar e/ou no seu lugar o correspondente por obxector de conciencia, o traballador percibirá as pagas extraordinarias previstas neste convenio colectivo.

O traballador casado e con fillos ó seu cargo percibirá o 25% do seu salario real (base+PAP+mellora voluntaria), sempre que estea incorporado a filas o tempo equivalente no caso de obxección de conciencia. Este artigo afectará soamente ó persoal fixo do cadro de persoal.

Artigo 34º.-Servicio médico.

O servicio médico da empresa contará cun médico e un ATS titulados.

Os socorristas prestarán os seus servicios no caso de enfermidade ou ausencia do ATS e se esta ausencia fose prolongada, a empresa comprométese a substituílo por instancia do responsable do servicio médico.

A empresa garántelle ó persoal do seu cadro de persoal unha revisión médica anual de acordo coa normativa vixente sobre seguridade e hixiene no traballo, que constará de: análise de sangue e orina, revisión polo médico da empresa e audiometría.

A empresa comprométese a amplia-la revisión médica no que sexa posible.

Artigo 35º.-Xubilacións.

Ás persoas que pidan a xubilación voluntaria entre os 60 e 63 anos, a empresa comprométese a entregarlles unha indemnización no momento do cesamento, equivalente á diferencia entre o soldo bruto que estivesen percibindo (base+antigüidade+PAP+mellora voluntaria) e a cantidade que en concepto de xubilación lles fose asignada pola Seguridade Social. Esta diferencia mensual multiplicarase polo número de mensualidades que faltasen ata cumpri-lo xubilado os 65 anos.

Aqueles traballadores que teñan entre 58 e 60 anos poderán acollerse ás condicións arriba mencionadas, pero considerados como se tivesen 60 anos.

Ás persoas que se xubilen ós 63 ou 64 anos, a empresa comprométese a entregarlles unha indemnización equivalente á diferencia entre o soldo bruto no momento do seu cesamento (base+antigüidade+PAP+mellora voluntaria) e o importe da indemnización que puidese corresponderlles logo dos trámites legais.

Tódalas persoas ás que puidese interesárlle-la xubilación anticipada, poderán elixir entre o anterior ou ben recibir un premio fixo das seguintes contías:

-De 58 a 61 anos: 1.100.000 pesetas.

-De 61 a 63 anos 700.000 pesetas.

-De 63 a 64 anos 600.000 pesetas.

-De 64 anos 500.000 pesetas.

O contido do presente artigo, queda sen aplicación ata o convenio do ano 2000, segundo acordo do expediente homologado por resolución da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, do 5 de xullo de 1994.

Artigo 35º bis.-Traslados.

Aplicarase o disposto na lexislación vixente (Estatuto dos traballadores) e o que se acorde co comité

intercentros aplicable ó conxunto dos centros de traballo.

Artigo 36º.-Traballos nocivos, molestos e perigosos (ruídos).

O Comité de Seguridade e Saúde, coa asistencia do responsable de enxeñería da planta, asegurará a xestión dos orzamentos aprobados cada ano en materia de seguridade e saúde (cun mínimo de 4,3 millóns de pesetas), así como a elaboración da proposta destes correspondentes ó ano seguinte. O dito comité atenderá de forma moi especial a que as cantidades orzamentadas e aprobadas cada ano se realicen totalmente.

Capítulo VI

Cuestións sindicais

Artigo 37º.-Dereito de reunión dos traballadores fóra das horas de traballo.

Os traballadores poderán solicitar da dirección reunirse nun local da empresa, sempre que o pida un 25% do cadro de persoal.

Artigo 38º.-Competencias do comité de empresa.

a) Recibir información, que lle será facilitada alomenos trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico a que pertence Crown Cork de España, S.A.

Coñece-lo orzamento por partidas que anualmente confecciona a empresa.

Ó comité e delegados dos traballadores da empresa daráselles en cada reunión mensual ordinaria coa dirección información sobre producción e productividade, vendas, stocks, contratación de persoal, investimentos, absentismo, ascensos e sancións sobre faltas graves e moi graves (neste caso a información darase con dous días de antelación como mínimo á data da súa aplicación).

b) Recoñécense os comités e delegados do persoal como representacións colectivas dos traballadores na negociación dos convenios colectivos de empresa.

c) A empresa entregará mensualmente copia dos TC2.

d) Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e os demais documentos que se lles dean ós accionistas e nas mesmas condicións que a estes.

e) Coñece-los modelos de contrato escrito que se utilizan na empresa e recibir da dirección fotocopia dos contratos de traballo que se efectúen, segundo a lexislación vixente.

f) Controlar e vixia-las condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

g) Dispoñer de 40 horas retribuídas ó mes para o desempeño da súa función sindical.

h) Os comités que o crean conveniente, poderán acumula-las horas previstas para o desenvolvemento das súas funcións sindicais nun ou varios compoñentes, sen supera-lo máximo total previsto.

i) Coñece-las probas de aptitude para ascensos, así como as cualificacións obtidas polos opositores.

j) No caso de mobilidade de persoal, informarase o comité con antelación suficiente.

k) Cando a empresa queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma, e simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados como ós representantes dos traballadores na empresa.

Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extinto, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de quince días.

Dos informes ós que se fai referencia no parágrafo anterior darase traslado á dirección da empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que, transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo, se desiste de tal dereito.

O procedemento previsto no presente artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1º c) do Estatuto dos traballadores.

l) No caso de faltas graves ou moi graves seguirase este procedemento:

1. Notificación escrita dirixida ó interesado, dos feitos que se lle imputan, dándolle un período de cinco días laborables para que poida presenta-las alegacións que considere oportunas.

2. Información ó comité de empresa e ó delegado sindical correspondente na mesma data, mediante copia do escrito entregado ó interesado, os cales poderán presenta-las alegacións que consideren oportunas.

3. Transcorrido o prazo de cinco días que aparece no número 1, o departamento de persoal, á vista dos informes recibidos das partes, procederá a decidir sobre o caso.

4. A decisión será comunicada ó interesado mediante escrito do que se entregará copia ó comité de empresa e ó delegado sindical correspondente.

Artigo 39º.-Cota sindical.

A requerimento dos traballadores afiliados a centrais sindicais, a empresa descontará na súa nómina mensual o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado na realización desta operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central sindical á que pertence e a contía da cota. A empresa efectuará as anteriores detraccións, salvo indicación en contrario.

Artigo 40º.-Tablóns de anuncios.

A empresa porá a disposición do comité, e en lugar ben visible, alomenos un taboleiro de anuncios, no cal o comité colocará os escritos que atope de interese, asinados e baixo a súa responsabilidade.

Artigo 41º.-Comité intercentros.

Constitúese un comité intercentros que representará os traballadores de tódolos centros de traballo do sector metalgráfico do grupo Crown Cork de España, S.A. (antes Carnaudmetalbox), existentes actualmente en España e os que se creen ou adquiran no futuro. O dito comité intercentros estará constituído como máximo por 15 membros elixidos de entre e polos membros dos comités de empresa existentes nos centros de traballo, gardando a proporcionalidade dos resultados obtidos polos sindicatos nas eleccións sindicais considerados globalmente e garantindo a presencia de tódalas empreas e centros de traballo existentes.

O comité intercentros dotarase dos órganos necesarios para o seu funcionamento, debendo contar como mínimo cun presidente e un secretario, elixido dentre os seus membros. Así mesmo, dotarase dun regulamento de funcionamento na súa primeira reunión que deberá desenvolver todo o referente á composición, organización, funcións, reunións e relacións deste, debendo negociarse previamente coa dirección xeral do grupo aqueles aspectos que o afecten.

Constituirase un pleno que integrará os compoñentes do comité intercentros, así como unha comisión de xestión cun máximo de cinco membros (incluíndo o presidente e o secretario).

O dito comité intercentros terá análogas funcións e competencias ás dos comités de empresa, referidas ás actividades xerais do grupo. Tendo capacidade como órgano colexiado para exerce-las súas accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito das súas competencias, por decisión maioritaria dos seus membros.

Dentro das competencias do comité intercentros estará:

-Recibir información que lle será facilitada trimestralmente alomenos dentro da reunión do pleno, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence o grupo de empresas, sobre a situación da producción e vendas das distintas empresas do grupo, sobre os seus programas de producción e evolución probable das empresas do grupo.

-Coñece-los balances, as contas de resultados, a memoria do grupo consolidada, así como os demais documentos que se lles dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións que a estes.

-Coñecer e emitir informe no prazo de 15 días, cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte ó volume do emprego.

E igualmente nas decisións adoptadas por parte do empresario sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuracións de cadros de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais.

b) Traslados totais ou parciais dos traballadores, maquinaria ou instalacións.

c) Plans industriais (expedientes).

d) Coñece-los puntos comúns dos traballadores do grupo en canto a xubilación, seguros de vida, axuda de custos, formación, etc. para a súa negociación.

E en xeral, todas aquelas competencias recollidas no artigo 64 do Estatuto dos traballadores para os comités de empresa, que previamente lle sexan conferidas por estes e negociadas coa dirección do grupo Crown Cork, sempre que lle afecte.

Os membros do comité intercentros, ademais das garantías e dereitos que a lei lles atribúa ós membros dos comités de empresa, terán as seguintes garantías específicas:

O presidente do comité intercentros poderá ter dedicación plena a tempo total, para o desenvolvemento das súas funcións.

Dispoñer dos medios técnicos e materiais necesarios para o desenvolvemento das súas funcións, facilitado pola empresa. Entre eles estará un local o cal será sede do comité intercentros e estará situado na empresa da cal sexa o presidente, así como un taboleiro de anuncios no mesmo sitio. (O dito local será o mesmo do comité de empresa).

Serán aboados os gastos de viaxe e manutención, para as reunións que se realicen tanto no pleno como da comisión de xestión, sendo estas:

-Unha reunión trimestral do pleno.

-Unha reunión mensual (nos meses non coincidentes co pleno) da comisión de xestión.

As citadas reunións serán dun só día, incluídos os desprazamentos, sempre e cando a distancia e os medios o permitan.

As ditas reunións serán en horas de traballo.

A ser asistidos no desenvolvemento das súas funcións por asesores sindicais das centrais máis representativas.

Artigo 42º.-Seccións sindicais.

A empresa recoñece o dereito á existencia no seo desta, de seccións sindicais con base no seguinte:

a) Segundo artigo 8 da LOLS.

b) O delegado desta sección sindical non terá por que ser membro do comité.

Artigo 43º.-Dereitos e funcións das seccións sindicais e dos delegados sindicais.

Serán funcións dos delegados sindicais as seguintes:

a) Representar e defende-los xuros do sindicato ó que representan e dos afiliados a este na empresa e servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical e a dirección da empresa.

b) Poderán asistir ás reunións do comité de empresa, comité de seguridade e saúde e comités paritarios de interpretación, con voz e sen voto.

c) Terán acceso á mesma información e documentación que a empresa deba poñer á disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias en que legalmente proceda.

d) Poseerán as mesmas garantías e dereitos recoñecidos pola lei e o presente convenio colectivo, que os membros do comité de empresa.

e) Serán oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten ós traballadores en xeral e ós afiliados ó seu sindicato.

f) Serán así mesmo informados e oídos pola empresa con carácter previo, acerca dos despedimentos e sancións que afecten ós afiliados ó seu sindicato, en materia de reestructuración do cadro de persoal, regulación de emprego, traslados de traballadores, cando revista carácter colectivo ou do centro de traballo en xeral, e sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente ós intereses dos traballadores, así como sobre implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas consecuencias.

g) Poderán recadar cotas ós seus afiliados, repartir propaganda sindical e manter reunións con estes, todo isto fóra das horas efectivas de traballo.

Artigo 44º.-Asemblea en horas de traballo.

O comité de empresa poderá convocar dúas asembleas ó ano, en horas de traballo, para tratar sempre asuntos relacionados co convenio colectivo e para outras cuestións transcendentes que afecten á totalidade do cadro de persoal.

O tempo empregado en cada asemblea, regulado por toque de sirena, será o seguinte:

1ª quenda: 1 h 30 minutos.

2ª quenda: 1 h.

3ª quenda: 1 h.

Artigo 45.-Bilingüismo.

O presente convenio redactarase nos dous idiomas oficiais de Galicia, galego e español, co fin de potencia-la realidade do bilingüismo; coa mesma intención, a nivel de empresa procederase a redactar en ámbolos dous idiomas os avisos, notas, comunicacións, etc., así como as notas e comunicados que se intercambien entre empresa e comité. Non obstante, dado que o convenio se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) en galego, os exemplares que se utilicen para o rexistro na consellería correspondente se redactarán en español, utilizando como texto en galego o que o mencionado diario oficial publique.

Artigo 46º.-Principio de igualdade/acoso sexual.

I) Formulación xeral.-Como primeira concreción da súa iniciativa, as partes consideraron oportuno regular expresamente a problemática do acoso sexual nas relacións laborais, dando así unha nova dimensión á vinculación existente entre dereitos fundamentais e contrato de traballo, dado que aquel comportamento pode afectar a dereitos substanciais como o de non discriminación -artigo 14 da Constitución española ou o de intimidade -artigo 18.1º desta-, ámbolos dous en clara conexión co respecto debido á dignidade da persoa -artigo 10.1º da citada norma fundamental-.

I.1. Isto lévase a cabo por entender que esta non é tanto unha cuestión de sexualidade, aínda que se manifeste precisamente a través dela -canto, basicamente, de discriminación laboral por razón de sexo -con independencia de que logo se xeralice a protección, incluíndo tanto as mulleres coma os homes como eventuais suxeitos pasivos. Nesta construcción o acoso secual é concibido como unha imposición indesexada de requirimentos sexuais no contexto dunha relación de poder desigual.

I.2. En esencia, pois, o acoso sexual discrimina fundamentalmente a un grupo, -as mulleres- con base no seu sexo, constituíndo un comportamento que afecta e grava decididamente o seu status como traballadoras, polo que representa un serio obstáculo para a súa integración no mercado laboral, ó limitalas dunha maneira na que os homes non se ven normalmente limitados, o que contradice o principio de igualdade.

II. Concepto.-Consideraranse constitutivas de acoso sexual laboral calquera conducta, proposición ou requirimento de natureza secual que teñan lugar no ámbito de organización e dirección dunha empresa, respecto das que o suxeito activo saiba -ou estea en condicións de saber que resultan indesexadas, irrazoables e ofensivas para quen as padece e nas que a resposta ante estas pode determinar unha decisión que afecte ó seu emprego ou ás súas condicións de traballo.

II.1. A mera atención sexual pode converterse en acoso se continúa unha vez que a persoa obxecto desta dea claras mostras de rexeitamento, sexan do teor que sexan. Isto distingue o acoso sexual das aproximacións persoais libremente aceptadas baseadas por tanto no consentimento mutuo.

III. O acoso sexual de intercambio.-Neste tipo de acoso constitutivo dunha auténtica chantaxe sexual -a aceptación do requirimento desta natureza convértese, implicita ou explicitamente, en condición de emprego, ben para acceder a este, ben para manter ou mellora-lo status laboral acadado, sendo o seu rexeitamento a base para unha decisión negativa para o suxeito pasivo tanto nun como noutro caso, co que se configura unha situación de quid pro quo.

Trátase dun comportamente no que, dun ou outro modo, o suxeito activo conecta de forma condicionante unha decisión súa no ámbito laboral -a contratación, a determinación das condicións de traballo en sentido amplo ou a terminación do contrato- á resposta que o suxeito pasivo dos seus requirimentos no ámbito sexual.

III.1. En tanto que existen condicionamentos de traballo, as persoas que poden establecer tal tipo de conexión son aquelas que teñen poder para decidir sobre os termos do emprego ou da relación laboral do suxeito pasivo, é dicir, o empresario -persoa física-, os directivos da empresa ou calquera outra persoa xerarquicamente superior á afectada que teña un mínimo poder para decidir sobre cuestións que indican sobre o seu traballo.

Eventualmente, poden ser tamén suxeitos activos deste acoso determinados terceiros que se atopen en situación de influír dalgunha forma na decisión empresarial afectante -clientes, provedores, etc.

IV. O acoso sexual ambiental.- Neste tipo de acoso, de consecuencias menos directas, o definitorio é o mantemento dun comportamento ou actitude de natureza sexual de calquera clase que produza un contexto laboral negativo para o suxeito pasivo, creando no seu contorno un ambiente de traballo ofensivo, humillante, intimidatorio ou hostil que acabe por interferir no seu rendemento habitual.

O afectado negativamente aquí é o propio contorno laboral entendido como condición de traballo en si mesmo. O suxeito pasivo vese sometido a tal tipo de presión no seu traballo -por actitudes de connotación sexual que isto remata creándolle unha situación laboral insostible. A consecuencia negativa directa é normalmente persoal de natureza psicolóxica, e esta, á súa vez, é causa dunha repercusión desfavorable na súa prestación laboral.

IV.1. Suxeitos activos deste tipo de acoso poden se-los referidos no anterior artigo III.1 pero, quizais máis propiamente os mesmos compañeiros de traballo en tanto que non posúan o poder de condicionamento directo sobre o emprego da persoa afectada.

V. Dilixencias informativas previas.- Con independencia das accións legais que poidan interpoñerse ó respecto ante calquer instancia administrativa ou xudicial, o procedemento interno de denuncia por acoso sexual deberá iniciarse sempre necesariamente por escrito, -asinado polo suxeito pasivo -onde se detallaran as circunstancias de feito concorrentes, o suxeito pasivo do acoso, as conductas, proposicións ou requirimentos en que puidese concretarse e, en última instancia, as consecuencias negativas que del se derivasen ou, se for o caso, pretendían derivarse.

V.1. A presentación da denuncia dará lugar á inmediata apertura de dilixencias informativas previas por parte da empresa, especialmente encamiñadas -ademais de a verifica-la realidade das imputacións efectuadas- a impedi-la continuidade do acoso denunciado así como a concreción de calquera tipo de represalias sobre o suxeito pasivo, para o que se articularán as medidas oportunas.

V.2. A denuncia poderá tamén tramitarse pola representación legal ou sindical dos traballadores, a petición da persoa asinante. De non ser así, daráselles inmediato traslado desta para o seu coñecemento e efectos, salvo que outra cousa se indicara, expresamente, na propia denuncia.

V.3. Nas investigacións que se efectúen non se observará máis formalidade que a de dar trámite de audiencia a tódolos interviñentes, practicándose cantas dilixencias poidan considerarse conducentes á elucidación dos feitos acaecidos.

V.4. Durante este proceso -que deberá estar substanciado nun prazo máximo de sete días- gardarán tódolos actuantes unha absoluta confidencialidade

e reserva, por afectar directamente á intimidade e honorabilidade das persoas.

V. Resolución.-A constatación da existencia de acoso sexual no caso denunciado dará lugar, entre outras medidas, á apertura do expediente contradictorio a quen resulte ser suxeito activo daquel, sempre que este se atope dentro do círculo rector e disciplinario da empresa.

Para estes efectos, o acoso sexual de intercambio considerarase sempre como falta moi grave. O acoso sexual ambiental poderá valorarse como falta grave ou moi grave segundo as circunstancias do caso.

VI.1. Se, por el contrario, resultara acreditada a falsidade da denuncia cursada, o expediente contradictorio incoarase a quen a asinase, valorándose á súa gravidade en función do suposto acoso denunciado.

ANEXO I

Táboa salarial 1999

CategoríaSalario mensual 1999

Aprendiz de 1º88.679 pesetas
Aprendiz de 2º99.951 pesetas
Traballos secundarios98.085 pesetas
Peón98.085 pesetas
Especialista de 2º121.513 pesetas
Especialista de 1º123.343 pesetas
Oficial de 3º124.730 pesetas
Oficial de 2º125.958 pesetas
Oficial de 1º130.808 pesetas
Oficial de 1º espec. litog.136.825 pesetas
Encargado de sección138.065 pesetas
Capataz124.730 pesetas
Garda sereno124.730 pesetas
Porteiro124.730 pesetas
Ordenanza121.513 pesetas
Almaceneiro124.730 pesetas
Xefe de 1º administrativo142.461 pesetas
Xefe de 2º administrativo139.649 pesetas
Oficial de 1º administrativo130.808 pesetas
Oficial de 2ª administrativo125.958 pesetas
Auxiliar administrativo124.730 pesetas
Aspirante de 16 anos112.046 pesetas
Aspirante de 17 anos119.094 pesetas
Telefonista124.730 pesetas
Delineante de 1º134.811 pesetas
Delineante de 2º131.791 pesetas
Delineante de 3º128.377 pesetas
Mestre encargado142.461 pesetas
Xefe de organización142.461 pesetas
Técnico de organización130.992 pesetas
Titulado de grao medio143.247 pesetas
Titulado de grao superior166.024 pesetas

ANEXO II

Táboa salarial 2000

CategoríaSalario mensual 2000

Aprendiz de 1º91.559 pesetas
Aprendiz de 2º103.198 pesetas
Traballos secundarios101.271 pesetas
Peón101.271 pesetas
Especialista de 2º125.460 pesetas

CategoríaSalario mensual 2000

Especialista de 1º127.349 pesetas
Oficial de 3º128.781 pesetas
Oficial de 2º130.049 pesetas
Oficial de 1º135.057 pesetas
Oficial de 1º espec. litog.141.269 pesetas
Encargado de sección142.550 pesetas
Capataz128.781 pesetas
Garda sereno128.781 pesetas
Porteiro128.781 pesetas
Ordenanza125.460 pesetas
Almaceneiro128.781 pesetas
Xefe de 1º administrativo147.088 pesetas
Xefe de 2º administrativo144.185 pesetas
Oficial de 1º administrativo135.057 pesetas
Oficial de 2ª administrativo130.049 pesetas
Auxiliar administrativo128.781 pesetas
Aspirante de 16 anos115.685 pesetas
Aspirante de 17 anos122.962 pesetas
Telefonista128.781 pesetas
Delineante de 1º139.190 pesetas
Delineante de 2º136.071 pesetas
Delineante de 3º132.547 pesetas
Mestre encargado147.088 pesetas
Xefe de organización147.088 pesetas
Técnico de organización135.247 pesetas
Titulado de grao medio147.900 pesetas
Titulado de grao superior171.417 pesetas

ANEXO III

Táboa de melloras voluntarias 1999

CategoríaMellora 1999

Especialista de 2ª0,00 ptas./día.
Especialista de 1ª B257,88 ptas./día.
Especialista de 1ª A287,70 ptas./día.
Porteiro356,31 ptas./día.
Almaceneiro356,31 ptas./día.
Oficial de 3ª356,31 ptas./día.
Oficial de 2ª C519,82 ptas./día.
Oficial de 2ª B575,58 ptas./día.
Oficial de 2ª A635,76 ptas./día.
Oficial de 2ª esp.635,76 ptas./día.
Oficial de 1ª C729,59 ptas./día.
Oficial de 1ª B765,55 ptas./día.
Oficial de 1ª A866,81 ptas./día.
Oficial de 1ª FC904,07 ptas./día.

ANEXO IV

Táboa de melloras voluntarias 2000

CategoríaMellora 2000

Especialista de 2ª0,00 ptas./día.
Especialista de 1ª B266,26 ptas./día.
Especialista de 1ª A297,05 ptas./día.
Porteiro367,94 ptas./día.
Almaceneiro367,94 ptas./día.
Oficial de 3ª367,94 ptas./día.
Oficial de 2ª C536,71 ptas./día.
Oficial de 2ª B594,30 ptas./día.
Oficial de 2ª A656,41 ptas./día.
Oficial de 2ª esp.656,41 ptas./día.
Oficial de 1ª C753,30 ptas./día.
Oficial de 1ª B790,41 ptas./día.
Oficial de 1ª A894,94 ptas./día.
Oficial de 1ª FC933,45 ptas./día.

ANEXO V

Horas extraordinarias ano 1999

CategoríaDiurnasNocturnasFestivas

Especialista de 2º2.0202.5262.828
Especialista de 1º2.3892.9873.345
Oficial de 3º2.4553.0683.438
Porteiro2.4553.0683.438
Almaceneiro2.4553.0683.438
Oficial de 2º2.5763.2173.604
Oficial de 1º2.7383.4233.832
Xefe de equipo3.2964.1194.614

ANEXO VI

Horas extraordinarias ano 2000

CategoríaDiurnasNocturnasFestivas

Especialista de 2º2.0862.6082.920
Especialista de 1º2.4673.0843.454
Oficial de 3º2.5343.1673.550
Porteiro2.5343.1673.550
Almaceneiro2.5343.1673.550
Oficial de 2º2.6593.3213.722
Oficial de 1º2.8273.5343.957
Xefe de equipo3.4024.2524.764

ANEXO VII

Criterios de aplicación dos permisos retribuídos

1. Falecementos.

Punto 1.1.

-Consideraranse días laborables os que figuran no noso calendario laboral como tales, é dicir, de luns a venres.

-Os días correspondentes ó permiso haberán de ser tomados a partir do día seguinte ó do falecemento.

O día do falecemento poderá ser considerado, por petición do beneficiario:

-Ou como parte do permiso.

-Ou, no caso de ausentarse do traballo, tomar ó seu cargo o tempo correspondente.

Punto 1.2.

-Considerarase tempo necesario para caso de afinidade, un máximo de tres horas.

-Servirá como xustificación a nota necrolóxica ou, no caso de non poder establecerse o parentesco por ela, unha certificación do párroco correspondente.

2. Maternidade.

Punto 2.1.

-A consideración de día laborable será igual que no punto 1.1. de falecementos.

-Os días laborables que correspondan poderán tomarse dentro dos cinco seguintes á data do nacemento.

-A xustificación será a fotocopia da folla do libro de familia na que se reflicta o nacemento.

3. Enfermidade grave de parentes.

Punto 3.1.

-O permiso poderase tomar dúas veces ó ano pola mesma causa de enfermidade, no caso de que o parentesco sexa cónxuxe ou fillos. Nos demáis casos, unha soa vez.

Puntos 3.2. e 3.3.

-Serán de aplicación unha soa vez ó ano polo mesmo motivo de enfermidade.

4. Asistencia a consulta médica.

Xustificación:

-O ben polo boletín no que se fagan consta-las horas de entrada e saída, certificadas coa sinatura e selo do médico da consulta á que asista.

-Ou, en caso de que non se reflicta a hora de entrada á consulta, tres horas como máximo.

-Os casos especiais estudiaranse entre comité e dirección.

-Farase constar no boletín de asistencia á consulta médica o centro no que ten a consulta o interesado.

5. Traslado de domicilio habitual.

-O permiso desfrutarase o día en que se solicite o cambio de domicilio no concello.

-A xustificación será o xustificante da dita solicitude ou certificación equivalente do dito concello.