Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de decembro de 2000, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se establecen as bases reguladoras ás axudas que rexerán as liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres naquelas profesións ligadas a sectores e actividades considerados prioritarios en Galicia e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 6, do martes 9 de xaneiro de 2001, é necesario face-las seguintes correccións:

-Na páxina 314, no primeiro parágrafo da segunda columna, punto 2 do artigo 4º, onde di: «...xunto coa certificación acreditativa da vida laboral...», debe dicir: «...xunto cun informe de vida laboral...».

-Na páxina 315, na segunda columna, punto 3 do artigo 8º, onde di: «...cando asistiran ó 75% súas das horas...», debe dicir: «...cando asistiran ó 75% das súas horas...».

-Na páxina 317, no artigo 14º, alínea c), onde di: «...e na forma que se estableza por resolución da directora xeral...», debe dicir: «...e na forma que

establezan as normas que en desenvolvemento da presente resolución dicte a directora xeral...».

-Na páxina 322, anexo III, onde di: «...materias que se van realizar.», debe dicir: «...materias que se van empregar.»