Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.341

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de decembro de 2000, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables que rexerán as axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros, na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 7, do mércores 10 de xaneiro de 2001, é necesario face-las seguintes correccións:

Na páxina 371, no artigo 11, puntos 2.1 e 2.2, punto a.1), onde di: «... entes ou sociedades para a realización dos programas de atención especializada...», debe dicir: «... entes ou sociedades para a realización das actividades e programas de atención especializada ...» .

Na páxina 372, no artigo 12º, letra c), onde di: «... á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ó Tribunal de Contas e ó Consello de Contas ...», debe dicir: « ... da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ...».

Na páxina 374, anexo II, onde di: «... establecidos na orde.», debe dicir: «...establecidos na resolución.».