Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de xaneiro de 2001 pola que se lle notifica a Dolores Maneiro Maneiro e/ou herdeiros a resolución acordada no expediente de desafiuzamento administrativo por non ocupación 35/1999 da vivenda do expediente C-2CD68, conta 439.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio da interesada (rúa Alcalde Quintanilla-Unidade Veciñal nº 2, bloque 5-13º A do polígono de Caranza, na cidade de Ferrol), sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Dolores Maneiro Maneiro e/ou herdeiros, beneficiaria da vivenda de protección oficial identificada como expediente C 2CD68, conta 439, a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e o Solo do 30 de novembro de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido da vivenda que lle foi adxudicada e o lanzamento dela por non destinala a domicilio habitual e permanente.

Contra a citada resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro de dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo

Non ocupación 35/1999

Resolución

Vistas as actuacións practicadas no expediente de desafiuzamento 35/1999, con base nos seguintes

Antecedentes de feito

1. En data 21-12-1998 José Manuel Rey Soto, presidente da Xunta de Administración do bloque 5, Unidad Veciñal 2, Rúa Alcalde Quintanilla no polígono de Caranza, Ferrol, denunciou o abandono da vivenda identificada como expediente C-2-CD/68, conta 439, adxudicada por contrato de acceso diferido a Dolores Maneiro Maneiro.

O dito abandono foi confirmado por acta 18/1999 da Inspección do IGVS.

2. En consecuencia, o 5-5-1999 dictouse acordo de inicio de procedemento de desafiuzamento administrativo, que foi publicado no DOG de 27 de xullo de 1999 e no taboleiro de edictos do concello, unha vez intentada a notificación conforme o establecido pola vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. Non foron presentadas alegacións.

3. En data 28-10-1999 a instructora do expediente propuxo o lanzamento da vivenda. Devolta a notificación desta proposta polo servicio de correos foi publicada no DOG do 13-12-1999 e no taboleiro de edictos do concello sen que -ata a data- se presentara contestación á mesma polos expedientados.

Fundamentos de dereito

1. É competente para resolver este expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e o Solo.

2. Os feitos denunciados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, texto refundidoda lexislación de VPO, e no artigo 138.6º do regulamento, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

3. Na tramitación do expediente foron observadas as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, no artigo 30 do texto refundido de VPO, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, e 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Vistos os feitos e preceptos invocados e demais de xeral aplicación,

RESOLVO:

Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido da vivenda identificada como

expediente C-2-CD/68, conta nº 439, do que é titular Dolores Maneiro Maneiro por non destinala a domicilio habitual e permanente co lanzamento de pertenzas da vivenda, sita en Ferrol, polígono de Caranza, Rúa Alcalde Quintanilla, Unidad Vecinal 2, bloque 5, 13º A.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

Notifíquese esta resolución ós interesados coa mención dos requisitos esixidos polo artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

En Santiago de Compostela o 30 de novembro de 2000. José Antonio Redondo López, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo».

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo