Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 2 de xaneiro de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Silvoso, pertencente ó lugar de Silvoso da parroquia da Insua (concello de Ponte Caldelas).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 24 de febreiro de 1999, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Ponte Caldelas.

Parroquia: A Insua.

Lugar: Silvoso.

Nome do monte: Silvoso.

Cabida: 21,3206 ha.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Sur: predios particulares e monte comunal.

Leste: camiño veciñal e casas de Silvoso.

Oeste: río Verdugo.

Descrición do perímetro: comezando pola esquina NE do monte, partimos da intersección do camiño veciñal de Santa Mariña da Insua a Silvoso, cos muros que delimitan cos predios particulares. Dirixíndonos cara ó oeste, baixamos en dirección ó río Verdugo polo límite dos predios particulares, sendo estes dos seguintes propietarios: José Vidal Peso, Deolinda Piñeiro Amoedo, Isaura Peso Garrido, Almeninda Piñeiro Amoedo e Luciano Amoedo, onde o lindeiro toma dirección sur seguinte o curso do río Verdugo ata unha presa onde empeza a subir en dirección leste lindando con monte comunal e posteriormente coas propiedades de Serafín Santoro Arpera, José Garrido Vilariño, Francisco Santoro, Isaura Peso Garrido e José Santoro Arpera onde o linde toma dirección norte por unha verea e as casas de Silvoso ata chegar ó camiño veciñal de Santa Mariña da Insua a Silvoso polo que continúa ata pecha-lo perímetro no punto de inicio.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abril un período de infor

mación dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra