A xerencia xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de subministracións que se indica a continuación, efectuada logo da tramitación do correspondente expediente administrativo de concurso público.
Expediente: C.P. 13/2000. Planta arrefriadora de condensación por auga.
Adxudicatario: Frinorte Instalaciones, S.L.
Importe: 7.719.200 pesetas.
Ourense, 29 de decembro de 2000.
Alfonso Clemente González
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
de Ourense