Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2001, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público de tramitación anticipada de gasto, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación plurianual do servicio de limpeza nos centros de saúde de Ribadavia (expediente CP-SX-1/2001), Novoa Santos (expediente CP-SX-2/2001) e Verín (expediente CP-SX-3/2001).

O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación dos servicios que a seguir se citan:

* Expediente CP-SX-1/2001.

1. Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde e PAC de Ribadavia.

2. Orzamento do contrato: 14.000.000 de pesetas (IVE incluído) (84.141,70 euros).

3. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento do contrato (280.000 pesetas) (1.682,83 euros).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

* Expediente CP-SX-2/2001.

1. Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde e SNU Novoa Santos.

2. Orzamento do contrato: 15.400.000 pesetas (IVE incluído) (92.555,87 euros).

3. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento do contrato (308.000 pesetas) (1.851,12 euros).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

* Expediente CP-SX-3/2001.

1. Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde e PAC de Verín.

2. Orzamento do contrato: 16.400.000 pesetas (IVE incluído) (98.565,99 euros).

3. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento do contrato (328.000 pesetas) (1.971,32 euros).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

4. Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

5. Prazo de execución: desde o 1 de marzo de 2001 ata o 28 de febreiro de 2003.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Solvencia económica e financeira: acreditase por algún dos medios indicados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Solvencia técnica: acreditase por algún dos medios indicados no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na avda. de Zamora, 13-5º andar, 31005 Ourense, teléfono: 988 38 64 37, fax: 988 38 64 50, tódolos días laborables, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

12. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo do xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

13. Apertura das proposicións: terán lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 9 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte ó que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

14. Documentación que deberán xunta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Ourense, 3 de xaneiro de 2001.

José F. Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense