Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2001, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncian os concursos públicos, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, con expedientes CP-SX-4/2001 e CP-S-5/2001.

O xerente de Atención Primaria do Sergas en Ourense, en virtude das atribucións que lle foron

delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación dos servicios que a continuación se citan:

Expediente: concurso público CP-SX-4/2001.

1. Obxecto: servicio de transporte de valixa documentación e probas diagnósticas.

2. Orzamento: dezasete millóns de pesetas (17.000.000 de pesetas, IVE incluído) (102.172,06 euros).

3. Garantía provisional: 2% do orzamento do contrato (340.000 pesetas) (2.043,44 euros).

4. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Prazo de execución: dous anos.

Expediente: concurso público CP-S-5/2001.

1. Obxecto: servicio de almacén e distribución entre os centros dependentes da xerencia.

2. Orzamento: dezaoito millóns oitocentas mil pesetas (18.800.000 pesetas, IVE incluído) (112.990,28 euros).

3. Garantía provisional: 2% do orzamento do contrato (376.000 pesetas) (2.259,81 euros).

4. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Prazo de execución: un ano.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase conforme o previsto nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

9. Solvencia técnica e profesional: acreditarase conforme o previsto nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

10. Criterios de adxudicación: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

11. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, de prescricións técnicas e demais documentación complementaria pódense solicitar na Xerencia de Atención Primaria de Ourense; sita na rúa Avenida de Zamora, número 13-3º, en horario desde as 9 ata as 14 horas en días laborables.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán de presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da xerencia, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou envia

das por correo na forma indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

13. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia, a partir das 9 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o seguinte día hábil.

14. Documentación que deberán de achega-los licitadores: os documentos que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento dos anuncios destes concursos serán por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 3 de xaneiro de 2001.

José Fermín Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense