Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador P-179/2000 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 11 de decembro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 179/2000.

Denunciado: Tirso Martín García Álvarez, enderezo: Celso Emilio Ferreiro, 5-3º Monforte de Lemos, Lugo.

DNI: 34.238.686-N.

Feitos denunciados: pescar sen licencia, o denunciado atopábase coa cana na beira do río e o cebo dentro da auga (o cebo era miñoca). O denunciado alega que ten a licencia pero esqueceuna, négase a asinar. Feitos acontecidos ás 20.10 horas do día 16 de xullo de 2000, no río Umia ó seu paso por Ponte Barrantes do concello de Ribadumia.

Data do acordo da incoación: 17-10-2000.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante 1 ano.