Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 29 de decembro de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Lérez II, Paco III e Piluca III.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión dos viveiros Lérez II, Paco III e Piluca III e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data 8-6-2000 Marina Muñiz Rial no nome e representación de Marina Muñiz Rial solicitou autorización para transmisión da concesión dos viveiros Lérez II e Paco III e Ramón M. Rodríguez Cajide no nome e representación de Ramón M. Rodríguez Cajide solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro Piluca III.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de compe

tencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter-vivos a favor de Mejilloneras Marina, S.L. (DNI/NIF B-36354678), da concesión administrativa dos viveiros que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lérez II.

Localización: Portonovo B 38.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 8-8-1962 (BOE/DOG nº 197, do 8 de agosto).

Remate vixencia: 8-8-2002.

Actual titular: Marina Muñiz Rial (DNI/NIF 35128790-Q).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Paco III.

Localización: Portonovo B 27.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 3-2-1955 (BOE/DOG nº 47, do 3 de febreiro).

Remate vixencia: 16-3-2005.

Actual titular: Marina Muñiz Rial (DNI/NIF 35128790-Q).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Piluca III.

Localización: Portonovo B 24.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 12-12-1951 (BOE/DOG nº 358, do 12 de decembro).

Remate vixencia: 24-12-2005.

Actual titular: Ramón M. Rodríguez Cajide (DNI/NIF 35199294-W).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 29 de decembro de 2000.

P.D. (14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo