Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 27 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador Resta 38/1999, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do contido desta o inicio do expediente sancionador Resta 38/1999, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber así mesmo o dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 27 de decembro de 2000.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: Resta 38/1999.

Denunciado: Manuel Bea Álvarez (Taberna Herlongo).

Último enderezo coñecido: Corgo nº 5, O Grove.

Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria e de protección da saúde.

Precepto infrinxido: R.D. 2871/1983, do 13 de outubro, polo que se aproba a Regulamentación técnico-sanitaria dos comedores colectivos.

R.D. 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas os productos alimenticios.

R.D. 571/1999, do 9 de abril, polo que se aproba a Regulamentación técnica sanitaria que fixa as normas aplicables á comercialización de moluscos bivalvos vivos.

Precepto sancionador: Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia.

Sanción imposta: grave.