De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poda ter coñecemento do contido dela, a proposta de resolución do expediente sancionador nº 62/2000 Res, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na
Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.
Fáiselle saber así mesmo o dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 27 de decembro de 2000.
Mª Dolores Pan Vázquez
Delegada provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 62/2000 Res.
Denunciado: Bar Churrasquería Domaio.
Último enderezo coñecido: r/ Palmas, Domaio nº 83, cp 36957 Moaña-Pontevedra.
Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria e de protección da saúde.
Precepto infrinxido: R.D. 2871/1983 do 13 de outubro, polo que se aproba a Regulamentación técnico-sanitaria dos comedores colectivos.
R.D. 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas os productos alimenticios.
Precepto sancionador: Lei 14/1986, xeral de Sanidade.
Decreto 157/1985, do 11 de xullo da Xunta de Galicia.
Sanción imposta: 500.001 pesetas.