Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se publica a adxudicación da contratación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Ponte Pelamios de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da contratación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Ponte Pelamios de Ourense:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais-Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de servicios.

Descrición do obxecto: anuncio de licitación publicado no DOG nº 188, do 27 de setembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Canon mínimo de explotación: seis mil pesetas (6.000 pesetas), 36,06 euros anuais.

5. Adxudicación.

Data: 14 de novembro de 2000.

Adxudicataria: Esperanza Fernández Rodríguez.

Importe da adxudicación: canon de seis mil pesetas (6.000 pesetas), 36,06 euros anuais.

Ourense, 18 de decembro de 2000.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense