Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula o intructor do expediente sancionador E.N.115/2000 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se mencionan, a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres se están a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 11 de decembro de 2000.

José Luis Díez Yañez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: EN.115/2000.

Denunciado: José Manuel Otero Alonso enderezo A Guarda nº 9-14 B Vigo.

Feitos denunciados: circular cun vehículo por dunas e praia. Os axentes denunciantes observaron estacionado nas dunas o vehículo- turismo marca Citröen modelo Saxo de cor gris e matrícula PO-0587-BH. Feitos denunciados ás 15.40 horas do día 8 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Rodeira, concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 11-9-2000.

Alegacións á incoación: no presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 19-10-2000.

Precepto infrinxido: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natural 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 pesetas.