Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Tratamiento Industrial de Aguas, S.A. (Trainasa) (centro de traballo EDAR Río Lagares).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Tratamiento Industrial de Aguas, S.A. (Trainasa) (centro de traballo EDAR río Lagares), con número de código 3603351 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 1-12-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data do 21-11-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexis

lativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de decembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Tratamiento Industrial de Aguas, S.A. (Trainasa)

Centro de traballo EDAR río Lagares

Convenio colectivo anos 2000, 2001 e 2002

Normas xerais.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal adscrito ó centro de traballo EDAR Lagares en Vigo da empresa Tratamiento Industrial de Aguas, S.A. (Trainasa), contratista da explotación das instalacións da EDAR río Lagares do colector de marxe da ría e das estacións de bombeo de augas residuais ou outras instalacións que se adscriban ó contrato.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día da súa sinatura. Non obstante, os efectos económicos salariais terán vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000. A duración do presente convenio será de 3 anos estendéndose ata o 31 de decembro de 2002.

Artigo 3º.-Denuncia.

Ámbalas dúas partes consideran automaticamente denunciado o presente convenio ó termo da súa vixencia, é dicir, o 31 de decembro de 2002.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As condicións económicas establecidas no presente convenio absorben tódalas existentes ata a sinatura del. Respectaranse as condicións económicas máis favorables pactadas nos contratos individuais de traballo.

Artigo 5º.-Conceptos retributivos.

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo salario base de convenio e os complementos que para cada actividade, nivel e categoría se determinan, en relación co contido dos artigos seguintes.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado, dentro dos cinco últimos días do mes.

O aboamento da nómina correspondente ó mes de decembro efectuarase o día 22 do dito mes.

Artigo 6º.-Salario base.

O salario base para o persoal afectado por este convenio é o que se especifica para cada nivel e categoría na táboa salarial anexa número I.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores percibirán en concepto de antigüidade as cantidades establecidas na táboa anexa número II.

Artigo 8º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de verán, Nadal e beneficios aboaranse a razón dunha mensualidade cada unha, de salario base máis antigüidade.

A paga extra de verán devengarase desde o primeiro de xaneiro ó día 30 de xuño.

A paga extra de Nadal devengarase desde o primeiro de xullo ata o 31 de decembro.

A paga de beneficios devengarase desde o primeiro de xaneiro ó 31 de decembro.

PagaAboamento

Verán24 de xullo

Nadal22 de decembro

Beneficios25 de marzo

As pagas extras devengaranse día a día, non devengándose nas ausencias inxustificadas nin durante o tempo de baixa por IT excepto cando a baixa sexa causada por accidente laboral ou accidente non laboral grave ou hospitalización durante os primeiros seis meses.

Artigo 9º.-Complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade.

Establécese un complemento por traballos tóxicos, penosos e perigosos, a contía dos cales se fixa en 14.000 pesetas/mes, para tódalas categorías.

Este complemento devengarase por día efectivamente traballado.

Artigo 10º.-Complemento de distancia e transporte urbano.

Todo o persoal afecto a este convenio percibirá un complemento extrasalarial denominado complemento de distancia e transporte urbano por un importe de 12.750 pesetas/mes, para o ano 2000, 13.875 pesetas/mes para o ano 2001 e 15.000 pesetas/mes para o ano 2002.

Este complemento devengarase por día efectivamente traballado.

Artigo 11º.-Complemento de quendas.

O persoal acollido a esta xornada percibirá a cantidade de 18.000 pesetas/mes durante o ano 2000; 20.000 pesetas/mes durante o ano 2001 e 23.000 pesetas/mes durante o ano 2002 en concepto de quendas.

Este complemento devengarase por es efectivaente traballado.

Os traballadores que teñan dereito a complemento de quendas non terán dereito a complemento de nocturnidade.

Artigo 12º.-Complemento de garda-dispoñibilidade.

Os traballadores de garda-dispoñibilidade portarán durante a semana o buscapersoas correspondente fóra do horario da xornada laboral, onde recibirán tódolos avisos das situacións que se produzan.

Os labores de vixilancia e reparación serán obrigatorios, comezarán unha vez finalizada a xornada laboral ordinaria. O exceso de xornada retribuirase como horas extraordinarias.

O persoal de garda-dispoñibilidade terá á súa disposición un vehículo da empresa para atender coa maior brevidade posible os avisos que reciba.

A retribución a cada traballador por este concepto será a seguinte:

Xefe de planta, encargado de planta e oficiais: 10.000 pesetas/semanais.

Peón de apoio: 5.000 pesetas/semanais.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Poderanse realiza-las horas extraordinarias estructurais necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da natureza do traballo que se vai executar.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na táboa anexa número III.

Artigo 15º.-Xornadas de traballo.

A xornada de traballo será de 1.770 horas (mil setecentas setenta horas) anuais, para o primeiro ano de vixencia. Para o segundo ano de vixencia será de 1.760 (mil setecentas sesenta) horas anuais, e para o terceiro ano será de 1.750 (mil setecentas cincuenta) horas distribuídas segundo os seguintes horarios:

De luns a venres:

Xornada de mañá: 7.30 a 13.30 horas.

Xornada de tarde: 16 a 18 horas.

Para o persoal acollido ó sistema de quendas, o horario ó longo do ano será o seguinte:

Quenda de mañá: de 6 a 14 horas.

Quenda de tarde: de 14 a 22 horas.

Quenda de noite: de 22 a 6 horas.

Ó face-las quendas rotativas, teranse en conta os seguintes criterios:

1. Rotatividade de tódolos traballadores que estean inmersos nel.

2. Constitución dun calendario anual que estableza a xornada semanal e os descansos de cada traballador.

3. Procurarase a igualdade de descanso para desfrute dos sábados, domingos e festivos.

4. O cuadrante anual de quendas confeccionado cos criterios establecidos, publicarase no taboleiro de anuncios da empresa na última quincena do ano anterior.

5. O dito cuadrante conterá o cómputo da xornada anual, días que hai que traballar e descansos así como os compoñentes dos equipos e a súa asignación ás quendas.

Quedan excluídos destes horarios aqueles contratos de traballo que, pola función específica, deban realiza-lo seu traballo noutro horario distinto ó establecido na empresa para as categorías e funcións actuais.

Artigo 16º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de 30 días naturais, que desfrutarán preferentemente no período comprendido entre o primeiro de maio e o trinta e un de outubro para o primeiro e segundo anos de vixencia. Para o terceiro ano de vixencia será entre o primeiro de maio e o trinta de setembro.

Para o desfrute das vacacións fixarase un calendario rotativo, en función do período de desfrute previsto, que garanta que ningún traballador poida verse discriminado. Sen embargo, o calendario definitivo recollerá aquelas modificacións propostas polos traballadores e libremente pactadas entre eles, sempre que non afecten significativamente ó servicio ó que estean asignados.

A retribución en período vacacional será: salario base máis antigüidade e complemento tóxico.

Artigo 17º.-Festas.

Terán consideración de festas, todas aquelas que, regulamentariamente estean determinadas; tamén o día 3 de novembro, San Martiño de Porres, patrón da empresa. Se fose non laborable, cambiaríase polo día laborable inmediatamente anterior.

Artigo 18º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

17 días naturais en caso de matrimonio.

6 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe ou fillos.

6 días naturais en caso de enfermidade grave de fillo ou cónxuxe.

3 días naturais por nacemento de fillo.

3 días naturais en caso de falecemento de pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

1 día por traslado de domicilio.

2 días naturais por enfermidade grave de pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

1 día por asuntos propios, logo de aviso de setenta e dúas horas.

As licencias enténdese vinculadas ó feito causante, debéndose desfrutar ó producirse este e posterior xustificación.

Artigo 19º.-Anticipos reintegrables.

Todo o persoal suxeito a este convenio poderá solicitar, con cargo ó fondo establecido neste artigo, anticipos reintegrables, que serán concedidos discrecionalmente pola dirección dela.

A forma de amortización será:

-Unha mensualidade que se amortizará en doce meses.

-Dúas mensualidades que se amortizarán en vintecatro meses.

Establécense 250.000 pesetas como cantidade máxima para solicitar por anticipo e solicitante.

Terán prioridade para a concesión dos anticipos reintegrables aqueles traballadores que non solicitasen nunca este ou que, de telo solicitado, deixasen transcorrer máis tempo desde o pagamento da última amortización.

A empresa destinará para este fin a cantidade de 750.000 pesetas.

Consideraranse incluídas no fondo de cada ano as cantidades pendentes de reintegrar dos anticipos concedidos nos exercicios anteriores.

Artigo 20º.-Fondo social.

Créase un fondo social destinado a formación, asistencias, etc. con destino a tódolos traballadores que teñan unha antigüidade mínima recoñecida por un ano na empresa.

O importe será de 675.000 pesetas para cada ano de vixencia.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución destes fondos e a contía que se aplicará en cada caso.

Artigo 21º.-Roupa de traballo.

Subministraráselle a todo o persoal as necesarias e habituais pezas de roupa de traballo, quedando determinada a súa entrega na seguinte forma:

-Camisa de manga longa: 2 ó ano.

-Camisa de manga curta: 2 ó ano.

-Pantalón: 4 ó ano.

-Xersei: 2 ó ano.

-Calzado de seguridade: 2 pares ó ano (bota ou zapato).

-Anorak: 1 cada ano.

-Chaqueta curta: 4 ó ano ou 2 xerseis.

-Canguro: 2 ó ano.

-Roupa de auga cando o posto de traballo así o requira.

-Luvas de caucho segundo necesidades.

-Botas de auga de seguridade: 1 par ó ano.

-Gorra: 2 ó ano.

-Gorro: 2 ó ano.

-Chaleque: 1 ó ano.

-Toallas: 2 ó ano.

Persoal de laboratorio:

Bata: 2 ó ano.

Zocos: 1 par o ano.

Será obrigatoria a utilización das pezas de roupa de traballo durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente a primeira quincena de xuño para as pezas de verán e a segunda quincena de outubro para as pezas de roupa de inverno.

Todo o persoal terá dereito a servicio de lavandería por conta da empresa.

Artigo 22º.-Seguro de accidentes.

A empresa subscribirá unha póliza de accidentes de traballo que garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) En caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 2,5 millóns de pesetas.

b) En caso de incapacidade laboral permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 3 millóns de pesetas.

Artigo 23º.-Situación de incapacidade transitoria.

A empresa aboará a tódolos traballadores durante a situación de IT derivada de accidente de traballo, e desde o primeiro día a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade e toxicidade.

De igual forma, complementarase ata o 100% do salario base máis antigüidade, nos casos de hospitalización e convalecencia. A dita situación deberase acreditar fidedignamente para xera-lo dereito a este complemento.

Artigo 24º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto de que a un traballador, con ou sen a categoría de conductor, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo a función que lle foi asignada, lle fose retirado provisionalmente o permiso de conducir, a empresa acomodarao a outro posto de traballo adecuado ás súas facultades e respectaráselle a retribución da súa categoría profesional, por un máximo de dous anos. Ó termo da suspensión será reintegrado ó seu posto de traballo.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa de retirada do permiso de conducir se debese á conducción temeraria, embriaguez ou drogadicción ou cando exista reincidencia.

Artigo 25º.-Seguridade e hixiene.

Dada a importancia que recoñecen os asinantes na prevención de accidentes, engádese este capítulo. Considerando ámbalas dúas partes a obriga de aplica-la lexislación sobre seguridade e hixiene vixente, así como a Lei 31/1995, de prevención de riscos

laborais; para este efecto, a dirección e a representación legal dos traballadores velarán polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias.

Todo traballador será recoñecido, alomenos unha vez ó ano. O resultado destes recoñecementos facilitaráselle a cada traballador de forma clara e lexible para este.

A dirección da empresa adoptará as medidas de seguridade e hixiene pertinentes como consecuencia do control do lugar do traballo, das instalacións e medios que pon a disposición dos traballadores. Estas medidas de protección afectarán igualmente ós traballadores obrigándose a traballar cos medios facilitados; así como coidar que os locais e instrumentos de traballo se atopen en perfectas condicións, debendo poñer en coñecemento da dirección da empresa as anomalías que se detecten para que esta adopte as medidas oportunas.

Artigo 26º.-Cota sindical.

A empresa, logo de solicitude do interesado, efectuará as retencións pertinentes por cotas sindicais.

Artigo 27º.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio serán sometidas á comisión paritaria que estará constituída por un representante designado polos traballadores e un pola dirección de empresa.

Os representantes da dirección da empresa e da representación dos traballadores deberán ter formado parte da comisión negociadora respectiva no convenio.

Tódolos conflictos, tanto individuais como colectivos que puidesen xurdir durante a vixencia deste convenio, deberán someterse, como trámite previo e preceptivo, ó dictame desta comisión.

Artigo 28º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido neste convenio rexerá o disposto no laudo arbitral dictado por Jaime Correa Montalvo, que establece as condicións de traballo para as industrias de captación, elevación, conducción, tratamento, depuración e distribución de auga, do 30 de xuño de 1998, Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes aplicables.

Táboa anexa número I

CategoríasSalario base

2000

Salario base

2001

Salario base

2002

Xefe planta251.000260.000269.000

Encargado180.000186.000192.000

Analista 152.000157.000162.000

Axte. analista130.000134.000139.000

Aux. admtvo.103.000107.000111.000

Oficial 1ª128.000132.000137.000

Oficial 2ª119.000123.000128.000

Peón planta/colector102.000106.000110.000

Táboa anexa número II

Categorías1 bienio2 bienios3 bienios3 bienios e 1 quinq.3 bien. e 2 quinq.3 bien. e 3 quinq.

Todas5.000 pesetas/mes10.000 pesetas/mes15.000 pesetas/mes20.000 pesetas/mes25.000 pesetas/mes30.000 pesetas/mes

Táboa anexa número III

CategoríasValor hora extra diúrna, nocturna e festiva

Aux. admtvo.1.700

Oficial 1ª2.000

Oficial 2ª2.000

Peón1.700

Disposicion derradeira.

Son partes asinantes deste convenio colectivo:

Pola parte económica:

José L. García Ibañez.

Andrés F. Mariño Vilar.

José L. Cividanes Matos.

José L. Cabana Glez.

Pola parte social:

Gabriel Lorenzo Pascual.

Asesor:

José C. Casal Iglesias.

Acta derradeira.

Reunidos na sala de reunións do centro de traballo EDAR río Lagares da empresa Tratamiento Industrial de Aguas, S.A. (Trainasa), sito na rúa Ricardo Mella, s/n, de Vigo, a comisión negociadora do convenio colectivo, composta polas persoas que a continuación se relacionan, acordan aproba-lo texto do convenio colectivo que se achega, e en proba de conformidade asinan esta acta en Vigo o vinteún de novembro de dous mil.

Pola parte económica:

José Luis García Ibañez.

Andrés F. Mariño Vilar.

José Luis Cividanes Matos.

José Luis Cabana González.

Pola parte social:

Gabriel Lorenzo Pascual, delegado de persoal.

Asesor:

José C. Casal Iglesias.