Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.185

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 22 de xaneiro de 2001 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento da innovación empresarial e prestación de servicios, en réxime de concorrencia competitiva, na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á convocatoria para 2001.

A creación dun contorno favorable que sirva de soporte para o desenvolvemento da actividade empresarial e a capacidade competitiva das empresas, a través da definición dunha estratexia que promova actuacións da innovación, constitúe a base na que se asenta o crecemento económico dos países máis desenvolvidos.

A innovación empresarial provoca transformacións na propia organización da empresa e xera variacións tanto nos procesos productivos como na oferta de servicios e productos. Estas transformacións materialízanse en factores tanxibles, como a adquisición de maquinaria para novos procedementos productivos, pero cada vez máis as diferencias competitivas encóntranse relacionadas cos factores intanxibles tales como o coñecemento, polo tanto é frecuente que provoque tanto cambios intanxibles como tanxibles, constituíndo a interacción destes factores, un soporte fundamental para a mellora empresarial, a través de investimentos que adecuen a realidade da empresa para poder afronta-los cambios que acontecen tanto na súa estructura interna como no seu contorno.

O obxecto da presente convocatoria é prestar un servicio de financiamento a aqueles proxectos empresariais que teñan por finalidade mellora-los procesos de producción e fabricación, sen que iso supoña o desenvolvemento por parte da empresa de actividades de investigación e desdenvolvemento propiamente ditas. Para isto subvencionaranse a adquisición de equipos e a contratación dos estudios previos necesarios para acadar estas melloras.

Estas axudas financiaranse con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia, Fondos de Compensación Interterritorial (FCI) e Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e, en consecuencia, a concesión das axudas quedará condicionada ó cumprimento do que sinale a Unión Europea.

O contido desta orde de axudas axústase ó establecido polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de abril de 2000, segundo o cal, «Mentres non recaia a decisión da Comisión Europea de compatibilidade coa normativa comunitaria e non entre en vigor a nova disposición normativa, manterase a actividade de fomento autonómica axustándose ás directrices, tanto horizontais, como sectoriais, dictadas pola comisión, así como, de se-lo caso, os límites de intesidade autorizados a Galicia no Mapa Rexional de Axudas de España para o período 2000-2006».

Na súa virtude, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto establece-las bases que rexerán a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva, para a incentivación de actuacións para o fomento da innovación empresarial, así como a prestación de servicios por agrupacións de empresas ou asociacións que teñan como finalidade o fortalecemento do tecido empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2001.

Artigo 2º.-Aplicacións orzamentarias.

Para a concesión das axudas propias das actuacións que se convocan, destinaranse os créditos globais correspondentes ás aplicacións orzamentarias que se mencionan coa seguinte distribución:

AplicaciónDenominaciónAno 2001Ano 2002

PesetasEurosPesetasEuros

08.03.661-C.780.0Familias e institucións sen fins de lucro;

fomento de servicios ás asociacións.

23.280.268139.917,2316.296.18897.942,06

08.03.732 A.770.0Empresas privadas; axudas a industrias do

complexo da madeira.

164.547.000988.947,39115.182.900692.263,17

08.03.741 A.770.0Empresas privadas; axudas a industrias do

complexo da automoción.

425.000.0002.554.301,44297.500.0001.788.011,01

08.03.744 A.770.0Empresas privadas; apoio á industria das

telecomunicacións e audiovisual.

130.000.000781.315,7491.000.000546.921,01

08.03.754-A.770.0Empresas privadas; apoio ó desenvolvemento

de conglomerados.

230.000.0001.382.327,84161.000.000967.629,49

08.03.754-A.771.0Empresas privadas; potenciación acceso

empresarial á Sociedade da Información.

25.007.000150.295,1017.504.900105.206,57

08.03.754-B.771.0Empresas privadas; apoio ó desenvolvemento

de conglomerados e industrias productivas.

307.505.0001.848.142,27215.253.5001.293.699,59

08.03.742-A.770.0Empresas privadas; axudas a industrias do

complexo do téxtil-confección.

275.000.0001.652.783,29192.500.0001.156.948,30

TOTAL: 1.580.339.2689.498.030,291.106.237.4886.648.621,21

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

A concesión das axudas con cargo ós fondos comunitarios quedará condicionada ó cumprimento do que sinale a Unión Europea sobre a súa compatibilidade coas normas comunitarias de aplicación.

Artigo 3º.-Beneficiarios e ámbito de aplicación.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas, agrupacións, asociacións de empresas ou institucións sen fin de lucro que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo radicado no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Ademais, no caso de resultaren beneficiarias dunha subvención superior a dez millóns de pesetas para investimentos consistentes en activos fixos productivos, deberán presentar, como parte integrante da documentación xustificativa do investimento a que se refire o artigo 12º desta orde, as seguintes acreditacións:

* As empresas de dez ou máis traballadores deberán acreditar que polo menos o 35% do cadro de persoal dos centros de traballo radicados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega teñen contratos por tempo indefinido.

* Nas empresas de menos de dez traballadores a dita porcentaxe reducirase ó 33%.

* Así mesmo, en ámbolos dous casos, deberán comprometerse a acada-la mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, de se-lo caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

* Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar como mínimo o 35% de estabilidad laboral ó remate do prazo que se conceda para tal efecto.

Quedarán excluídas do financiamento, ó abeiro desta orde, as solicitudes de investimentos correspondentes ós sectores ou conglomerados empresariais da minería, cerámica, alimentación, pesca, agricultura, construcción e explotación forestal.

Artigo 4º.-Actuacións subvencionables.

Terán carácter subvencionable aquelas actuacións que teñan por obxecto o desenvolvemento dalgunha ou dalgunhas das seguintes actuacións:

a) Adquisición de coñecemento estratéxico.

Serán incentivables os estudios que supoñan un alto valor engadido no ámbito da xestión estratéxica empresarial ou xestión tecnolóxica, tales como a planificación da sucesión empresarial en Pemes familiares, a definición de modelos de organización funcional da empresa (organigrama), da análise prospectiva de mercados estratéxicos, a análise do contorno competitivo en xeral (benchmarking), as fórmulas de colaboración interempresarial ou de traballo en rede, a realización de diagnósticos tecnolóxicos, a prospectiva e coñecemento do estado da

arte tecnolóxica e as súas aplicacións no contorno empresarial co obxecto de defini-las tecnoloxías que debe incorporar para mellora-lo proceso de producción.

Os estudios referidos a esta alínea deberán ser realizados por empresas ou entidades externas con experiencia recoñecida.

b) Creación e desenvolvemento de liñas de negocio de empresas e potenciación de conglomerados industriais.

No ámbito de creación e desenvolvemento de liñas de negocio serán incentivables a adquisición de sistemas de fabricación completos e/ou bens de equipo que teñan por obxecto a creación de novas empresas ou centros productivos industriais e a creación de novas unidades de negocio en empresas ou centros productivos xa existentes. Entenderase como unidade de negocio, para estes efectos, a implantación de liñas de producción diferenciadas das existentes que teñan como finalidade o desenvolvemento de novos productos, non consecuencia da evolución dos xa existentes, destinados a novos mercados para a empresa.

No ámbito de potenciación de conglomerados industriais serán incentivables a adquisición de activos fixos en proxectos de investimento empresarial con capacidade de tracción e/ou capacidade de arrastre de provedores do conglomerado, así como aqueles que incidan en elos industriais non cubertos na cadea de valor do conglomerado (tales como, por exemplo, fabricación de maquinaria, utilización de residuos, aproveitamento ou novos usos de subproductos, etc.).

c) Actuacións horizontais de apoio ás empresas por asociacións, agrupacións empresariais e institucións sen ánimo de lucro.

Serán incentivables os investimentos en intanxibles correspondentes a estudios e actuacións específicas que redunden nun beneficio sectorial ou a proxectos específicos de posta en marcha de novos servicios ás empresas. Neste sentido, entenderase explicitamente excluídos aqueles baseados en prestación de servicios de carácter habitual ou que inclúan gasto corrente.

Así mesmo, serán incentivables os investimentos en tanxibles para a prestación de novos servicios (excluíndo explicitamente os correspondentes a proxectos de formación ou de equipamento de carácter xeral do organismo solicitante).

d) Actuacións no sector do téxtil.

No caso do sector do téxtil e da confección terán carácter subvencionable aqueles investimentos que teñan por obxecto o desenvolvemento dalgunha ou dalgunhas das seguintes actuacións:

1. Custo do asesoramento externo, de carácter non habitual, para a mellora dos coñecementos técnicos. Este asesoramento poderá referirse ós seguintes puntos:

1.1. Realización de estudios para a implantación de sistemas de estratexia empresarial ou para o for

talecemento da estructura de talleres, de implantación de técnicas de xestión empresarial encamiñadas á mellora da eficacia nos procesos e de coñecemento e análise prospectiva de mercados estratéxicos, así como do contorno competitivo en xeral (Benchmarking).

1.2. Realización de auditorías tecnolóxicas e de estudios de prospectiva e coñecemento do estado da arte tecnolóxica e as súas aplicacións no contorno empresarial.

1.3. Realización de diagnósticos e auditorías de deseño, orientados á creación dunha nova imaxe corporativa.

1.4. Actuacións vinculadas á difusión empresarial, a través da aplicación e utilización das novas tecnoloxías da difusión, co obxecto de captar novos mercados ou de consolidar aqueles xa captados.

1.5. Adquisición ou desenvolvemento de software, dentro das distintas áreas funcionais da empresa, co obxecto de procura-la súa informatización ou a incorporación das tecnoloxías da información e as comunicacións.

1.6. Obtención da certificación correspondente á implantación de sistemas da calidade, así como accións encamiñadas ó desenvolvemento de plans de calibración de equipos de medida, estudios de identificación e valoración de custos de non calidade e accións que teñan por obxecto, dentro dun proceso sistemático, a aplicación de ferramentas avanzadas encamiñadas a un proceso de xestión de calidade total.

1.7. Realización de actuacións que promovan a ordenación industrial.

2. Custo de adquisición de hardware e software para o seu emprego específico en deseño asistido por ordenador (CAD).

Artigo 5º.-Criterios de avaliación.

Os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión e contía das axudas, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

1. A tipoloxía e alcance da actuación.

2. A incidencia no emprego, existente e para crear.

3. Situación no Parque Tecnolóxico de Galicia.

4. A relación con actividades de conglomerados industriais de empresas, en particular, dos complexos de automoción, naval, madeira ou actividades conexas tales como a fabricación de maquinaria, a fabricación de subproductos ou a fabricación de productos de cadeas laterais de apoio ó conglomerado.

5. O efecto tracción ou arrastre estimado que as actuacións produzan no contorno da armazón empresarial e a novidade ou esforzo cualitativo cara á entidade que executa o proxecto.

Así mesmo, poderase establecer unha contía de investimento mínima para cada unha das actuacións recollidas no artigo 4º, global o por conglomerado, por debaixo da cal non será atendida a solicitude, ó abeiro da presente orde.

Artigo 6º.-Contía das axudas.

As axudas poderán acadar, con carácter xeral, unha contía máxima do 40% do investimento subvencionable.

Artigo 7º.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes, que se dirixirán ó conselleiro de Industria e Comercio, presentaranse no rexistro xeral das delegacións provinciais, no dos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio, ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que teñan subscrito convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para a súa presentación será desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, ata o día 23 de marzo de 2001, ambos inclusive.

As ditas solicitudes presentaranse, conforme os modelos que se xuntan como anexos I, II e III, e acompañaranse da seguinte documentación, todo isto por triplicado exemplar (orixinal ou copia compulsada e dúas copias):

a) Memoria explicativa que conterá antecedentes da entidade solicitante, descrición das súas actividades principais, descrición detallada dos investimentos por unidade de actuación e efectos esperados e a información vinculada cos criterios de avaliación referidos no artigo 5º.

b) Orzamento desagregado do investimento, e copia dos orzamentos dos provedores.

c) Calendario de execución do investimento, con indicación expresa da temporalidade de cada unha das actuacións que o configuran (mes de inicio/mes de finalización).

d) Incluirase, segundo anexo III, declaración expresa doutras axudas, cumprimento de obrigas fiscais, de estar ó día nas obrigas coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

e) Licencia fiscal ou último recibo do imposto de actividades económicas (IAE ou, se é o caso, declaración de non estar suxeito ó IAE). No caso de empresas que se constitúan no ano 2001, este requisito deberase acreditar cando se presente a xustificación do investimento.

f) Boletín de cotización á seguridade Social TC1 do derradeiro mes controlado.

g) NIF/CIF.

h) Documento público acreditativo do poder con que actúa o solicitante e fotocopia compulsada do seu DNI.

i) Se é o caso, documentación acreditativa do seu dereito a desfrutar da exención do imposto sobre o valor engadido (IVE).

Os anexos I, II e III desta orde poderanse obter da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben na páxina de Internet http://www.xunta.es/conselle/in.

Artigo 8º.-Emenda de defectos.

Conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, se a solicitude de subvención non reúne os requisitos esixidos nesta orde, o interesado será requirido para que nun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da recepción do dito requirimento, emende a falta ou achege os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixese, considerarase desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 42 da mencionada lei.

Artigo 9º.-Valoración dos expedientes.

Os expedientes admitidos a trámite serán obxecto de valoración técnica polos técnicos da consellería, emitindo un informe técnico coa relación de tódolos expedientes coa correspondente valoración técnica, conforme os criterios recollidos no artigo 5º desta orde. Así mesmo, a Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas, poderá solicitar cantos informes técnicos considere oportunos, para a valoración técnica dos proxectos.

A determinación da priorización será realizada por unha comisión de valoración, quen, segundo o informe técnico realizado, emitirá unha proposta de acordo có disposto no artigo 9.5º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, na que se especificarán, de xeito prioritario segundo os criterios de valoración, as devanditas solicitudes.

A comisión de valoración estará constituída polo director xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas, que actuará como presidente da comisión, os catro delegados provinciais da Consellería de Industria e Comercio, e un subdirector xeral da Consellería de Industria e Comercio que actuará como secretario da comisión.

Artigo 10º.-Resolución e aceptación de axudas.

Á vista da proposta da comisión de valoración, o conselleiro de Industria e Comercio ou o delegado provincial, conforme o establecido no Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias para a concesión de axudas e subvencións nos delegados provinciais ou territoriais da Xunta de Galicia, dictará a resolución de concesión ou denegación das axudas de subven

ción que procedan, motivada de acordo cos criterios de outorgamento, na que se especificarán as solicitudes beneficiarias, o importe do orzamento subvencionable, a porcentaxe de subvención que corresponda, dentro dos límites establecidos, o importe da subvención concedida e o centro directivo que se encargará da sua xestión.

O prazo máximo para dictar e notificar ós interesados a resolución expresa será de seis meses contados desde o día seguinte ó da publicacion desta orde. O vencemento do citado prazo, sen que se notifique a resolución expresa, lexitima ó interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

As resolucións dos expedientes instruídos ó abeiro do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa e, en consecuencia, de conformidade co previsto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, poderase interpoñer contra elas recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da recepción da súa notificación, se fose expresa e, se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do devandito recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderase interpoñe-lo recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Industria e Comercio, ou ante o delegado provincial, segundo proceda, no prazo dun mes se o acto fose expreso e, se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Todo isto sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada polo beneficiario, por escrito, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da recepción da súa notificación, coas condicións específicas que se recollen nesta orde e as que, de se-lo caso, se inclúan na resolución. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia á subvención e procederase conforme o que determina o artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 11º.-Ámbito temporal e actuacións plurianuais.

Á presente orde poderán acollerse as actuacións establecidas no artigo 4º desta orde, sempre que

se inicien no período comprendido entre o 1 de xaneiro do 2001 e a data de xustificación do investimento recollida no artigo 12º desta orde.

No caso de investimentos plurianuais que superen o exercicio 2001, poderanse establece-los correspondentes compromisos de anualidade dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente, de conformidade co prazo de execución do investimento, tendo que aterse ó disposto, para os efectos oportunos, no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro.

Para investimentos plurianuais, nos que a totalidade da subvención supere os cinco millóns de pesetas, poderanse efectuar pagamentos parciais, á conta da liquidación que se perciba, cumprindo os requisitos que para o efecto determina os artigos 16 e 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de tratarse dunha subvención plurianual que supere os 5.000.000 de pesetas, o solicitante deberá presentar na Consellería de Industria e Comercio, xustificante acreditativo da constitución da garantía mediante seguro de caución presentado por entidade aseguradora ou mediante aval solicitado da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, segundo se establece no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de 15 días desde a notificación da resolución de concesión.

Os libramentos destas axudas faranse efectivos con cargo ós créditos consignados para cada exercicio orzamentario, con independencia de que os investimentos se realizaran con anterioridade, sempre que así o esixa a natureza do proxecto e se acredite suficientemente que corresponden á actuación subvencionada ó abeiro desta orde.

Para os investimentos plurianuais entenderase que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación do exercicio corrente ata o final de ano corresponderán á anualidade seguinte e, polo tanto, poderanse presentar como xustificantes para o cobramento da devandita anualidade.

Artigo 12º.-Xustificación do investimento.

Para o libramento da subvención, o beneficiario deberá presentar na respectiva delegación provincial ou nos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención, tendo de prazo para iso ata o 16 de novembro de 2001, inclusive.

Esta documentación xustificativa, sen prexuízo do establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que se presentará por triplicado exemplar (orixinal ou copia compulsada e dúas copias), constará dos seguintes documentos:

a) Memoria na que se describa a realización do investimento e os datos e incidencias máis significativos habidos na súa execución.

b) Documentos acreditativos do investimento (facturas e documentos xustificativos do seu pagamento).

c) Para todas aquelas actuacións intanxibles deberase presentar, así mesmo, unha copia de cada un dos estudios, diagnósticos, manuais, etc. que se realizaran ou desenvolveran.

d) Declaración de axudas obtidas ou que se prevé obter para o mesmo investimento en calquera outra administración, organismo ou ente público ou privado, indicando a súa contía.

e) Certificación expedida pola entidade bancaria de titularidade da conta onde se debe realiza-lo pagamento, na que conste: ordinal bancario, código de banco, código de sucursal e código de conta corrente.

f) Certificados acreditativos de estar ó día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega e de estar ó día no imposto sobre actividades económicas.

g) Documento acreditativo de que se alcanzan os niveis de estabilidade laboral ós que se refire o artigo 3º.

h) Calquera outro documento que se requira na resolución particular de concesión da axuda.

No caso de que os beneficiarios das subvencións concedidas sexan outras administracións públicas, entidades de dereito público vinculados ou dependentes daquelas, corporacións de dereito público e universidades, deberán presentar certificación do órgano que teña atribuídas as facultades de control do cumprimento da finalidade para a que foi concedida e da aplicación dos fondos destinados para tal efecto.

Artigo 13º.-Modificación da resolución de concesión de axudas.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar a modificación da resolución de concesión de axuda, que será dictada por resolución do órgano concedente, tal e como se especifica no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, nos seguintes suposos:

1. Cando o investimento realizado teña un custo inferior ó inicialmente previsto, e sempre que esta minoración non supoña unha realización deficiente do proxecto

2. Pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

3. Cando se modifiquen as circunstancias que alteran a solicitude presentada inicialmente, o beneficiario deberá solicita-la dita modificación, mediante instancia dirixida ó órgano concedente, na que se indiquen as ditas circunstancias, con 30 días de antelación a data de finalización do prazo de xustificación do investimento.

Artigo 14º.-Pagamento das axudas.

A percepción da axuda terá lugar unha vez que os servicios técnicos da Consellería de Industria e Comercio verifiquen a documentacion xusticativa de cumprimento da realización do proxecto subvencionado e dos requisitos e condicións establecidos para a súa concesión. Así mesmo, para as subvencións de capital superiores ós 10.000.000 de pesetas, destinadas a investimentos en activos tanxibles, o órgano xestor correspondente emitirá informe de comprobación material do investimento. Excepcionalmente, esta comprobación material poderase substituír por unha xustificación documental, que constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada, tal e como recolle o artigo 15.3º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, dentro do epígrafe de adquisición de equipamento, cando a entrega deste no exercicio corrente esixa o pagamento de calquera tipo de anticipos no exercicio anterior, os ditos pagamentos consideraranse parte do investimento do presente exercicio.

Artigo 15º.-Reintegro da axuda.

Non se poderá esixi-lo pagamento da axuda ou subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora devengados desde o seu pagamento, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarias con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a por

centaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

Todo isto con suxeición ó procedemento establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000 do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidad Autónoma de Galicia.

As cantidades que teñan que reintegra-los beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 a 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 16º.-Renuncia das axudas.

No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase conforme o establecido no artigo anterior.

Artigo 17º.-Control.

En todo caso, os beneficiarios sométense ás actuacións de control que efectúe a Consellería de Industria e Comercio e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como ás que poida efectuar, de se-lo caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, no suposto de cofinanciamento con fondos europeos. Neste sentido, os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Consellería de Industria e Comercio, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 18º.-Normativa aplicable.

Con independencia do disposto nesta orde, haberá que aterse ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, e na Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, e o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas para que dicte as disposicións necesarias para a aplicación do disposto na presente orde.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio