Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña (código 1501545) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-12-2000, subscrito en representación da parte económica por Transviac e pola Asociación Provincial de Servicios Discrecionales de Viajeros de A Coruña e, da parte social, pola CIG e CC.OO., o día 2-10-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de decembro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de transportes de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña. Ano 2000

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio será de aplicación para tódalas empresas e traballadores do transporte de viaxeiros en autobuses por estrada da provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia e denuncia.

Terá unha duración desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2002, con opción a ser prorrogado para o ano 2003, se as partes así o acordasen na comisión negociadora especial que logo se definirá.

Se ningunha das partes o denunciase coa antelación mínima dun mes ó da data da súa expiración, prorrogarase tacitamente por un ano, incrementando tódolos conceptos económicos no IPC real dos 12 meses anteriores máis un punto.

Unha vez producida a denuncia, manterá vixencia o seu contido normativo, integramente, ata a sinatura dun novo convenio. Non obstante, para favorece-lo interese negociador das partes, esta ultravixencia unicamente se producirá durante a anualidade completa seguinte á de vixencia normal do convenio.

Artigo 3º.-Respecto de dereitos.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos cós concedidos por este convenio.

Tódolos conceptos salariais teñen carácter normativo e condición mínima indispensable, polo que tal garantía non pode ser afectada por pacto ou renuncia de calquera tipo, cos demais efectos e durante os períodos establecidos no artigo 2º.

Artigo 4º.-Táboas salariais.

A partir do 1 de xaneiro de 2000 establécense como mínimas as retribucións que figuran no anexo I, táboas salariais.

O incremento salarial cuantifícase en:

* Ano 2000: 5,5% de incremento sobre tódolos conceptos salariais e extrasalariais.

* Ano 2001: IPC previsto + 1,5 puntos sobre tódolos conceptos salariais e extrasalariais.

* Ano 2002: IPC previsto + 1 punto sobre tódolos conceptos salariais e extrasalariais.

* Ano 2003: para o caso de acollerse a esta posibilidade a comisión negociadora especial, IPC previsto + 1,5 puntos, sobre tódolos conceptos salariais e extrasalariais.

Os atrasos derivados do incremento salarial aboaranse por metade ás nóminas dos dous meses seguintes ó da data da sinatura do convenio.

Artigo 5º.-Revisión salarial.

Unha vez publicado o índice de prezos ó consumo (IPC) correspondente ós distintos anos de vixencia do convenio producirase unha revisión salarial que garanta o seguinte:

* Ano 2001: IPC real + 1,5 puntos sobre tódolos conceptos salariais e extrasalariais.

* Ano 2002: IPC real + 1 punto sobre tódolos conceptos salariais e extrasalariais.

* Ano 2003: para o caso de acollerse a esta posibilidade a comisión negociadora especial, IPC real + 1,5 puntos sobre tódolos conceptos salariais e extrasalariais.

Artigo 6º.-Antigüidade.

O persoal afectado por este convenio devengará as antigüidades de acordo coa seguinte táboa: ós dous anos o 5% do salario base, ós catro anos o 10% do salario base, ós nove anos o 20% do salario base, ós catorce anos o 30% do salario base, ós dezanove anos o 40% do salario base, ós vintecatro

anos o 50% do salario base e ós vintenove anos o 60% do salario base.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres gratificacións extraordinarias, que se denominarán de verán, de Nadal e beneficios, as cales se percibirán nos meses de xullo, decembro e marzo, na contía de 30 días de salario base e antigüidade das táboas salariais adxuntas.

Artigo 8º.-Complemento de convenio.

As empresas aboarán no ano 2000 un complemento de 67.045 pesetas anuais, repartidas en 12 mensualidades de 5.587 pesetas. Nos demais anos de vixencia do convenio aboarase este complemento segundo o establecido nos artigos 4º e 5º.

Artigo 9º.-Complemento consolidado.

Os traballadores que no momento da sinatura deste convenio estean percibindo o complemento de acumulación de descansos e reducción do de entre xornadas, establecido no artigo 12 do convenio colectivo de 1984, seguirán percibindo, a titulo individual, a contía de 153 pesetas (cento cincuenta e tres) pesetas por cada día de traballo.

O incremento salarial que proceda pasará a integrarse no complemento de convenio.

As empresas que no futuro fagan uso da facultade establecida no artigo 9 do R.D. 1561/1995 aboaranlles este complemento a título individual, ós traballadores afectados e durante o tempo que dure a dita situación.

Artigo 10º.-Complemento de conductor-perceptor e gratificación de actividades complementarias.

O conductor-perceptor, realice ou non simultaneamente ámbalas funcións, percibirá, ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento salarial de posto de traballo (complemento de conductor-perceptor, PCP), en contía mensual do 20 por cento de 22 días do seu salario base, como mínimo.

A estructura salarial para os conductores-perceptores conterá os seguintes conceptos:

-Salario base, segundo táboas salariais.

-Antigüidade, segundo o establecido no artigo 6º.

-Complemento de convenio, nas contías do artigo 8º.

-Complemento conductor-receptor, segundo se establece neste artigo.

-Complemento de quebrantamento de moeda, segundo o artigo 11º.

-Complemento consolidado, nos termos recollidos no artigo 9º.

-Complemento de interrupción de xornada, se procede, nos termos establecidos no artigo 16º f).

O conductor percibirá, ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento de

actividades complementarias coa contía de 9.000 pesetas mensuais. Nos demais anos de vixencia do convenio aboarase este complemento segundo o establecido nos artigos 4º e 5º.

A estructura salarial para os conductores conterá os seguintes conceptos:

-Salario base, segundo as táboas salariais.

-Antigüidade, segundo o establecido no artigo 6º.

-Complemento convenio, nas contías do artigo 8º.

-Complemento de actividades complementarias, segundo se establece neste artigo.

-Complemento consolidado, nos termos recollidos no artigo 9º.

-Complemento de interrupción de xornada, se procede, nos termos establecidos no artigo 16º f).

Artigo 11º.-Quebrantamento de moeda.

A gratificación especial para o ano 2000 por quebrantamento de moeda queda establecida en 3.415 pesetas (tres mil catrocentas quince), e a contía estipulada percibirase mensualmente. Nos demais anos de vixencia do convenio aboarase este complemento segundo o establecido nos artigos 4º e 5º.

Artigo 12º.-Complemento de compensación.

Para o ano 2000 o complemento de compensación para o resto do persoal que non estea comprendido nas categorías de conductor-perceptor ou conductor e que non tivesen outros complementos ou gratificacións, excepto o complemento de convenio ou o complemento consolidado terá un importe de 2.763 (dúas mil setecentas sesenta e tres) pesetas mensuais.

Para os restantes anos estableceranse as seguintes contías:

* Ano 2001: 5.000 pesetas mes.

* Ano 2002: 7.000 pesetas mes.

* Ano 2003 (con ultravixencia, se é o caso): 9.000 pesetas mes.

A estructura salarial para o resto de persoal que non estea incluído nas categorías de conductor-perceptor ou conductor conterá os seguintes conceptos:

-Salario base, segundo táboas salariais.

-Antigüidade, segundo o establecido no artigo 6º.

-Complemento de convenio, nas contías do artigo 8º.

-Complemento de compensación, segundo se establece neste artigo.

-Complemento consolidado, nos termos recollidos no artigo 9º.

-Complemento de quebrantamento de moeda, segundo o artigo 11º, se procede.

Os/as vendedores/as de billetes cobrarán o complemento de compensación malia o indicado no primeiro parágrafo.

Artigo 13º.-Axudas de custo.

As axudas de custo que lles correspondan ós traballadores nos seus desprazamentos, ó servicio das empresas, serán de 4.143 pesetas (catro mil cento corenta e tres), sen distinción de categorías. A chamada media axuda de custo, ou axuda de custo para comida, fíxase en 1.381 pesetas (mil trescentas oitenta e unha) e corresponden á pernoita 1.381 pesetas (mil trescentas oitenta e unha).

Fóra de Galicia será de 5.233 pesetas (cinco mil duascentas trinta e tres) a axuda de custo completa e 1.744 pesetas (mil setecentas corenta e catro) a media axuda de custo.

No caso de destacamento aplicarase a reducción que no seu día sinalaba a ordenanza laboral de transporte.

Dará dereito á percepción de axuda de custo completa a realización dun servicio que obrigue o traballador a xantar, cear e pernoitar fóra da súa residencia habitual.

A parte da axuda de custo correspondente á cea percibirase cando o servicio realizado obrigue a efectuala fóra da súa residencia habitual ou, en todo caso, cando o productor saia antes das 20 horas e retorne despois das 22 horas.

A parte de axuda de custo correspondente á pernoita percibirase cando o servicio realizado obrigue a pernoitar e almorzar fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando por tal motivo o regreso se efectúe despois das cero horas.

A parte de axuda de custo correspondente ó xantar percibirase cando o servicio realizado obrigue a efectualo fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando o productor saia antes das 12 horas e retorne despois das 14 horas.

As axudas de custo aboaranse, como máximo, semanalmente e por petición do traballador.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Serán aboadas cun incremento que en ningún caso será inferior ó 50% sobre o importe da hora ordinaria.

Dadas as especiais características do sector, denominaranse horas extraordinarias estructurais aquelas horas extraordinarias a que se fai referencia no artigo 1 da O.M. do 1-3-1985, para os efectos do artigo 7 do R.D. 46/1984, do 4 de xaneiro.

A opción de compensa-las horas extraordinarias traballadas por tempo de descanso realizarase por mutuo acordo de empresa e traballador.

Artigo 15º.-Denominación do traballo.

a) Traballo efectivo: considerarase traballo efectivo o tempo que media desde que os traballadores se fan cargo do cometido que deben efectuar no seu centro de traballo ata que cesen neste.

Para os fins deste convenio será traballo efectivo para o persoal de movemento:

1. A conducción durante a circulación do vehículo.

2. Os traballos auxiliares que se efectúen en relación co vehículo, os seus pasaxeiros ou a súa carga.

b) Tempo de presencia: será tempo de presencia aquel período de xornada no que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, estea á disposición da empresa, tanto nos locais coma no vehículo.

Terán a consideración de tempo de presencia, en relación co disposto no artigo 8 do R.D. 1561/l995, do 21 de setembro, as gardas, reténs, expectativas, avarías, comidas en ruta e outras similares nas que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, se atope á disposición da empresa.

O tempo de presencia non excederá de trece horas semanais.

As horas de presencia non se computarán para efectos de horas extraordinarias, sen prexuízo de que a súa remuneración sexa de igual contía cás horas ordinarias. Poderán, non obstante, computarse para efectos de xornada, cando se realicen menos horas de traballo efectivo cás legalmente autorizadas; neste caso, poderán ser computadas para efectos de completa-la xornada.

c) Tempo de espera e axuda de custo de espera: terá a consideración de tempo de espera aquel en que o traballador non estea suxeito á vixilancia do vehículo, nas localidades que non sexan principio e fin do traxecto.

A primeira hora de cada xornada computarase polo total e o resto ó 50 por cento, e aboarase como tempo de presencia.

Considerarase que o traballador non está suxeito á vixilancia do vehículo, cando poida dispoñer libremente do seu tempo, por non atoparse á disposición da empresa.

As esperas en localidades de principio e fin de traxecto, fóra da residencia do traballador, ou do lugar da súa toma habitual de servicio, non computarán, para efectos de xornada, nin como traballo efectivo nin como tempo de presencia. Polo dito tempo, exceptuando o do xantar, cea e pernoita, aboarase unha axuda de custo de espera de 255 (duascentas cincuenta e cinco) pesetas/hora. Nos demais anos de vixencia do convenio aboarase este complemento segundo o establecido nos artigos 4º e 5º.

Artigo 16º.-Xornada e descanso.

a) A xornada anual será de 1.816 (mil oitocentas dezaseis horas) en cómputo anual; o cómputo semanal será de 40 horas e en cómputo mensual de 166 horas. Terán a consideración de extraordinarias aquelas que superen as 1.816 horas ó ano, as 166 horas ó mes ou as 9 diarias.

Respectaranse os topes máximos de conducción establecidos no convenio colectivo, Real decreto 1561/1995 e directivas comunitarias.

b) As empresas estarán obrigadas a organiza-los seus servicios de forma tal que o persoal descanse de acordo coa lexislación vixente; a regra xeral é a dun descanso entre xornadas de 12 horas ininterrompidas e de día e medio de descanso semanal.

No medio día de traballo que completa a xornada e media de descanso non poderán realizarse máis de catro horas e media de traballo efectivo, ou en caso de mediar acumulación de medias xornadas cada quince días, non poderán superarse máis de nove horas de traballo efectivo.

Consecuentemente, cando o persoal realice transporte regular de uso xeral ou transporte regular de uso especial, non poderá superar, desde o inicio da súa xornada ata a fin desta, as 12 horas, exceptuando aqueles supostos nos que extraordinariamente a lexislación vixente establece un descanso de 10 horas entre xornadas. Neste caso, o tempo que vai desde o inicio ata a fin da xornada poderase prolongar en 2 horas. Cando o persoal realice outros servicios distintos dos anteriores, seralles de aplicación o R.D. 1561/1995 e a Directiva 3820/1985.

En calquera suposto en que excepcionalmente se realizase un descanso de menos de 12 horas, compensarase o tempo descansado de menos, de tal xeito que o tempo descansado de menos dunha semana se agrupe, cando máis tardar, ó descanso semanal da semana seguinte.

En todo caso, o descanso mínimo entre xornadas será de 10 horas.

c) O tempo total de conducción non poderá exceder de nove horas diarias.

d) A xornada diaria máxima será de once horas cando comprenda situacións de traballo efectivo, máis tempo de presencia, exceptuando os percorridos de longa distancia, cando o servicio requira a estandía no vehículo de máis dun conductor.

e) Nos transportes interurbanos ningún traballador poderá conducir de forma ininterrompida máis de catro horas sen facer unha pausa, agás que a conducción de media hora máis permita a chegada ó punto de destino.

A duración mínima da pausa será de 30 minutos, e será susceptible de fraccionamento durante o tempo de conducción.

En tódalas situacións que superen os topes máximos de xornada, como de presencia, comunicarase tal circunstancia ó comité de empresa ou delegados de persoal.

f) Interrupcións de xornada en servicios dentro de Galicia ou entre Galicia e provincias limítrofes de España ou Portugal: complemento de interrupción de xornada.

As interrupcións de xornada inferiores a 30 minutos aboaranse ó valor da hora ordinaria; o exceso de tempo de cada interrupción aboarase a razón de 260 (duascentas sesenta) pesetas/hora. Nos demais anos de vixencia do convenio aboarase este complemento segundo o establecido nos artigos 4º e 5º.

Considerarase interrupción de xornada o período de tempo no que o traballador non realiza traballo efectivo, nin tempo de presencia, dentro dun servicio ou entre dous servicios, agás a interrupción dedicada ó xantar, cea ou pernoita, que non se terán en conta para os efectos deste complemento. Compútase o tempo de interrupción desde a hora de chegada a un punto segundo o cadro de servicios e a hora de saída desde ese punto, tamén segundo o cadro de servicios, para continua-lo servicio ou iniciar outro novo.

Enténdese que, se a interrupción de xornada é inferior a 30 minutos, se aboarán 30 minutos.

A regulación recollida neste punto será aplicable, alternativamente, unha ou outra, á elección do traballador, co réxime previsto neste convenio, nas letras b) e c) do artigo 15º, no referente ó réxime que prevé a regulación das comidas en ruta, tomadas as dúas regulacións de maneira total.

As condicións recollidas neste punto serán compensables e absorbibles, en xeral, no referente a tempo de espera e axuda de custo de espera e, en particular, en relación co réxime individual actual na materia de cada traballador.

g) Xantar.

Sinálase a obrigatoriedade dunha hora para xantar, como mínimo, entre as 12 e as 16 horas.

Para o control da xornada establécese un modelo detallado de parte de traballo co contido mínimo que se reflicte no anexo III e que, en duplicado exemplar, será facilitado pola empresa ó traballador para a súa formalización, transcribíndose neste anexo o artigo 14 da Directiva 3820/1985.

Artigo 17º.-Vacacións.

Regúlanse de conformidade co establecido no artigo 38 do Estatuto dos traballadores, publicado no BOE do 29-3-1995.

O período total de desfrute das vacacións será de 30 días naturais e non poderán experimentar un fraccionamento superior a dous períodos. En caso de desacordo decidirá a xurisdicción competente.

Durante os períodos de vacacións o salario dos conductores-perceptores e conductores estará composto, respectivamente, dos mesmos conceptos como se estivesen traballando, en concreto os contidos no artigo 10º, agás o complemento de interrupción de xornada.

O salario dos restantes traballadores estará composto dos mesmos conceptos como se estivesen traballando, en concreto os contidos no artigo 12º.

Artigo 18º.-Xubilación.

Durante a vixencia deste convenio, sempre que o traballador conte cunha antigüidade mínima de 10 anos de servicio na empresa, en caso de xubilación voluntaria anticipada, o traballador percibirá unha indemnización por cesamento cunha contía que o primeiro ano de vixencia será a seguinte: un ano

antes, 271.142 pesetas; dous anos antes, 546.923 pesetas; tres anos antes, 820.412 pesetas; catro anos antes, 1.199.196 pesetas e cinco anos antes, 1.407.372 pesetas.

Nos demais anos de vixencia do convenio aboaranse estas cantidades cos incrementos establecidos nos artigos 4º e 5º.

As empresas acolleranse ó disposto no R.D. 1194/1985, do 17 de xullo, sobre xubilación especial anticipada ós 64 anos, contratando un novo traballador en lugar do que se acolla a este dereito e nas mesmas condicións que determina o citado real decreto, coa finalidade de colaborar no fomento do emprego.

A xubilación será forzosa para todo o persoal ó cumpri-lo traballador os 65 anos, sempre que reúna os requisitos esixidos pola Seguridade Social sobre períodos de carencia, para as melloras e condicións pactadas neste convenio. Durante a vixencia deste convenio, cando se produza a xubilación forzosa (hoxe ós 65 anos), sempre que o traballador conte cunha antigüidade mínima de 10 anos de servicio na empresa, percibirá desta unha indemnización por cesamento equivalente, no primeiro ano de vixenica, a 5.961 (cinco mil novecentas sesenta e unha) pesetas por ano de servicio.

Nos demais anos de vixencia do convenio aboaranse estas cantidades cos incrementos establecidos nos artigos 4º e 5º.

Artigo 19º.-Permiso de conducción.

Se por sentencia firme, calquera conductor se vise privado do permiso de conducción, a empresa deberá facilitarlle outra ocupación, aínda que sexa de categoría profesional inferior, polo período de suspensión do permiso, sempre que non exceda de 15 meses, sen perda dos emolumentos que viña percibindo, e que non sexa debida á embriaguez.

No caso de que o período de suspensión do permiso de conducir sexa superior ós quince meses, e sempre que a retirada non sexa debida á embriaguez, o traballador con máis de dous anos de antigüidade terá dereito, por unha soa vez, a unha excedencia non remunerada, por todo o tempo que dure a suspensión, se é o caso, ata que legalmente poida incorporarse ó posto de traballo que estaba desempeñando habitualmente, e desde o momento en que esta se produza, e será o límite máximo da dita excedencia o que marque a lexislación para a contratación temporal.

Así mesmo, aplicaranse as garantías que se indican anteriormente, no caso de conducción in itinere, cun máximo dunha hora antes e outra despois da hora de entrada ou saída ó traballo, mesmo conducindo o seu vehículo propio.

Artigo 20º.-Póliza de seguros.

Establécese unha póliza de seguros de morte ou invalidez derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, para cada un dos traba

lladores ós que afecta este convenio, que consiste na contía de 2.500.000 pesetas (dous millóns cincocentas mil) en caso de morte por accidente e de 3.500.000 pesetas (tres millóns cincocentas mil) en caso de invalidez permanente para exerce-la súa ocupación habitual.

Estas contías producirán efecto a partir dos quince días trala súa publicación no BOP ou no DOG.

Artigo 21º.-Defunción.

As empresas aboaranlle, durante a vixencia deste convenio, seis mensualidades dos salarios que figuran na táboa do convenio, máis a antigüidade correspondente, ó familiar do traballador que con el conviva, e por esta orde:

1) Cónxuxe viúvo.

2) Fillos.

3) Ascendentes, cando aquel faleza estando en activo e leve, como mínimo, tres anos de servicio na empresa.

Independentemente das mensualidades ás que ten dereito, segundo o sinalado anteriormente, aboaráselle ó dito familiar do traballador o salario do mes no que o productor faleza, calquera que sexa a data do seu óbito.

Artigo 22º.-Pases de xubilados.

Os xubilados, os pensionistas de longa enfermidade, as viúvas e os fillos orfos menores de 18 anos dos traballadores falecidos en activo, das empresas de liñas regulares, terán dereito a viaxar nas liñas das súas respectivas empresas coma se o traballador estivese en activo.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

Os asinantes constitúen unha comisión paritaria como órgano de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do pactado no convenio, composta por seis membros (dous por cada un dos sindicatos asinantes) en representación dos traballadores e o mesmo número de representantes das empresas, todos eles vocais escollidos por cada parte.

Tamén formarán parte desta, con voz pero sen voto, os asesores correspondentes a ámbalas partes.

No caso de imposibilidade de asistencia a algún dos membros designados, serán substituídos polos suplentes.

A comisión reunirase cando sexa necesario e por petición de calquera das partes. Os compoñentes da comisión paritaria serán convocados cunha antelación mínima de 3 días.

Para efectos da comisión paritaria as horas sindicais consideraranse co mesmo rango cás utilizadas para a negociación colectiva.

Os acordos da comisión requirirán, para a súa validez, a conformidade da maioría simple dos vocais de cada unha das representacións. No caso de non haber acordo, levantarase acta que reflicta as diferentes posturas, e remitirase copia desta á autoridade

laboral competente, para que emita a correspondente resolución.

As funcións da comisión paritaria serán as seguintes:

a) Interpretación da aplicación de tódalas cláusulas do convenio.

b) Arbitraxe de tódalas cuestións que as partes sometan á súa consideración e que se deriven da aplicación do convenio.

c) Vixilancia do cumprimento do pactado no convenio.

d) Análise da problemática sectorial en materia de seguridade e saúde laboral e seguimento do estado de cumprimento nestas materias.

e) Análise e adaptación da contratación temporal ó sector, valorando a posibilidade de introducir cláusulas que reforcen a contratación indefinida.

f) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

As actividades da comisión poderanse realizar en réxime de comisión plenaria, composta por tódolos seus membros, ou en réxime de subcomisións específicas coa composición que a comisión acorde.

Para tódolos efectos, fíxase o domicilio da comisión na praza Luís Seoane, Torre 1- entreplanta, da Coruña.

Artigo 24º.-Garantías sindicais.

a) Seccións sindicais de empresa.

No caso de existir sección sindical, esta poderá facer uso do taboleiro de anuncios para difundi-la información, exclusivamente co persoal das empresas e fóra das horas de traballo. Para todo iso, deberá comunicarllo cunha antelación mínima de 48 horas á dirección da empresa e ó comité de empresa.

Isto sen prexuízo das facultades que ás seccións sindicais lles poidan outorga-las disposicións legais.

b) Os membros do comité de empresa e delegados de persoal, en cada centro de traballo, disporán dun crédito de 15 horas mensuais, como mínimo, dentro da xornada para o exercicio das súas funcións de representación, sempre que o soliciten con 48 horas de anticipación.

A empresa poderá esixir xustificante da utilización concedida, ben do comité ou da central convocante. Estes dereitos serán aplicados en caso de que, por disposición legal, así se determine.

As empresas que revistan a forma de sociedades darán conta, anualmente, ó comité de empresa ou delegados de persoal do balance e conta de resultados.

O recoñecemento dos ditos documentos será, para tódolos efectos, de carácter reservado.

A dirección da empresa dará conta ó comité ou delegados de persoal de tódalas sancións ou despedimentos.

A empresa, por petición dos traballadores afiliados ás centrais sindicais que conten, polo menos, cun 10% de afiliados nesta, descontarán a cota sindical correspondente do recibo dos salarios, depositándoa na conta bancaria sinalada para o efecto.

c) Excedencias. Amplíase o dereito a solicitar excedencia voluntaria que regula a ordenanza laboral, calquera que sexa o tempo que leve o traballador na empresa, cando se basee no exercicio do seu cargo sindical.

d) Comité de seguridade e hixiene.

Nas empresas de máis de 50 traballadores, estes deberán elixir un comité de seguridade e hixiene, sendo o comité de empresa ou os delegados de persoal os que terán que ocuparse da súa tramitación.

e) As empresas poderán pactar cos seus comités de empresa ou delegados de persoal a acumulación de horas sindicais.

O crédito horario retribuído de que gozan os delegados de persoal e membros do comité de empresa dunha mesma empresa poderá acumularse nun ou varios deles, sempre que pertenzan a unha mesma central sindical, aínda que iso permita liberar da súa actividade laboral, total ou parcialmente a calquera deles.

O acordo de acumulación será pactado, en cada caso, no nivel de empresa entre o representante do sindicato e o da empresa, e a designación da persoa ou persoas ás que se lles aplicará a acumulación de horas derivadas do crédito horario, será facultade exclusiva do sindicato de que se trate, o cal comunicará a súa decisión ó respecto á empresa.

Artigo 25º.-Permiso retribuído.

Os permisos retribuídos regúlanse polo disposto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Os traballadores desfrutarán dun día de permiso retribuído, que se poderá acumular unha vez ó ano ós permisos legalmente establecidos no artigo 37, parágrafo 3º a), b) e c) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 26º.-Incapacidade temporal.

Cando o traballador estivese afectado por incapacidade laboral transitoria, as empresas complementarán as prestacións económicas que teñan dereito a percibir da Seguridade Social nos seguintes supostos:

1. Cando a IT derive de accidente de traballo, a empresa aboará un 15% da base de cotización diaria para esta continxencia, desde o primeiro día e ata un máximo de setenta días.

2. Cando a IT derive de enfermidade común, a empresa aboará un 15% da base diaria de cotización a partir do cuarto día e ata un máximo de setenta días.

3. Cando sexa precisa a hospitalización do traballador, tanto se se debe a enfermidade ou accidente, a empresa aboará un 20% da base diaria

de cotización, desde o momento en que esta se produza e mentres a hospitalización dure, cun máximo de noventa días.

Tales complementos unicamente se percibirán nun proceso de IT durante cada un dos anos de vixencia do convenio.

As empresas, de acordo co establecido no artigo 20 do Estatuto dos traballadores, poderán verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador mediante o oportuno recoñecemento médico.

Artigo 27º.-Indivisibilidade do convenio.

O convenio considerarase un todo indivisible de maneira que, se non fose aprobado na súa integridade, quedará anulado, e deberán as partes negociar outro novo.

Artigo 28º.-Normas supletorias.

En todo aquilo que non figure regulado por este convenio aplicarase o Estatuto dos traballadores, o R.D. 1561/1995, do 21 de setembro, o convenio da OIT número 153 e o regulamento da CEE número 3820/1985, e demais lexislación vixente.

Ámbalas partes reservan para si o dereito de acudir á xurisdicción laboral no caso de que consideren que algún precepto do convenio vulnere ou contradiga normas de dereito necesario.

Artigo 29º.-Modalidades de contratación.

Complementando a normativa vixente na materia establécense as seguintes modificacións desta:

A) Contrato para de aprendizaxe.

Poderán efectuarse contratos de aprendizaxe cunha duración máxima de dous anos, nos termos previstos no artigo 11 do Estatuto dos traballadores e normas de desenvolvemento, para tódalas categorías profesionais en que legalmente sexa posible, excepto para mozos de garaxe e taller.

O salario de contratación será igual ó 90% e 100% do salario base da súa categoría profesional durante, respectivamente, o primeiro e o segundo ano de vixencia do contrato.

B) Contrato en prácticas.

Poderán concertarse contratos en prácticas, cunha duración máxima de dous anos nos termos establecidos no artigo 11 do Estatuto dos traballadores e normas de desenvolvemento.

A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será do 90% ou do 100% do salario base da súa categoría profesional durante, respectivamente, o primeiro ou segundo ano de vixencia do contrato.

C) Contrato de duración determinada por circunstancias da producción.

Poderán subscribirse contatos por circunstancias da producción nos termos establecidos no artigo 15º b) Estatuto dos traballadores, e normas de desenvolvemento.

Poderán concertarse por períodos que, un a un ou en conxunto, non superen os 13 meses dentro dun período de 18 meses.

O seu réxime xurídico, agás no referente á súa duración, será equivalente ó do contrato indefinido en canto ó desfrute de beneficios salariais (antigüidade e réxime de complementos) e non salariais (permisos, licencias, indemnización de 45 días por ano de servicio no caso de despedimento disciplinario declarado improcedente, etc.).

Ó remate do contrato aboaráselle ó traballador unha indemnización de 10 días por ano de servicio, calculada en proporción á duración deste contrato.

D) Contrato fixo periódico.

As empresas que saturen con outras actividades a xornada de traballo dos traballadores contratados para realiza-lo transporte escolar, ben a través de concesións públicas ou ben por iniciatica propia ou por concerto con Apas ou colexios públicos ou privados, deberán utilizar esta modalidade contractual coas características seguintes:

1. Será de aplicación a tódalas situacións a que se refire o parágrafo anterior xurdidas a partir do próximo curso escolar (1 de setembro de 2001).

2. A duración máxima do contrato será de 1.400 horas de traballo efectivo, en cómputo anual.

3. Fíxase o período de actividade a que se refire este contrato, con carácter indicativo, entre o 15 de setembro de cada ano e o 15 de xuño do ano seguinte.

4. A provisión dos postos de traballo desta modalidade contractual efectuarase por rigorosa antigüidade do traballador na empresa en contratos desta modalidade.

5. Fíxase como data de chamamento ós traballadores para realiza-la actividade propia deste contratos o 15 de setembro de cada ano.

6. O chamamento deberá efectuarse con sete días de antelación á data indicativa de inicio de actividade, comunicándoo simultaneamente ós representantes dos traballadores.

7. A anterior data -15 de setembro- será a data de inicio das eventuais reclamación por despedimento nos supostos de non chamamento.

Artigo 30º.-Mobilidade xeográfica.

a) Desprazamentos. As empresas poderán despraza-lo seu persoal a centros de traballo distintos a aquel en que presten os seus servicios fundamentando este desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou de contratación.

b) Traslado. Enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique un cambio de domicilio. Enténdese que un desprazamento implica cambio de domicilio cando o centro de traballo do novo destino diste máis de 40 quilómetros do seu centro ou do seu domicilio actuais.

Para os supostos de traslados de persoal polos motivos recollidos na lei, establécense os seguintes mecanismos:

* Negociación preceptiva coa representación legal dos traballadores.

* Intervención dos mecanismos do AGA.

* Aviso previo de 45 días.

* Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 30 días.

* Os traslados non terán unha duración inferior a 12 meses nun período de tres anos.

* Se, por traslado, un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se for traballador da mesma empresa, terá dereito ó traslado á mesma localidade.

Os casos de traslado darán lugar ó devengo polo traballador trasladado dos seguintes conceptos compensatorios:

* Billete para o traballador e familiares que vivan ás súas expensas.

* Transporte de mobiliario, roupa e enxoval do seu fogar.

* Indemnización consistente en dúas veces o salario base mensual da súa categoría profesional, nun único pagamento.

* Compensación durante 12 meses da diferencia de custo de vivenda en aluguer (vivenda das mesmas características).

* Notificada a decisión de traslado, o traballador poderá optar pola extinción do seu contrato, percibindo unha indemnización de 25 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano, e cun máximo de 12 mensualidades.

Artigo 31º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos neste convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada neste artigo establécense os seguintes mecanismos:

1. Negociación coa representación legal dos traballadores e na comisión paritaria do convenio.

2. Mecanismos do AGA.

Para tódolos mecanismos citados anteriormente achegarase a seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos tres últimos exercicios nos que se demostre que durante estes se producen perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período para o que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real na mellora global dos resultados da empresa.

-Os representantes legais dos traballadores, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tivesen acceso, como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo iso, sixilo profesional.

Artigo 32º.-Comisión especial de negociación.

Os asinantes constitúen unha comisión especial negociadora composta por seis membros en representación dos traballadores e o mesmo número de representantes das empresas, todos eles vocais escollidos por cada parte, presidida polo mediador do convenio.

Tamén formarán parte dela, con voz pero sen voto, os asesores correspondentes a ámbalas partes.

No caso de imposibilidade de asistencia dalgún dos membros designados, serán substituídos polos suplentes.

Para efectos desta comisión, as horas sindicais consideraranse co mesmo rango cás utilizadas para a negociación colectiva.

A comisión terá como competencia os seguintes asuntos:

* Categorías.

* Salario mínimo sectorial.

* Antigüidade.

* Estabilidade no emprego.

* Conceptos extrasalariais.

* Aclaración da actual regulación da interrupción de xornada.

* Pases.

Para a negociación dos asuntos citados no punto anterior a comisión terá un prazo entre seis e doce meses.

Os acordos tomaranse por unanimidade entre as dúas representacións e serán recollidos en acta, coa súa publicación nos boletíns oficiais correspondentes.

Estes acordos vinculan a ámbalas partes nos mesmos termos que este convenio, e incorpóranse a el como anexo.

Disposicións adicionais

Primeira.-Cláusula de acollida ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UGT, as partes asinantes deste convenio, durante a vixencia del, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas. Igualmente acordan asu

mir, respecto ós conflictos individuais, o AGA II a partir do momento da súa sinatura.

Segunda.-Cando se realicen cursos de formación profesional continua e voluntariamente os realicen os traballadores, logo da autorización da empresa, o tempo empregado na duración destes será repartido ó 50% en horas de traballo e o outro 50% en horas de descanso do traballador.

Terceira.-O réxime disciplinario que se vai aplicar é o que contén o anexo II.

Disposición derradeira

Conscientes da necesidade de adecua-la regulación convencional sectorial a un marco autonómico, dada a circunstancia de estar residenciadas a maior

parte das competencias en materia de transporte na Xunta de Galicia, ámbalas partes se comprometen a propiciar, a través das súas respectivas organizacións a nivel autonómico, a negociación dun convenio colectivo nacional galego para o sector, co rango de convenio estatutario e con prioridade á negociación dun novo convenio de ámbito provincial. As dificultades que se poidan producir, tanto na constitución da correspondente relación xurídica previa coma na constitución formal da mesa, serán resoltas polas partes, de ser preciso, ó abeiro do AGA.

No suposto de que chegue a concertarse este convenio colectivo de ámbito galego, substituirá a este, se nunha valoración global fose máis beneficioso para os traballadores.

ANEXO I

Táboas salariais

Táboas salariais para o ano 2000

CategoríaDiariaMensualAnual

PesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

Xefe Administración 1ª113.413681,621.765.20710.224,34

Xefe Administración 2ª104.913630,541.637.7439.458,14

Vendedores de billetes95.480573,841.496.2218.607,66

Factores95.480573,841.496.2218.607,66

Xefe de tráfico 1ª105.161632,031.641.4569.480,49

Xefe de tráfico 2ª101.607610,671.588.1269.160,06

Xefe de tráfico 3ª96.018577,081.504.2948.656,17

Inspector3.33420,041.581.1259.136,66

Conductor-perceptor3.28819,761.560.5099.012,33

Conductor3.26319,611.548.9448.942,94

Cobrador3.18819,161.514.7498.737,66

Repartidor mozo3.14118,881.492.6238.607,55

Conductor furgoneta3.19519,201.517.2638.755

Xefe de servicios131.296789,102.033.46411.836,56

Inspector principal121.453729,951.885.80710.949,18

Enxeñeiros ou licenciados123.723743,591.919.87511.153,85

Enxeñeiros técnicos-auxiliar

titulados

106.750641,581.665.2779.623,72

Axudante técnico sanitario103.754623,571.620.3379.353,61

Xefe de sección109.848660,201.711.7289.902,97

Xefe de negociado106.339639,111.658.4819.586,63

Oficial 1ª administrativo101.011607,091.579.1929.106,32

Oficial 2ª administrativo98.027589,161.534.4488.837,35

Auxiliar administrativo93.965564,741.473.4938.471,08

Garda de noite3.14118,881.492.6238.607,55

Garda de día3.08318,531.466.9798.448,52

Limpador (salario hora)3522,12965,71

Xefe de taller117.436705,811.825.56610.587,09

Encargado103.790623,791.620.8849.356,84

Xefe de equipo3.33620,051.582.1319.142,45

Oficial 1ª taller3.29519,801.563.0239.029,68

Oficial 2ª e 3ª taller3.18819,161.514.7498.737.66

Engraxador e lavacoches3.18819,161.514.7498.737,66

Mozo garaxe e taller3.14118,881.492.6238.607,55

Nota: 1 euro=166,386 pesetas.

ANEXO II

Réxime disciplinario

Artigo 1º

Son faltas as accións ou omisións dos traballadores cometidas con ocasión do seu traballo, en conexión con este ou derivadas del, que supoñan infracción das obrigas de todo tipo que ó traballador lle veñen impostas polo ordenamento xurídico, por este convenio e polas demais normas e pactos, individuais ou colectivos, calificándoos en leves, graves ou moi graves.

Artigo 2º

Son faltas leves:

1. Tres faltas de puntualidade no traballo, sen a debida xustificación, cometida no período dun mes, que non afecten ó servicio de movemento.

2. Non notificar, con carácter previo á ausencia, por calquera medio, podendo facelo, a imposibilidade de acudir ó traballo e a súa causa.

3. O abandono do traballo dentro da xornada, sen causa xustificada.

4. Neglixencias na conservación do material.

5. A non utilización do vestiario e equipo que lle fose facilitado pola empresa con instruccións de utilización (entendendo que as instruccións teñen que ser amplamente coñecidas polos traballadores ben porque fosen comunicadas por escrito ou porque estean publicadas por algún medio pola empresa ou porque constitúan un costume da empresa).

6. Faltar ó traballo un día, sen causa xustificada, no período dun mes.

7. As faltas de respecto e consideración a quen traballa na empresa, ós usuarios e ó público.

8. Atraso de 1 a 2 días na entrega da recadación diaria, excepto domingos e festivos, sempre que o atraso sexa imputable ó traballador.

Artigo 3º

Son faltas graves:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante o período dun mes, que non afecten ó servicio de movemento.

2. Faltar dous días ó traballo, durante un mes, sen causa xustificada.

3. A desobediencia ás ordes e instruccións do empresario en calquera materia de traballo, incluído o control de asistencia, así como non dar cumprimento dos trámites administrativos que sexan impostos ou consecuencia da actividade que ten que realiza-lo traballador.

4. A alegación de causas falsas para as licencias.

5. As imprudencias ou neglixencias en acto de servicio.

6. Realizar sen permiso traballos particulares durante a xornada, así como empregar para usos propios o material da empresa.

7. O abuso de autoridade con ocasión do traballo, considerándose tal a comisión dun feito arbitrario sempre que concorran infracción manifesta e deliberada dun precepto legal e prexuízo notorio para un inferior.

8. As expresadas nos números 2, 3, 4 e 6 do artigo 2º, sempre que:

A falta de notificación con carácter previo da ausencia (artigo 2º.2), o abandono do traballo dentro da xornada (artigo 2º.3), ou a falta ó traballo sen causa xustificada (artigo 2º.6), sexan motivo de atraso na saída dos vehículos ou produzan trastornos no normal desenvolvemento da actividade; e que das neglixencias na conservación do material (artigo 2º.4) se deriven prexuízos para a empresa.

9. Atraso de tres a seis días na entrega da recadación nos termos do artigo 2º.8.

10. A falta de puntualidade no traballo que afecte ó servicio de movemento sen causa xustificada e que afecte gravemente ó servicio.

Artigo 4º

Son faltas moi graves:

1. As faltas inxustificadas ó traballo durante tres días consecutivos ou seis alternativos nun período de seis meses.

2. As ofensas verbais ou físicas ó empresario ou ás persoas que traballan na empresa.

3. A transgresión da boa fe contractual, así como o abuso de confianza no desempeño do traballo, considerándose como tales a fraude ou a deslealdade nas xestións encomendadas; o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou a calquera persoa, realizado dentro das dependencias ou vehículos desta ou en calquera lugar se é en acto de servicio; viola-lo segredo da correspondencia ou revelarlles a estraños datos que se coñezan por razón do traballo.

4. A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercuten negativamente no traballo.

5. A imprudencia ou neglixencia en acto de servicio se implica risco de accidente ou perigo de avaría para a maquinaria, vehículo ou instalacións.

6. O atraso de máis de seis días na entrega da recadación nos termos do artigo 2º.8.

Artigo 5º

Non se considerará inxustificada a ausencia ó traballo por privación de liberdade do traballador, se este fose posteriormente absolto dos cargos que desen lugar á súa detención.

Artigo 6º

1. As sancións que poderá impo-la comisión de faltas disciplinarias serán as que seguen:

a) Por faltas leves: amoestación (por escrito); suspensión de emprego e soldo de ata tres días.

b) Por faltas graves: suspensión de emprego e soldo de catro a vinte días.

c) Por faltas moi graves: suspensión de emprego e soldo de vinteún a trinta días; despedimento.

2. As multas impostas por infraccións das disposicións de tráfico e seguridade vial (que non teñan nada que ver co estado do vehículo e que non veñan motivadas por imperativo do servicio) deberán ser satisfeitas polo que sexa responsable destas.

Artigo 7º

As faltas leves prescribirán ós 10 días; as graves, ós vinte días e as moi graves, ós 60 días, a partir da data na que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometer.

Artigo 8º

a) Tódalas sancións terán que ser notificadas por escrito ó traballador, dando un prazo para interpor recurso perante a empresa de 2 días para as faltas leves e 5 para o resto. Transcorridos os prazos para presentar recurso sen que este se presentase, enténdese que a sanción é firme desde o primeiro día. Presentado o recurso en prazo, o empresario ten 5 días para contestalo por escrito, de non facelo neste prazo enténdese que a sanción é firme desde este último día (para efectos do disposto no artigo 114 da Lei de procedemento laboral).

No caso de sanción con despedimento non caberá este procedemento de recurso perante a empresa, quedando expedita a vía do artigo 103 da Lei de procedemento laboral.

b) Tódalas sancións serán tamén notificadas ó mesmo tempo que ó interesado ó comité de empresa ou delegados de persoal.

c) En tódalas notificacións de sanción terá que figura-la lenda: «ésta sanción poderá ser recorrida perante a xurisdicción social no prazo de 20 días hábiles», nos termos da alínea a).

d) Se non se cumpren os requisitos deste artigo a sanción será nula.

e) Ós membros do comité ou delegados de persoal será preceptiva a apertura dun expediente contradictorio no suposto de faltas graves e moi graves, no que serán escoitados, á parte do interesado, o comité da empresa ou delegados de persoal.

Artigo 9º

A reincidencia de calquera falta, aínda que sexa de distinta natureza, cometidas dentro do mesmo trimestre e que fosen sancionadas, implicará a súa

cualificación como falta do grupo inmediatamente superior.

ANEXO III

Artigo 11 do Real decreto 1561/1995.

A aplicación do réxime de descanso semanal previsto no artigo 9 do Real decreto 1561/1995, deberá garantir normalmente un descanso de corenta e seis horas consecutivas á semana, incluídas as correspondentes ó descanso entre xornadas a que se refire o número 4 do dito real decreto.

Este descanso poderase reducir ata un mínimo de trinta e seis horas consecutivas cando se tome no lugar no que se encontre normalmente o vehículo ou o conductor, ou ata vintecatro horas consecutivas cando se tome en lugar distinto, sempre que se compense cada reducción cun descanso equivalente tomado en conxunto antes do final da terceira semana seguinte a aquela no que se producise.

Artigo 14 do Regulamento (CEE) nº 3820/1985 do Consello do 20-12-1985.

1. No caso dos transportes regulares de viaxeiros:

-Nacionais.

-Internacionais, cando as terminais da liña estean a unha distancia de ata 50 quilómetros en liña recta dunha fronteira entre dous estados membros, e o percorrido da liña non supere os 100 quilómetros, que estean sometidos ó presente regulamento, a empresa establecerá un horario e un rexistro do servicio.

2. O rexistro deberá indicar, para cada conductor, o nome e punto en que se encontre normalmente, así como o horario previamente fixado para os diferentes períodos de conducción, os demais períodos de traballo e os períodos de dispoñibilidade.

3. O rexistro deberá comprender tódalas indicacións recollidas no número 2 para un período mínimo que cubra a semana en curso, a anterior e a seguinte.

4. O rexistro deberá estar asinado polo empresario ou polo seu delegado.

5. Cada conductor destinado a un servicio recollido no número 1, deberá ter un extracto do rexistro do servicio e unha copia do horario do servicio.

6. A empresa conservará o rexistro de servicio durante un ano trala expiración do período transcorrido. Facilitará un extracto do rexistro ós conductores interesados que o soliciten.

7. Este artigo non se aplicará ós conductores de vehículos equipados cun aparello de control utilizado de acordo co Regulamento (CEE) nº 3821/1985 do Consello, do 20 de decembro de 1985, relativo ó aparello de control no sector dos transportes por estrada.