Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.135

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Grupo Cruzcampo, S.A., Mos.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Grupo Cruzcampo, S.A., Mos, con número de código 3601892, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-11-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 27-7-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de decembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Grupo Cruzcampo, S.A., Mos

Convenio colectivo 2000

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo afectarán a todo o persoal que preste os seus servicios na empresa Grupo Cruzcampo, S.A. no seu centro de traballo de Mos.

Queda exceptuado da aplicación do presente convenio o persoal que por desempeñar funcións de mando ou pola natureza do seu traballo, acordase a súa retribución coa empresa, á marxe das táboas salariais que figuran nel.

Quedan tamén exceptuados do presente convenio aqueles axentes mediadores ou figuras análogas que manteñan unha relación mercantil ou laboral especial, recollida esta última no artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio estenderase do 1 de xaneiro de 2000 ó 31 de decembro de 2000.

Non obstante rexerá este convenio durante o período transitorio ata a sinatura do seguinte.

Entenderase prorrogado de ano en ano se ningunha das partes que o subscriben formulan denuncia un mes antes, como mínimo, de que conclúa a súa vixencia ou, se é o caso, calquera das súas prórrogas.

A denuncia deberá ser realizada polos representantes sociais ou económicos comunicándollo á autoridade laboral e á outra parte.

Artigo 3º

Os efectos de aplicación do convenio e condicións pactadas nel forman un todo orgánico indivisible e será considerado globalmente.

Tódalas percepcións sinaladas no presente convenio referiranse á xornada completa. Os traballadores que presten os seus servicios durante un horario inferior ó da xornada normal, percibirán os seus salarios e complementos salariais en proporción ó tempo traballado.

Artigo 4º.-Comisión mixta.

Para a interpretación deste convenio e con carácter previo e ineludible á formulación de calquera cuestión litixiosa que se derive da referida interpretación ou cumprimento do presente convenio, e segundo o establecido nas normas vixentes, créase unha comisión paritaria, que estará integrada por seis vocais, tres como representantes dos traballadores e tres en representación da empresa.

Esta comisión estará integrada polos seguintes:

En representación da sección sindical:

Mª Fernanda Martínez Cordero.

En representación da empresa:

Alberto Arroyo González.

Poderán asistir ás reunións da comisión paritaria, con voz e sen voto, asesores de ámbalas partes.

As reunións deberán ser obrigatoriamente realizadas dentro do prazo de quince días, cando o solicitase calquera membro dunha das partes.

Capítulo II

Disposición económicas

Artigo 5º.-Conceptos que integran a retribución.

As percepcións económicas dos traballadores que prestan os seus servicios na empresa afectada polo

presente convenio estarán integradas polos seguintes conceptos.

I. Retribucións salariais.

1.1. Salario base.

1.2. Complementos salariais persoais:

1.2.1. Complemento de antigüidade.

1.2.2. Condicións ou compensacións persoais.

1.2.3. Complemento variable.

1.2.4. Complemento de categoría.

1.3. Complemento por calidade ou cantidade de traballo.

1.3.1. Horas extraordinarias.

1.3.2. Traballos festivos.

1.3.3. Horas extraordinarias nocturnas.

1.3.4. Complemento prolongación de xornada.

1.3.5. Complemento de convenio.

1.3.6. Prima de rendemento.

1.3.7. Prima de productividade.

1.4. Complemento de nocturnidade.

1.5. Pagas extraordinarias.

1.5.1. Pagas extraordinarias regulamentarias.

1.5.2. Pagas extraordinarias especiais.

2. Percepcións non salariais.

2.2. Axuda ó transporte.

1. Retribucións salariais.

1.1. Salario base:

Enténdese por tal o que para cada categoría profesional se determina na columna correspondente do anexo I deste convenio.

Durante a vixencia deste convenio garantirase como mínimo en todo momento o salario mínimo interprofesional na columna de salario base.

En caso de variacións do salario mínimo interprofesional, se a cantidade fixada como salario base fose inferior ó do novo salario mínimo interprofesional, a dita diferencia trasvasarase do complemento de categoría, para garantir en todo momento o salario mínimo interprofesional na columna de salario base.

1.2. Complementos salariais persoais.

1.2.1. Complemento de antigüidade:

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán dun complemento persoal do salario base, da forma e contía seguinte:

Bienios do 5% cada un, en razón da súa antigüidade desde a data da súa entrada na empresa,

cun tope máximo de doce bienios, equivalente ó 60%. Estas porcentaxes iranse sumando e aplicaranse sobre o salario base que en cada momento corresponda á categoría profesional do traballador de acordo coa columna correspondente que figura no anexo I.

1.2.2. Condicións ou compensacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que, con carácter de cómputo anual, exceden das establecidas neste convenio, manténdose estrictamente ad personam.

1.2.3. Complemento variable.

A súa contía concrétase no anexo II deste convenio.

1.2.4. Complemento categoría.

A súa contía concrétase no anexo I deste convenio.

1.3. Complemento por calidade ou cantidade de traballo.

1.3.1. Horas extraordinarias.

Considéranse horas extraordinarias as que excedan en cada xornada das sinaladas para a prestación da xornada establecida neste convenio.

O número de horas extraordinarias non poderá ser superior a oitenta ó ano.

Non se terán en conta para efectos da duración máxima de xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo de horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de horas extraordinarias.

Para o cálculo do valor de cada hora extraordinaria aplicarase a seguinte fórmula:

Salario base + complemento convenio

x 1,75

1.800 horas de traballo

1.3.2. Traballo en festivos.

As horas extraordinarias correspondentes a domingos e festivos pagaranse de acordo co seguinte cálculo:

Salario base + complemento convenio

x 2,25

1.800 horas de traballo

Cando na xornada se establecese traballar de luns a venres, as horas extraordinarias que se realicen en sábado consideraranse como festivas.

1.3.3. Horas extraordinarias nocturnas.

As horas extrordinarias nocturnas traballadas entre as 22 horas e as 6 da mañá serán consideradas como nocturnas, a fórmula para o cálculo do seu valor, será a mesma cá de horas extraordinarias festivas.

Remitiráselle ó comité de empresa o parte mensual de horas extraordinarias.

1.3.4. Complemento de prolongación de xornada.

Considérase como prolongación de xornada a que realiza o servicio de asistencia técnica, por prestación de servicio fóra das horas de traballo habituais.

A cantidade estipulada para o dito complemento será a seguinte:

Ano 2000: 946 pesetas diarias.

1.3.5. Complemento de convenio.

Durante a vixencia do convenio queda establecido para todo o persoal, un complemento de convenio de 2.912 pesetas por cada día efectivamente traballado. Tamén se cobrará este complemento durante os días laborables correspondentes a vacacións.

Quedan excluídos do cobramento deste complemento aqueles empregados que realizando a función de prevenda perciban comisións por ela.

1.3.6. Prima de rendemento.

A prima de rendemento percibirase polos días efectivamente asistidos ó traballo, dos hábiles establecidos no calendario laboral.

A súa contía para o ano 2000 concrétase no anexo I.

1.3.7. Prima de productividade.

Establécese a título experimental unha prima de producción baseada no incremento dos índices de hectolitros/persoa tomando como referencia os valores obtidos en 1999. En todo caso garántese un mínimo de 68.500 pesetas para para o ano 2000, para o auxiliar 2ª obreiro. Para as restantes categorías laborais aplicaranse os coeficientes da Ordenanza laboral da industria cervexeira, incrementándose as cantidades anteriores obtidas, tendo como base o auxiliar 2ª obreiro, nun 2,50% por cada ano completo de antigüidade no cadro de persoal o 31 de decembro e cun tope de 24 anos.

Para os diferentes incrementos da productividade establécese o seguinte cadro de valores sobre os cales se rexerá a aplicación da prima sobre a base do auxiliar 2ª obreiro.

Ano 2000

Prima de productividade

Incremento

productividade

hecto./persoa

Ptas./primaIncremento

ptas./prima

Total

ptas./prima

68.500

1 a 10068.5001.23569.735

101 a 20068.5002.47070.970

201 a 30068.5003.70572.205

301 a 40068.5004.94073.400

401 a 50068.5006.17574.675

501 a 60068.5007.41075.910

601 a 70068.5008.64577.145

701 a 80068.5009.88078.380

801 a 90068.50011.11579.615

901 a 10068.50012.35080.850

A prima calcúlase mediante a expresión seguinte:

Hectolitros envasados

Nº de persoas período acumulado ano fábrica.

Excluída materia

Enténdese por número de persoas fábrica o abranguido nas direccións de cervexería, envasado, enxeñería, xestión de calidade, administración, persoal, expedicións, estructura e compras e almacén xeral.

As modificacións organizativas que puidesen representar cambio de dependencia das persoas dalgunha das direccións anteriormente citadas non se terán en conta para efectos de cálculo da fórmula de productividade.

O importe da prima verase corrixido en función das ausencias por enfermidade de acordo coa seguinte fórmula:

Importe total prima

-------------------------x días laborables ano menos días de ausencias por enfermidade ano

Días laborables anuais

A prima devengarase no mes de xaneiro de 2001.

1.4. Complemento de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período abranguido durante as 22 horas e as 6 da mañá terán un incremento sobre a súa retribución ordinaria do 30%, é dicir, sobre o salario base e o complemento de convenio.

Quen no período indicado traballe por tempo inferior ou igual a 4 horas, percibirá este complemento unicamente sobre as horas traballadas.

Se o tempo traballado abranguido entre as 22 horas e as 6 da mañá excedese de 4 horas percibirao por todo o total da xornada.

1.5. Pagas extraordinarias.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán das pagas extrordinarias seguintes:

1.5.1. Pagas extraordinarias regulamentarias

Estas aboaranse na primeira quincena de xullo e decembro, con importe para cada unha delas dunha mensualidade para o persoal con retribución mensual e de trinta días para o persoal que teña asignado xornal diario.

O dito importe inclúe os conceptos de salario base, antigüidade, complemento de categoría e complemento variable.

1.5.2. Pagas extraordinarias especiais.

Estas aboaranse en marzo e outubro. O devengo destas pagas efectuarase nas primeiras quincenas dos meses respectivos para o persoal con retribución mensual, dunha mensualidade e de trinta días para o persoal que teña asignado xornal diario.

Os conceptos salariais que integran estas pagas serán os mesmos cós das pagas extraordinarias regulamentarias.

Para ter dereito a percibi-lo importe destas pagas extraordinarias será necesario estar ó servicio da

empresa con doce meses de antelación consecutivos na data de facerse efectivas cada unha delas. En caso contrario, serán aboadas por doceavas partes, computándose como meses completos as fraccións residuais inferiores a trinta días.

2. Percepcións non salariais.

2.2. Axuda ó transporte.

Establécese unha axuda ó transporte de 347 ptas. durante o ano 2000 para tódalas categorías laborais, por cada día efectivamente traballado con independencia da duración da xornada.

Artigo 6º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que por necesidades da industria e por orde da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impida efectuar comida ou pernoitar no seu domicilio, percibirán desde o 1 de xaneiro de 2000 as seguintes cantidades:

XantarCea

Delegados e xefes 2ª2.7002.065

Inspectores vendas2.2612.024

Conductores e mecánicos1.7011.521

Para tódalas categorías a empresa aboará ata 6.032 pesetas/día para 2000 por concepto de aloxamento e almorzo logo de presentación da factura correspondente.

Anualmente procederase á revisión destas axudas de custo.

Artigo 7º.-Quilometraxe en vehículo propio.

O seu importe calcularase segundo a seguinte fórmula:

Valor combustible gasolina súper x 0,27 = pesetas/quilómetro.

Trimestralmente farase unha revisión do importe obtido na anterior fórmula.

Artigo 8º.-Traballo de categoría laboral superior.

O traballador que durante catro meses continuos ou oito descontinuos dentro de dous anos realice traballos de superior categoría, será ascendido automaticamente á dita categoría.

Exceptúase do disposto anteriormente, se a realización do dito traballo de categoría superior se debe a incapacidade laboral transitoria do titular, neste caso só se terá dereito ó cobramento da diferencia do salario, e sempre que o substituído se incorpore ó seu anterior posto de traballo.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral efectuarase de luns a venres, con 40 horas de presencia, 38,75 horas de traballo efectivo e 15 minutos diarios de descanso.

Artigo 10º.-Exclusións da xornada normal de traballo.

1. No caso dos traballadores con actividades que consistan en poñer en marcha ou pecha-lo traballo dos demais, observarase o disposto nas vixentes disposicións sobre xornada.

2. Os inspectores comerciais (venda e repartición), mentres estean adscritos a estes servicios, quedarán exceptuados do réxime de xornada normal, en virtude das compensacións económicas pactadas coa empresa e denominadas comisións e premios por cumprimento de obxectivos co que entre outros conceptos se compensan as características propias dos servicios desta categoría.

Artigo 11º.-Vacacións.

A) Dereito a vacacións.

Tódolos traballadores sen distinción de grupo ou categoría profesional terán dereito a desfrutar anualmente un período de vacacións retribuídas de vintetrés días laborables.

Para adquiri-lo dereito de desfrute deberase ter traballado durante un ano na empresa. En caso contrario, desfrutarase en proporción ó tempo traballado. A incapacidade laboral transitoria non privará do dereito ó desfrute das vacacións agás que caducase por transcurso do ano.

Os traballadores terán dereito ó desfrute de cinco días de permiso anuais con cargo ás súas vacacións para realizar xestións particulares, condicionándose a súa concesión ós seguintes requisitos:

1. Solicitar con antelación de corenta e oito horas, polo menos, expresando a súa causa. A dirección poderá esixi-la xustificación do motivo alegado.

2. Que non exista coincidencia de solicitudes nunha mesma unidade que obrigue a empresa á contratación de persoal para cubri-las ausencias ou a realización de horas extraordinarias.

No non previsto neste punto, observarase o disposto polo Estatuto dos traballadores.

B) Bolsa de vacacións.

En concepto de bolsa de vacacións aboaranse 16.152 pesetas para o ano 2000 a quen as desfrute na súa totalidade fóra dos meses de xuño a setembro, ámbolos dous incluídos. Agás acordo en contrario o pagamento efectuarase ó inicia-las vacacións.

Artigo 12º.-Licencias con soldo.

A empresa concederá licencias con soldo ós seus traballadores nos casos seguintes e coa duración que se indica:

a) 18 días naturais en caso de matrimonio do traballador.

b) 3 días por nacemento dun fillo, se concorrese enfermidade grave de cónxuxe ou fillo nacido, elevarase a 6 días.

c) 2 días por defunción de pais ou pais políticos.

d) 2 días por defunción de avós, netos, irmáns, irmáns políticos, avós políticos e fillos políticos.

1 día por defunción de tío, tío político ou sobriño.

e) 4 días por defunción de cónxuxe ou fillos do traballador.

f) 2 días por traslado de domicilio habitual.

g) 3 días por operación cirúrxica maior ou enfermidade grave de cónxuxe, fillos ou pais.

h) 2 días por operación cirúrxica maior ou enfermidade grave de netos ou irmáns.

1 día por operación cirúrxica maior ou enfermidade grave de pais políticos, irmáns políticos e fillos políticos.

i) 1 día por matrimonio de pais, fillos, irmáns ou irmáns políticos do traballador.

j) En caso de falecemento do cónxuxe do traballador con fillos menores de idade, poderá desfrutar dunha licencia de ata 30 días naturais de permiso con reserva do posto de traballo e axuda de metade de salario, contados desde a data do falecemento.

k) Polo tempo indispensable cando os traballadores teñan que atender algún asunto de carácter público, imposto pola lei ou disposición administrativa.

l) Polo tempo necesario nos casos de asistencia do traballador a consulta dos médicos de cabeceira ou especialistas da Seguridade Social, cando coincida o horario de consulta co de traballo, debendo presenta-lo xustificante de asistencia ó médico de cabeceira e volante xustificativo para asistencia ó médico especialista, se é o caso.

m) Cando un traballador se vexa na necesidade de acudir dentro da localidade ós servicios da medicina privada, sempre que estes servicios non estean cubertos pola Seguridade Social. A empresa considerará esta situación como licencia retribuída polo tempo necesario.

Así mesmo, recoñeceráselle a paternidade ou maternidade do feito suficientemente documentado haxa ou non vínculo matrimonial.

Para o cómputo de xornada anual estas licencias computaranse como tempo de traballo.

O desfrute dos anteriores permisos entenderase con dereito a percibi-las retribucións correspondentes ós conceptos de salario base, complemento de antigüidade, complemento de categoría e complemento variable.

En todo caso, enténdese que os días ós que se fai referencia neste artigo son días naturais. Se a provincia en que suceden os feitos que dan orixe ás licencias anteriormente mencionadas non fose a mesma onde reside habitualmente o productor, os prazos anteriores poderanse ampliar ata tres días máis en cada caso.

O traballador estará obrigado a presentar documentos ou xustificantes legais ou médicos que acrediten a existencia das circunstancias alegadas para a obtención das anteriores licencias.

Capítulo III

Ingresos, vacantes e ascensos

Artigo 13º.-Ingresos.

Para ingresar na empresa será necesario, á parte do que se dispón nas leis vixentes en materia de contratación, cumpri-los seguintes requisitos:

a) Solicita-lo ingreso mediante formulario establecido ó respecto.

b) Someterse a exame médico e probas psicotécnicas ou profesionais, que a empresa considere con

veniente, de acordo coa categoría e clase de traballo que se vai desempeñar.

c) Presenta-los documentos requiridos pola empresa, unha vez superadas satisfactoriamente tódalas probas.

Para aquelas categorías ou postos que se cubran con persoal de novo ingreso, e sempre que se cumpran as esixencias legais e os requisitos necesarios, terán preferencia en igualdade de condicións de aptitude os fillos do persoal en activo, xubilado ou falecido.

O/Os delegados de persoal serán informados dos ingresos que se vaian producir.

Artigo 14º.-Ascensos.

1. Os postos vacantes por calquera causa e os de nova creación que se produzan na empresa, cubriranse da seguinte forma:

1.1. Por libre designación absoluta da dirección da empresa: cargos representativos ou de mando (agás os indicados no punto 1.2 deste mesmo artigo), así como subalternos, secretarios, caixeiros e apoderados.

1.2. Por libre designación da dirección dentro do persoal da empresa: xefes de 1ª técnicos, administrativos e comercial, xefe de 2ª técnicos, administrativos e comercial e inspectores comerciais.

1.3. As vacantes existentes nas categorías laborais non mencionadas neste artigo serán provistas mediante proba de aptitude, á que poderán concorrer tódolos productores fixos da empresa.

2. Se as vacantes relativas a tódalas categorías e postos de traballo numerados neste artigo non se cubrisen, a dirección poderá decidir convocalas entre persoas alleas á empresa.

Artigo 15º.-Axuda para fillos minusválidos.

Establécese unha axuda de 15.076 ptas. mensuais para cada fillo minusválido ou diminuído fisicamente.

Para a percepción desta axuda será preciso presenta-los xustificantes necesarios da percepción da pensión correspondente da Seguridade Social.

Artigo 16º.-Préstamos.

O persoal fixo poderá solicitar préstamos cando concorran circunstancias de especial necesidade que deberán ser probadas cando así o esixa a dirección, contestando esta dentro do prazo dun mes a partir da data de solicitude.

Para a súa concesión será preceptivo o informe previo do/dos delegados de persoal.

Os ditos préstamos estarán regulados segundo as seguintes normas:

1. Fondo para préstamos: 1.000.000 de pesetas.

2. O xuro do préstamo será o legalmente establecido polo Banco de España no momento da súa concesión.

3. O prazo máximo de devolución do préstamo será dun ano natural a partir da súa concesión e frac

cionarase entre as mensualidades e pagas extras abranguidas dentro do dito ano.

4. Establécese un límite máximo de 200.000 ptas. por persoa.

Artigo 17º.-Axuda por incapacidade transitoria.

a) Os productores que causen baixa por enfermidade, logo de xustificación desta, expedida polo facultativo que o asista e co visto e prace do médico da empresa, terá garantido desde o primeiro día o 100% dos conceptos que compoñen o cálculo para axuda por IT e que na alínea c) se citan, sempre que o absentismo producido na empresa por enfermidade, desde o 1 de xaneiro ata o final do mes anterior ó de producirse a baixa, non exceda do 2,5%, mentres lle corresponda percibi-la indemnización económica por enfermidade.

En caso de que o absentismo producido sexa superior ó 2,5% terán garantido desde o primeiro día o 90% dos conceptos que compoñen o cálculo para axuda por IT, mentres lle corresponda percibi-la indemnización económica por enfermidade.

b) En caso de incapacidade transitoria por accidente de traballo, a empresa garantiralle ó traballador o 100% dos conceptos que compoñen o cálculo para axuda por IT, mentres lle corresponda indemnización por accidente de traballo.

En caso de baixa por IT durante o período de vacacións anuais, o traballador percibirá o importe que aboe a Seguridade Social por este concepto á empresa, exclusivamente durante os días abranguidos no período vacacional.

c) Conceptos salariais que computarán para o cálculo de axuda en IT:

Salario base, antigüidade, complemento de categoría, complemento variable, complemento de convenio, complemento quenda total e complemento de prolongación de xornada.

Artigo 18º.-Premios por anos de servicio.

Ó persoal que ó cumprir 20, 25, 30, 35 e 40 anos de servicio ininterrompidos á empresa a partir do 1 de xaneiro de 2000 concederáselle un premio que se aboará no mesmo mes que cumpra os anos de servicio e a súa contía será:

2000:

a) Ós 20 anos de servicio: 80.761 pesetas.

b) Ós 25 anos de servicio: 91.529 pesetas.

c) Ós 30 anos de servicio: 107.681 pesetas.

d) Ós 35 anos de servicio: 107.681 pesetas.

e) Ós 40 anos de servicio: 107.681 pesetas.

Artigo 19º.-Axuda para gastos por falecemento.

En caso de falecemento dun traballador, independentemente da liquidación de haberes que legalmente corresponda ós seus habentes dereito, a empresa aboaralles a estes unha axuda para gastos de enterro de 80.761 pesetas para o ano 2000.

Considérase habentes dereito, para efectos de percibi-la axuda que se establece, as seguintes persoas

e na seguinte orde: viúva, descendentes matrimoniais e extramatrimoniais, xa sexan naturais ou adoptivos, irmáns e ascendentes en primeiro grao.

Esta percepción substitúe ás que estivesen establecidas por este concepto por disposición legal.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

1. Ós traballadores das seccións onde exista humidade e temperaturas extremas proporcionaráselles calzado e roupa adecuada ás súas condicións de traballo, nas diferentes estacións climatolóxicas do ano.

2. Os demais traballadores fixos serán provistos de dúas fundas ó ano. Os traballadores con contrato temporal serán provistos do equipo adecuado para as funcións que realice, en función do tempo de alta na empresa.

3. A empresa facilitará dous uniformes, un de inverno e outro de verán, cada dous anos, ó persoal de comercialización e mecánicos de grupos.

Artigo 21º.-Servicio militar.

Durante a permanencia no servicio militar percibiranse as pagas extraordinarias regulamentarias establecidas polo presente convenio.

Capítulo IV

Acción sindical

Artigo 22º.-Delegados de persoal.

En todo o referente a funcións, garantías, etc. dos delegados de persoal, observarase o disposto pola lexislación vixente.

Disposición derradeira

Primeira.-En todos aqueles aspectos non determinados concretamente no presente convenio, que se aplicará nos seus propios termos aplicarase o disposto nas normas legais de carácter xeral e na ordenanza laboral da industria cervexeira, que se manterá na súa plena vixencia, en todas aquelas materia que non se opoñan ó estipulado no convenio, ou non fosen derrogadas por el.

Segunda.-En cumprimento do pactado no punto 5 da acta de preacordo sobre negociación colectiva e emprego no Grupo Cruzcampo, S.A., asinado con data do 16 de marzo de 1999 en Madrid e ratificado pola representación legal dos traballadores do ámbito deste convenio colectivo, e conforme co expresado na acta de compromiso de constitución do comité intercentros do 22 de xullo de 1998, ámbalas partes acordan constituí-lo comité intercentros do Grupo Cruzcampo, S.A., ó que se adhire a representación social, coas funcións e competencias que se determinan no regulamente que se xunta como anexo.

Terceira.-Conforme o expresado na acta de preacordo asinada en Madrid o 16 de marzo de 1999, referente a negociación colectiva e emprego, unha vez ratificado polos comités de empresa e delegados de persoal de Grupo Cruzcampo, S.A. e elevado a acordo definitivo, inclúese neste convenio colectivo

integramente como anexo, para os efectos de incorporación, aceptándoo na súa integridade.

Cuarta.-Conforme o expresado na acta do acordo asinado en Sevilla o 28 de xullo de 2000, referente

ó acordo colectivo do ano 2000 para Grupo Cruzcampo, S.A., inclúese neste convenio colectivo integramente como anexo, para os efectos de incorporación, aceptándoo na súa integridade.

ANEXO I

Convenio 2000

Esc.CategoríaPtas. mes/día

salario base

Ptas. día

prima rendemento

Ptas. mes/día

complemento categoría

H. extra

normal

H. extra

festivo

2,5T.G.S.212.8111.22345.5144.0105.156

2,2T.G.M.187.7931.07743.8643.6214.655

1,9Xefe 1ª162.77493042.2143.2314.155

1,7Xefe 2ª141.92181835.9442.9073.738

1,5Oficial 1ª, A-T-C129.42881827.6952.7133.488

1,3Oficial 2ª, A-T-C112.73870626.5942.4533.154

1,1Auxiliar, A-T-C96.05065525.4942.1942.820

1,7Insp. com. 1ª141.92181028.5182.9073.738

1,4Insp. com. 2ª121.06768927.1432.5833.321

1,3Sub. xefe eq.112.73870633.0302.4533.154

1,2Subalterno 1ª104.40967226.0452.3242.987

1,1Subalterno 2ª96.05065525.4942.1942.820

1,5Oficial 1ª x. eq.4.2707411.1262.7133.488

1,3Oficial 1ª3.7196378772.4533.154

1,2Oficial 2ª3.4445868592.3242.987

1,1Axudante3.1695438412.1942.820

1,1Auxiliar 1ª3.0315178322.1292.737

1,0Auxiliar 2ª2.8944918232.0642.654

ANEXO II

Convenio 2000

Complemento variable

Antigüidade

Categorías051015202530354045505560

T.G. superior49.35751.07252.78354.50056.21557.90659.58861.25862.95464.54066.36168.07769.794

T.G. medio44.12445.62647.12148.63050.12251.60453.06954.53656.01957.50358.99560.50061.998

Xefe 1ª39.27740.57141.87243.16344.45945.73447.00648.27149.55450.83252.12453.69254.719

Xefe 2ª33.72834.85235.97937.10238.22339.33540.43541.53642.64743.75544.88146.00547.134

Oficial 1ª, A-T-C30.47831.50132.52133.53834.56435.57436.56937.57238.57639.58840.61441.63442.650

Oficial 2ª, A-T-C27.07527.95528.84429.73230.61431.49332.35433.22134.09534.97235.85736.73637.628

Auxiliar, A-T-C24.84725.37125.89626.64427.39128.13428.86129.59430.33831.06831.82732.57333.321

Insp. cial. 1ª33.03334.15435.28236.40337.53238.63539.73840.83441.95243.06344.18245.30846.432

Insp. cial. 2ª28.81029.75530.71831.66732.63233.56634.49835.42636.37437.31438.26739.22640.176

Subalt. x. eq.24.78925.72126.64027.56428.48729.40130.30031.21032.11633.02733.95034.87535.799

Subalt. 1ª22.33123.20524.08224.95425.82326.69327.54628.40129.07430.13231.00131.88232.759

Subalt. 2ª20.91021.69222.47623.25924.04124.81525.58526.37127.12727.90028.68829.46730.253

Oficial 1ª x. eq.9269629981.0341.0711.1071.1421.1781.2131.2491.2861.3291.358

Oficial 1ª7988308618939249569871.0181.0491.0801.1121.1431.175

Oficial 2ª7407697988278568859139429709991.0281.0571.086

Axudante6937197457717978238548749009269529781.004

Auxiliar 1ª665690715739764788813837861886910935960

Auxiliar 2ª660677694718741764787810833856879902926

ANEXO III

Cadro de horario

Persoal de administración:

De luns a venres, das 8 ás 13 e das 15 ás 18 horas.

Persoal de almacén e carreteiros:

Quenda (a): de luns a venres: das 6 ás 14 horas.

Quenda (b): de luns a venres: das 14 ás 22 horas.

Quenda (c): de luns a venres: das 8 ás 13 e das 15 ás 18 horas.

Persoal de grupos:

De luns a venres: das 8 ás 13 e das 15 ás 18 horas.