Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.134

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro S.C.L. de Ourense.

Visto o texto da acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro S.C.L. de Ourense (código de convenio 3200772-publicado no BOP número 74, do 30-3-2000), no que se acorda o incremento salarial para o período comprendido entre o 1-9-2000 e o 31-8-2001, con entrada nesta delegación provincial o día 29-11-2000, subscrito pola comisión paritaria o día 22-11-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981 do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no rexistro de convenios desta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidadade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 5 de decembro de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo da Cooperativa Vitivínicola do Ribeiro S.C.L.

Asistentes :

Pola parte empresarial:

Argimiro Levoso Touceda.

Pola parte social:

Cesáreo Davila Álvarez.

Beatriz García Hermida.

Jorge Barciela Fernández.

Anxo Pérez Carballo (asesor da CIG).

En Ribadavia, e nos locais da empresa, sendo as 10 horas do 22 de novembro de 2000, reúnese a comisión paritaria do convenio, co fin de proceder a asina-la revisión salarial prevista no seu artigo terceiro.

Por unanimidade, acórdase que o incremento salarial para o período comprendido entre o 1-9-2000 e o 31-8-2001 será do 3,6%, agás nas categorías de oficial de terceira, oficial de segunda, administrativos de segunda e comercial autovenda, que será do 5,6%.

Xúntase e asínase a correspondente táboa salarial, de que a copia será exposa nos taboleiros de anuncios.

Así mesmo, acórdase que as oito horas que, segundo o artigo sétimo do convenio, corresponderían desfrutar repartidas entre o 24 e o 31 de decembro, se disfrutarán o 7 de decembro, polo que este día será de libranza pora tódolos efectos.

E sen máis asuntos que tratar, remata a reunión ás 10.30 horas do día arriba indicado.

Táboa convenio setembro 2000-agosto 2001

Categoría

Área

Función

Salario

base

%

alum.

Salario

base

B)ComercialXefe de vendas191.3483,6%198.236
AdministraciónXefe de administración191.3483,6%198.236
Atención ó socio191.3483,6%198.236
ProducciónEnólogo191.3483,6%198.236
Xefe de producción191.3483,6%198.236

D)ComercialInspector de vendas131.1113,6%135.831
AdministraciónXefe de contabilidade148.8313,6%154.189
TécnicaEncargado de bodega131.1113,6%135.831
Encargado de embotellado131.1113,6%135.831
Encargado de almacén131.1113,6%135.831
Encargado de mantemento131.1113,6%135.831
Encargado de producción148.8313,6%154.189

E)ComercialPromotor comercial106.3053,6%110.132
AdministraciónAdministrativo 1ª110.5583,6%114.538
TécnicaOficial 1ª105.0413,6%108.822

F)ComercialAutovenda98.5115,6%104.028
AdministraciónAdministrativo 2ª104.0485,6%109.875
TécnicaOficial 2ª99.2245,6%104.781

Categoría

Área

Función

Salario

base

%

alum.

Salario

base

G)ComercialAxudante de reparto96.2993,6%99.766
AdministraciónAuxiliar administrativo96.8063,6%100.291
TécnicaOficial 3ª96.2995,6%101.692

H)Comercial
Administración
TécnicaPeón90.4263,6%93.681
Limpeza90.4263,6%93.681
Axudante vendimia90.4263,6%93.681