Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución do expediente sancionador 18/2000, a Luis Corujo Pombo, María Jesús Pulido García e Luis León Rumbo.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente san

cionador 18/2000, seguido en virtude de denuncia formulada por María Jesús Pulido García e Luis León Rumbo, contra Luis Corujo Pombo, finalizando este trámite con resolución do expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses. O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 18/2000.

Vista as actuacións practicadas no expediente sancionador número 18/2000, en virtude de denuncia formulada por Luis León Rumbo e Mª Jesús Pulido García tramitado contra Luis Corujo Pombo, por infracción o réxime legal de vivendas de protección oficial de promoción pública, tendo en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

1. En data 5 de abril de 2000, dictouse acordo de iniciación de procedemento sancionador baixo o número 18/2000, polo que se lle imputaban a Luis Corujo Pombo, a comisión dunha infracción administrativa do artigo 5, letra C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, con base nos seguintes feitos:

a) Que Luis Corujo Pombo resultou ser adxudicatario da vivenda baixo C, do edificio sito na rúa Vila, 84 de S. Cosme de Barreiros (Lugo), construído baixo o expediente LU-83/030.

b) Que con data 10 e 16 de novembro e 13 de decembro de 1999, realizáronse visitas de inspección á vivenda adxudicada constatando segundo se reflicte nas actas de inspección números 28/1999, 46/1999 e 61/1999, que a vivenda arriba sinalada está desocupada segundo manifestan os veciños.

c) Da información proporcionada por BEGASA resulta:

-Que nos últimos 12 meses o consumo de electricidade no dito domicilio é practicamente nulo.

-Que non existen lecturas de consumo de auga, así como informe socioeconómico da asistencia social do Concello de Barreiros por non ser proporcionados os ditos datos polo aludido concello a pesar de que foi solicitado informe ó respecto.

d) Que polo mesmo motivo de falta de ocupación habitual da vivenda da que é adxudicatario, seguiuse expediente sancionador nº 9/1997, o cal finalizou con resolución pola que se viña por impoñer a Luis Corujo Pombo unha sanción consistente en multa de 100.001 pesetas a cal adquiriu estado de firmeza.

2. Que con data 18 de xullo de 2000, o órgano instructor dictou proposta de resolución, na que se propoñía a imposición a Luis Corujo Pombo unha sanción de 500.000 pesetas de multa. O referido acordo foi notificado ó denunciado mediante publicación no Diario Oficial de Galicia de data 21 de novembro de 2000.

Concedido prazo de 15 días a denunciante e denunciado, para formular alegacións, ningunha das partes intervenientes fixo uso dese dereito.

Feitos probados.

Da práctica dos medios probatorios derívanse os seguintes feitos probados:

Único.-Que Luis Corujo Pombo incumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente, e como probas do dito incumprimento constan as actas de inspección levadas a cabo os días 10 e 16 de novembro e 13 de decembro de 1999 por funcionarios do Servicio de Inspección e Sancións do IGVS e por informe de BEGASA no que acredita que o consumo de electricidade en dito domicilio é practicamente nulo.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, de 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996 de 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada encóntrase tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, de 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses e, en tal sentido o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define no seu artigo 3 que se entende por domicilio habitual e permanente, e do mesmo despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e outro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena

industria doméstica, anque sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Que as manifestacións realizadas polo inculpado non desvirtúan a acusación realizada, e o fundamento da imputación, por canto que loxicamente a obriga de ocupa-las vivendas de modo permanente e habitual acentúase nas vivendas de promoción pública, xa que se constrúen integramente con diñeiro público.

As circunstancias acreditadas a través do labor inspector e polo informe de electricidade de BEGASA, son máis que suficientes para constatar que a vivenda non foi destinada a domicilio habitual e permanente.

4. Que o artigo 7.1.b) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda sanciona con multa de 100.001 pesetas ata 500.000 pese

tas as infraccións cualificadas como graves sen prexuízo da adopción de medidas de execución forzosa recollidas no artigo 96 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e capítulo III da Lei 13/1996, de 30 de decembro, autorizándose en calquera caso a Administración a impoñer multas coercitivas encamiñadas a consegui-lo cumprimento das resolucións recaídas en expediente sancionador.

Visto os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Sancionar a Luis Corujo Pombo como autor dunha infracción cualificada como grave no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, cunha multa de 250.000 pesetas polo incumprimento da obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente.

Contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común diante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 18 de decembro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo