Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación do inicio do expediente sancionador 51/2000, a Jesús Fernández Varela.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 51/2000, seguido de oficio, contra Jesús Fernández Varela, finalizando este trámite con acordo de inicio de expediente sancionador por dedica-la vivenda de promoción pública adxudicada a alugamento. Expediente LU-83/080, conta 48.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo de inicio do expediente sancionador 51/2000.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con datas 10 de novembro de 2000, realizouse visita de inspección á vivenda 3º C do edificio nº 1 da rúa Aquilino Iglesia Alvariño de Lugo, acollido ó réxime de vivendas de promoción pública baixo o número LU-83/080, resultando dela que na vivenda non reside o propietario Jesús Fernández Varela e na que viven Carmen González Grifón e o seu marido Leonardo Pena Fernández en réxime de alugamento.

2. O artigo 5º, punto B e C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que a dedicación das vivendas de protección oficial a usos non autorizados ou a alteración do réxime de uso delas, establecido na cédula de cualificación definitiva e o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses, constitúe una infracción grave.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993 do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegaren tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación do presente acordo para achega-los documentos ou

informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada na letra e, 6 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda da que aparece como presunto responsable Jesús Fernández Varela, podendo corresponder unha sanción de 100.001 a 500.000 pesetas de multa, sen prexuízo do que resulte da tramitación do presente procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación

ACORDA:

1. Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra Jesús Fernández Varela, como presunto responsable dos feitos sinalados.

2. Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Ángel Negrete Rico, inspector da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

3. Conceder un prazo de quince días para que os interesados acheguen cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes, e, de selo caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníquese o presente acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíquese ó interesado, entendendo en todo caso como tal ó inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 14 de novembro de 2000.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo