Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 10 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución de expediente sancionador 10/2000, a Manuel Piñeiro Muñoz.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 10/2000, seguido de oficio, contra Manuel Piñeiro Muñoz, finalizando este trámite con resolución de expediente sancionador por dedica-la vivenda de promoción pública adxudicada a alugamento. Expediente LU-81/010, conta 85.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 10/2000.

Vistas as actuacións practicadas no expediente sancionador número 10/2000, tramitado contra Manuel Piñeiro Muñoz, por infracción ó réxime legal de vivendas de protección oficial de promoción pública, tendo en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

1. En data 9 de marzo de 2000, dictouse acordo de iniciación de procedemento sancionador baixo o número 10/2000, polo que se lle imputaban a Manuel Piñeiro Muñoz, a comisión dunha infracción administrativa do artigo 5º punto C, da Lei 13/1996, de 30 de decembro, en base os seguintes feitos:

a) Que Manuel Piñeiro Muñoz resultou ser adxudicatario da vivenda 2º A, do edificio sito na rúa Aviación Española, 2 desta cidade de Lugo, construído baixo o expediente LU-81/010.

b) Que con data 28 de febreiro de 2000, 29 de febreiro de 2000 e 3 de marzo de 2000, realizáronse visitas de inspección á vivenda adxudicada, actas números 1/2000, 2/2000 e 3/2000, resultando delas que na vivenda non reside o adxudicatario Manuel Piñeiro Muñoz e na que viven dous estudiantes.

2. Que con data 18 de setembro de 2000, o órgano instructor dictou proposta de resolución que foi notificada ó denunciado o 22 do mesmo mes e ano, na que se propoñía a imposición a Manuel Piñeiro Muñoz unha sanción de 250.000 pesetas de multa.

3. Que dentro do prazo establecido presentáronse con data 2 de outubro de 2000, escrito de alegacións, no que se manifestou que o denunciado e a súa familia destina a vivenda en cuestión a domicilio habitual e permanente e que por razóns de enfermidade grave da súa sogra, ten que ausentarse bastantes días da vivenda pero sempre de forma descontinua e nunca superior a tres meses e que os dous estudiantes que residían na vivenda no momento das inspeccións eran a prima da súa muller e a súa filla.

4. Que co escrito de alegacións Manuel Piñeiro Muñoz acompaña documentación mediante a que acredita a grave enfermidade de Milagros Díaz Neira.

Feito probado.

Da práctica dos medios probatorios derívanse os seguintes feitos probados:

Único.-Que Manuel Piñeiro Muñoz non incumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente, xustificando a súa ocupación mediante as alegacións e documentación unida a estas.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada encóntrase tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses e, en tal sentido o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define no seu artigo 3 que se entende por domicilio habitual e permanente, e del despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e outro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena industria

doméstica, anque sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Que xustificou plenamente a ocupación da vivenda de promoción pública que lle foi adxudicada mediante as alegacións presentadas e a documentación unida a elas.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, de 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Sobreser o expediente sancionador 10/2000, incoado a Manuel Piñeiro Muñoz, ordenando o arquivo das actuacións.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común diante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 10 de novembro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo