Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio ambiental do parque eólico de Larouco, o proxecto de execución das instalacións que comprende e o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do dito parque eólico que se vai desenvolver, conforme o sinalado no proxecto presentado, nos concellos de Baltar, Cualedro e Xinzo de Limia. (Expediente IN661A 00/5-3 A.T.).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada por Iberdrola Diversificación, S.A. de: autorización administrativa e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto modificado de execución e do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudio ambiental do parque eólico de Larouco.

Lexislación aplicable para os efectos anteriores: Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia; Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e supletoriamente os decretos 2617/1966 e 2619/1966, ámbolos do 20 de outubro, respectivamente de autorización e de expropiación e sancións en materia de instalacións eléctricas; Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; decretos 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia e 337/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

2. Características básicas do proxecto modificado.

a) Peticionario: Iberdrola Diversificación, S.A.

b) Enderezo social: r/ Iparaguirre nº 6-12, Bilbao (Biscaia).

c) Denominación: Parque Eólico de Larouco.

d) Situación: concellos de Baltar, Cualedro e Xinzo de Limia (Ourense).

Coordenadas poligonais en unidades UTM:

Punto 1 (608000, 4641000); punto 2 (609000, 4640000); punto 3 (613500, 4645500); punto 4 (612500, 4646000).

e) Finalidade: producción de enerxía eléctrica a partir da enerxía eólica.

f) Datos técnicos:

-Conxunto de 49 aeroxeradores de 850 kW/u, que suman unha potencia bruta total de 41,65 MW.

-Interconexión dos aeroxeradores con catro circuítos eléctricos a 20 kV, independentes entre si, de 10,2 MW (aeroxeradores 1 ó 12); 10,2 MW (aerox. 13 ó 24); 10,2 MW (aerox. 25 ó 36); 11,05 MW (aerox. 37 ó 49).

-C.T. que se instalarán en cada aeroxerador de 1.000 kVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Subestación transformadora. Equipada con transformador principal trifásico 132/20 kV de 55 MVA e cos elementos de manobra, medida e protección necesarios.

-Sistemas de control e supervisión.

g) Orzamento: 4.769.627.944 ptas.

3. Urxente ocupación. O peticionario, ó abeiro do titulo IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita así mesmo a declaración de utilidade pública das instalacións, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados os cales se describen na relación adxunta, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Estudio ambiental. O estudio ambiental do parque eólico sométese a información pública en aplicación da normativa indicada no punto 1 e pode ser examinado nas dependencias seguintes: Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais en Ourense das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente e nos concellos afectados.

5. Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. Ten por obxecto realiza-la ordenación do territorio do parque eólico, que se inclúe dentro da área de investigación denominada Serra do Larouco correspondente ó Plan Eólico Estratéxico de Iberdrola, delimitado no Plan Sectorial Eólico de Galicia e que afecta os concellos de Baltar, Cualedro e Xinzo de Limia, na provincia de Ourense.

6. Alegacións. Os interesados e os seus representantes poden examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, tamén nos organismos citados no punto 4 no que respecta ó estudio ambiental, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 15 de xaneiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de bens e dereitos afectados-parque eólico Larouco

Parcelas proxectoPropietariosAfección

CatastroLugarCultivoNome e apelidosEnderezoSuperficie (m)

Termo municipal de Baltar (Ourense)

1Serra de LaroucoM. baixo e

piñeiros

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Serra de Larouco.Baltar. 32632-Baltar (Ourense)107.430

2Serra de Larouco

e Poulas do Medio

M. baixo e

piñeiros

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Serra de Larouco e Poulas do Medio.Niñodaguia. 32632-Baltar (Ourense)102.556

Termo municipal de Cualedro (Ourense)

1Da XirondaM. baixo e

piñeiros

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Xironda.A Xironda. 32688-Cualedro

(Ourense)

124.988

2De PedrosaMonte baixoComunidade de Montes Veciñais en Man Común da Pedrosa.A Pedrosa. 32688-Cualedro

(Ourense)

173.155

3De SacedaMonte baixoComunidade de Montes Veciñais en Man Común da Saceda.A Saceda. 32688-Cualedro

(Ourense)

32.334

4Serra de LaroucoMonte baixoComunidade de Montes Veciñais en Man Común da Serra de Larouco, Serra de Sandín e Lamas.Lucenza. 32688-Cualedro

(Ourense)

112.246

Termo municipal de Xinzo de Limia (Ourense)

1De GudínMonte baixoVeciños de Gudín.Gudín. 32637-Xinzo de Limia

(Ourense)

118.380