Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia a concorrencia pública para a formalización dun convenio de asociación e dun contrato administrativo de servicios cunha mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.

En cumprimento do disposto nos artigos 196.3º e 208 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo, publícase o seguinte anuncio de concurrencia pública para a formalización dun convenio de asociación e dun contrato administrativo de servicios cunha mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 1/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: formalización dun convenio de asociación e dun contrato administrativo de servicios cunha mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo de duración: dous anos, iniciando a súa vixencia na data do seu asinamento e prorrogaranse tacitamente por dous anos máis, agás denuncia de calquera das partes formulada cun mes de antelación á data do seu vencemento.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Forma: concurso restrinxido a mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

4. Orzamento base de licitación: para o convenio de asociación, as cotas pagadas á Seguridade Social e correspondentes por este concepto; para o contrato, o custo máximo será de 4.000.000 de pesetas anuais máis o IVE.

5. Garantías.

Definitiva: 160.000 pesetas (961,62 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG nº 661, do 3 de xaneiro de 2001).

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 55 13 00.

e) Telefax: 981 55 14 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse e formula-las conseguintes propostas, con suxeición ás cláusulas do prego, as mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social que estean dadas de alta no Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, que estean autorizadas para actuar na totalidade do territorio nacional na data de terminación do prazo de presentación de proposicións e que dispoñan de acreditación definitiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e sen limitacións para actuar como servicio de prevención alleo para a súas empresas asociadas no momento do peche da convocatoria.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós catorce días hábiles, contados a partir da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a citada no prego de cláusulas administrativas particulares (BOPG nº 661, do 3 de xaneiro de 2001).

c) Lugar de presentación: rexistro do Parlamento de Galicia.

1. Entidade: Parlamento de Galicia.

2. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): dous meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o oitavo día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: no prego de cláusulas administrativas depositado no rexistro xeral do Parlamento e publicados no BOPG nº 661, do 3 de xaneiro de 2001.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2001.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia