Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 2 de xaneiro de 2001 polo que se anuncia exposición ó público da modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Begonte.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día vinteoito de decembro pasado, a modificación do Plan parcial do parque empresarial de Begonte, na zona detallada nos planos

que se atopan no proxecto redactado pola empresa Idasa (Ingeniería del Atlántico, S.A.), sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG, durante o cal poderá ser examinado na secretaria do concello para formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas por dous anos as licencias de parcelación de terreos, edificacións e demolicións no ámbito territorial comprendido na devandita zona, por supoñe-las novas determinacións modificacións do réxime urbanístico vixente. A suspensión extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación do plan.

Begonte, 2 de xaneiro de 2001.

José Pena Rábade

Alcalde