Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Paxareiras II-B (Adraño). (Expediente 22/1999).

Examinado o expediente instruído por instancias de Eurovento, S.L. Unipersonal, con enderezo para efectos de notificacións en rúa Varsovia 4-C, 5ª planta. Área Central-As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Paxareiras II-B (Adraño); resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 24 de marzo de 2000, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de efectos ambientais e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Paxareiras II-B (Adraño), de 21,6 MW, achegando a documentación establecida para efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 4 de maio de 2000, publicada, no diario El Ideal Gallego do 18 de maio, no DOG do 22 de maio, no BOP da Coruña do 29 de maio e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Carnota e Mazaricos.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Terceiro.-O 10 de outubro de 2000, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Paxareiras II B

(Adraño)

Carnota e Mazaricos (A Coruña)XY
0.493.0264.748.924
0.493.3264.748.793
0.493.5834.748.421
0.493.9144.747.188
0.495.0004.746.000
0.495.4554.745.259
0.495.2714.745.087
0.493.7004.746.700
0.493.1504.748.500
0.492.9274.748.694

Nº de aeroxeradores: 36.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

Potencia total instalada: 21,6 MW.

Altura das torres: 35, 40 y 50 metros.

Diámetro das pas: 44 metros.

Producción neta anual estimada: 66.462 MWh.

Investimento previsto: 2.681.304.292 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-15 centros de transformación de 2.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, que conectarán os aeroxeradores entre si en grupos de dous ou tres, e a correspondente paramenta de seccionamiento, manobra e protección.

-Liñas de evacuación de enerxía eléctrica en baixa tensión e media tensión (30 kV). A rede de baixa tensión comunica os aeroxeradores cos centros de transformación, mentres que a rede de 30 kV conecta os centros de transformación e entronca coa subestación transformadora de tensión 30/66 kV de Recarea, localizada en terreos do parque eólico Paxareiras I, que pertence á mesma empresa promotora, e do tendido aéreo a 66 kV existente que une as subestacións de Tambre e Pontella.

-Liñas subterráneas de comunicación entre os aeroxeradores e subestación transformadora, formadas por fibra óptica monomodo e multimodo de 4 e 12 fibras respectivamente.

Cuarto.-O 29 de novembro de 2000, José Manuel Pazo Paniagua, en nome y representación de Eurovento, S.L. Unipersonal solicitou a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos o fontes de enerxía renovables, residuos

e coxeración, do parque eólico denominado Paxareiras II-B (Adraño), de 21,6 MW, achegando a documentación establecida para o efecto no citado Real decreto 2818/1998.

Quinto.-O 26 de decembro de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo e Real decreto 2818/1998, de 23 de decembro xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autorizar a Eurovento, S.L. Unipersonal a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Paxareiras II-B (Adraño), nos concellos de Carnota e Mazaricos.

Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Recoñece-la condición de instalación acollida ó réxime especial, e incluíla no grupo b2 do artigo 2 de dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Eurovento, S.L. Unipersonal, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes a contar desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 53.626.086 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan haberán de realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun presuposto de 2.681.304.292 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección

xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Eurovento, S.L. Unipersonal, no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 23 de novembro de 1998, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria