Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico Álabe-Mareiro. (Expediente 060-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións e materia de instalacións eléctricas, artigo 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico Álabe-Mareiro.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A.

Praza do Ferrol, nº 6.

27001 Lugo.

Situación: concello de Ourol (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

X Y

IM1614.6534.824.657

IM2616.2404.823.826

IM3616.3144.824.423

IM4617.5594.824.286

IM5617.8504.824.051

IM6618.0894.823.323

IM7617.6894.822.868

IM8618.5774.821.842

IM9618.0004.821.400

IM10616.9854.822.790

IM11614.2074.824.345

Características técnicas do parque eólico:

Nº de aeroxeradores: 28.

Potencia nominal unitaria: 750 kW.

Potencia total instalada: 21 MW.

Tipo de aeroxerador: NEG-MICON NM750/44 y NM750/48.

Producción neta anual estimada: 56.723 MWh/ano.

Orzamento total: 2.818.963.580 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-28 aeroxeradores tipo NEG-MICON NM750/44 e NM750/48 e 750 kW de potencia nominal unitaria.

-28 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión soterradas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión.

-4 centros de recollida de media tensión para optimización de transporte de enerxía dotados cada un de transformador para servicios auxiliares e da súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión soterradas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Álabe-Mareiro, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións soterradas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso soterrado comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas soterradas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

P.E.: superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construcción, árbores, postos ou outros).

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante o prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas a este, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla 70 (27071-Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Álabe-Mareiro, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e Concello de Ourol, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas y do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, tentada a notificación non se puidese realizar.

Lugo, 17 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Parque eólico de Álabe-Mareiro

Termo municipal de Ourol

PREDIOPROPIETARIOAFECCIÓN m

NúmeroUsoLugarNomeEnderezoS.E.S.P.S.V.P.E.O.T.

1Monte baixoFraga da PichaTomás Hermida López

Mª Orlita Hermida Barro

Ronda das Mercedes, 37-Lugo

Cerdeiras-Miñotos-Ourol

3803103.118359

PREDIOPROPIETARIOAFECCIÓN m

NúmeroUsoLugarNomeEnderezoS.E.S.P.S.V.P.E.O.T.

2Monte baixoFraga da PichaTomás Hermida López

Mª Orlita Hermida Barro

Ronda das Mercedes, 37-Lugo

Cerdeiras-Miñotos-Ourol

6252.0431.0846.5141.285

36Monte baixoPedra ToxosaTomás Hermida López

Mª Orlita Hermida Barro

Ronda das Mercedes, 37-Lugo

Cerdeiras-Miñotos-Ourol

235629141.044352

42Monte baixoPedra ToxosaTomás Hermida López

Mª Orlita Hermida Barro

Ronda das Mercedes, 37-Lugo

Cerdeiras-Miñotos-Ourol

21195784112

3Monte baixoFraga da PichaSinesio Porto CostaRúa Grande, nº 126-1º, Celeiro-Viveiro1.59513663286

13Monte baixoMadriñánSinesio Porto CostaRúa Grande, nº 126-1º, Celeiro-Viveiro542651.791301

5Monte baixoPena D'AguaDescoñecido4.56119.7023.82924.87211.734

7Monte baixoCoto LeboreiroRamón Seijas OrolCorredoiras, nº 1, Miñotos-Ouros8911.7091.0116.8151.380

8Monte baixoMadriñánElías Basanta SanjurjoR/ Arquitecto Rey Pedreira, nº 6-3º dta.

15011 A Coruña

22120381.861246

9Monte baixoMadriñánJosé Antonio Fdez. PicoLeonte nº 7, Miñotos-Ouros78213927051

12Monte baixoMadriñánFrancisca Canto LópezZarza nº 1, Miñotos-Ourol37011835139

64Monte baixoFraga da PichaFrancisca Canto LópezZarza nº 1, Miñotos-Ourol32715627386714

14Monte baixoMadriñánMª Flora Sánchez FernándezR/ Lavandeira, 3-5º G, Lugo519137288

16Monte baixoMadriñánPlácido Cabana CasabellaMontalbán, nº 3, Vieiro-Viveiro1.621786

69Monte baixoLamoixadaPlácido Cabana CasabellaMontalbán, nº 3, Vieiro-Viveiro8844729243.536790

17Monte baixoMadriñánJosé Antonio Fernández PicoLeonte nº 7, Miñotos-Ourol1.420951

24Monte baixoPedrazaRaquel Ramos Rouco

Ramón Basanta Suárez

Rolando Rodríguez López

Porfirio López Pico

R/ Nicolás Cara nº 61, 1º D-Viveiro

R/ Pedroso, nº 2, A Coruña

R/ Rodrigo A. de Santiago de Compostela,

nº 4-5º dta., 15010 A Coruña

Leonte nº 1, Miñotos-Ourol

5.062

1.690

28Monte baixoPedrazaJosefa Ramil RúaCorredoiras nº 1, Miñotos-Ourol1.0729.3931.4288.3154.951

29Monte baixoPorto do PaoDaniel Costa Rouco

José Costa Rouco

Caxoto nº 9, Miñotos-Ourol

R/ Noia, 50-4º dta. 15007 A Coruña

8103.8278405.9782.429

31Monte baixoChao da Pena D'AguaDaniel Costa RoucoCaxoto nº 9, Miñotos-Ourol3.74712.6423.37223.1836.682

33Monte baixoCotomouroNorte Forestal, S.A (Norfor)R/ Paseo de Colón, 5-7, 36002 Pontevedra1.9394.1023.31024.7834.024

37Monte baixoPedra ToxosaJosé Luis Porto Martínez

Martina Martínez Fdez.

Cerdeiras-Miñotos-Ourol6801805661.413310

43Monte baixoPedra ToxosaJosé Luis Porto Martínez

Martina Martínez Fdez.

Cerdeiras-Miñotos-Ourol17158237623209

38Monte baixoPedra ToxosaDolores Veiga CaoR/ Misericordia, nº 79-Viveiro423351431.494193

39Monte baixoPedra ToxosaManuel Mosquera CoraPedregal, nº 22-1º-Covas-Viveiro362572225

41Monte baixoPedra ToxosaMª Carmen Fraga HermidaR/ Cabanas, 63-3º A, As Pontes-A Coruña1442291.054207

45Monte baixoPedra ToxosaSabina Rouco VeigaRúa Grande, nº 126, 1º, Celeiro-Viveiro48924786672173

46Monte baixoPedra ToxosaMaribel Mosquera CoraPedragal, nº 3-3º A, Covas-Viveiro136384222352

48Monte baixoPedra ToxosaDelia Fernández CalvoCasabella, nº 1, Miñotos-Ourol211.061481.787564

49Monte baixoPedra ToxosaAmadora Calvo BarroAvda. Benito Galceran, s/n, Viveiro3866022772.618535

50Monte baixoCoto de SinasDescoñecido3.99816.8225.01731.54810.117

57Monte baixoPena D'AguaManuel Costa PenaCafé restaurante La Chaumaz 1281

Ruffin-Xenebra (Suíza)

20798

59Monte baixoPena D'AguaDescoñecido747243