Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/283-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.A.T. desde sub. Lourizán a L.A.T. sub. Lourizán-sub. Sanxenxo.

Situación: Pontevedra e Poio.

Descricións técnicas: L.A.T. a 66 kV, subterránea, de 3.220 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a subestación de Lourizán ata o apoio nº 1 da L.A.T. sub. Lourizán a sub. Sanxenxo, situada nos concellos de Pontevedra e Poio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 29 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra