Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 362

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o período comprendido entre o 1 de abril de 2000 e o 31 de marzo de 2001 do convenio colectivo do sector de carpintería de ribeira da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial para o período comprendido entre o 1-4-2000 e o 31-3-2001

do convenio colectivo do sector de carpintería de ribeira da provincia da Coruña (código convenio nº 1500235), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-11-2000, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresas de Carpintería de Ribeira e, da parte social, por UGT, CIG e CC.OO. o día 7-6-2000, de conformidade co disposto no art. 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de novembro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Na Coruña, ás dezaoito horas do día 7 de xuño de 2000, nos locais da Asociación de Empresarios de Carpintería de Ribeira, sitos na Pza. de Mina, nº 1-3 esquerda da Coruña.

Áchanse presentes as dúas representacións das partes empresarial e social da comisión negociadora do convenio colectivo provincial de carpintería de ribeira da provincia da Coruña.

O motivo é dar cumprimento ó artigo 4 do convenio colectivo provincial e á disposición adicional primeira do convenio colectivo estatal no referente á revisión salarial para o ano 2000.

Acordan:

Incrementar tódolos conceptos económicos, con excepción da antigüidade, nun 3,5%, ó ser este o IPC oficial dos últimos doce meses.

Este incremento terá carácter retroactivo desde o 1 de abril de 2000.

Nestes termos queda aprobado por unanimidade o incremento do convenio colectivo referido ó sector de carpintería de ribeira da provincia da Coruña, que presentará calquera das partes coa sinatura dos compoñentes desta comisión, para a súa entrega e posterior rexistro na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Pola Asociación Empresarial de Carpintería de Ribeira:

Domingo Lago Martínez.

Eugenio Manuel Romero Senande.

Gerardo Triñanes Fernández.

Pola parte social:

Jesús Mª Calvo Romero (UGT).

Victorino Ares Prado (CIG).

Santiago Huertas Pozurama (CC.OO.).

Convenio colectivo provincial de carpintería

de Ribeira

(Período de 1-4-2000 ó 31-3-2001)

Mes Día

Encargado112.0253.683

Oficial de primeira107.6753.540

Oficial de segunda105.3633.464

Axudante 98.3983.235

Peón 96.4513.171

Complemento de transporte 15.759

Conceptos económicos de antigüidade

(xa integrados no salario base)

Encargado1.221

Oficial de primeira1.174

Oficial de segunda1.151

Axudante1.080

Peón1.036

Remuneración en cómputo anual

Encargado1.757.459

Oficial de primeira1.696.559

Oficial de segunda1.664.190

Axudante1.566.680

Peón1.539.422