Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 362

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2000, do tribunal designado para xulga-las probas de obtención do certificado CE de conselleiros de seguridade, convocadas por Resolución do 17 de febreiro de 2000 da Dirección Xeral de Transportes (Diario Oficial de Galicia número 48, do 9 de marzo) pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de aprobados e se ordena a súa publicación.

Unha vez rematado o prazo para a presentación de reclamacións contra as listas provisionais de aprobados e revisadas estas, este tribunal resolveu:

Primeiro.-Elevar a definitivas e publica-las listas de aprobados das distintas modalidades e clases do certificado CE de conselleiros de seguridade, que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Transportes, nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e nos servicios provinciais de Transportes.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada nun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal