Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 363

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 989/1999 (4), interposto pola Federación de Servicios Públicos FSP-UGT e outros.

Recibida providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 989/1999 (4), interposto pola Federación de Servicios Públicos FSP-UGT e outros, contra a Resolución do 29 de maio de 1999, pola que se outorgaban os destinos correspondentes ó concurso de traslado do 15 de febreiro de 1999, polo que se convocaban prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

A Dirección Xeral de Xustiza, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrati

va, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2000.

P.O. (12-12-2000)

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local