Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, na sesión realizada día 31 de outubro de 2000, adoptou o acordo coa parte dispositiva seguinte:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por esta alcaldía, referido a unha rúa situada dentro dunha franxa de terreo á esquerda da estrada nacional 547, clasificada como solo urbano, a cal non se encontra reflectida nos planos das normas subsidiarias de planeamento; e isto nos termos e coas determinacións contidas no proxecto do dito estudio de detalle, conforme foi redactado polo arquitecto Isidro López Yáñez con data de maio de 2000.

Segundo.-Declarar extinguida a suspensión do outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición, no ámbito territorial afectado por este estudio de detalle; esta suspensión fora fixada a través do decreto de aprobación inicial do mesmo estudio de detalle, dictado polo alcalde con data do 12 de xuño de 2000.

Terceiro.-Publicar este acordo de aprobación definitiva no BOP e no Diario Oficial de Galicia, conforme se establece no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación á súa vez co artigo 140.6º do Regulamento de planeamento urbanístico.

Recursos.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa poderase interpoñer en de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, de acordo

co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de xullo, reguladora da dita xurisdicción.

Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facerse ante o órgano municipal do que dimana este acto, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición deste sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que o acordo do referido recurso de reposición se debería notificar de forma expresa (un mes desde a interposición do recurso), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación á súa vez co artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, e artigo 140.6º do Regulamento de planeamento urbanístico, procédese a publica-lo texto íntegro da normativa urbanística do referido estudio de detalle:

1.1. Antecedentes.

O termo municipal de Arzúa conta na actualidade como instrumento de planeamento, con normas subsidiarias municipais de planeamento, aprobadas definitivamente en sesión plenaria do 6 de novembro de 1986.

O estudio de detalle que se formula encádrase dentro do solo urbano clasificado polas mencionadas normas subsidiarias.

1.2. Conveniencia e oportunidade da realización do estudio de detalle.

As NN.SS. municipais clasifican como solo urbano con distintas ordenanzas de aplicación a capital municipal e o seu contorno.

Entre outros, as ditas normas clasifican como solo urbano unha franxa de terreo a ámbolos dous lados da estrada C-457 ó seu paso polo núcleo urbano municipal, de largo variable oscilando entre os 34 e os 55 m. O largo da dita franxa mantense invariable ó largo da vía principal sen ter en conta en moitos casos o parcelario e os posibles camiños que se encontran dentro da dita franxa.

Enténdese que debido á baixa calidade da cartografía existente no momento da redacción da normativa municipal o camiño que neste documento é obxecto de estudio de detalle non se encontra reflectido na dita cartografía, polo que non ten neste momento marcada aliñacións oficiais pese a ser unha vía de comunicación de titularidade pública no citado momento de redacción do documento de planeamento.

Como vía de titularidade pública situada no solo urbano foise urbanizando sen necesidade de ningún proceso de distribución de cargas e beneficios e é polo que, no día de hoxe e vista a dispoñibilidade de soares ó longo da rúa, se fai necesaria a redacción deste estudio de detalle.

1.3. Situación urbanística actual.

O camiño obxecto de estudio de detalle encóntrase dentro da clasificación do solo urbano e élle de aplicación a ordenanza EC: edificación cerrada.

Para a dita ordenanza rexen as seguintes determinacións:

Usos: vivenda agrupada en edificios contiguos, comercial, industrial graos 1º, 2º e 3º, almacéns graos 1º e 2º, uso público, recreativo de espectáculos, recreativo de relación, relixioso, cultural-escolar e deportivo, sanitario-asistencial hoteleiro, institucional, transportes.

Aliñacións: as marcadas nos planos.

Parcela mínima: 60 m excepto soares menores entre medianeiras froito dun derribo.

Fronte mínima: 6 m salvo o expresado no punto anterior.

Fondo mínimo: 8 m.

Para contruír non soar a liña de separación do contiguo formará co eixe da rúa un ángulo de máis de 70º.

Alturas:

Largo da rúa

entre aliñacións

Altura

da cornixa

de plantas

Fondo

de edificación

' 8 m10,4III13 m
De 8 a 14 m13,1IV16 m
) de 14 m15,8V17 m

As rúa se menos de tres metros entre aliñacións terán unha altura máxima edificable de baixo e planta.

O espacio interior do polígono delimitado trazando paralelas ás aliñacións exteriores á distancia sinalada como fondo de edificacións será considerado

como patio de rueiro e edificable na planta baixa e, en todo caso, de acordo coa altura dada á planta baixa da edificación, dentro dos límites establecidos.

Na actualidade o camiño obxecto de estudio de detalle encóntrase entre dúas aliñacións, unha na rúa Lugo con 22 m e outra a rúa do Castro con 13 m. O camiño, denominado rúa Río Mera arranca da rúa do Piñeiral, perpendicular ás dúas primeiras e desemboca na rúa do Castro.

1.4. Estudio do viario de Arzúa.

O viario do núcleo urbano de Arzúa estructúrase fundamentalmente arredor da rúa Lugo e das estradas que nela conflúen: por un lado e cara ó norte, a estrada que vai a Corredoiras e por outro cara ó sur a que vai a Vila de Cruces.

Entre este cruzamento de estradas créase unha malla en retícula máis ou menos irregular, cara ó sur, con vivendas de tipoloxía tradicional e vinculadas ó camiño de Santiago e á igrexa de Santiago, e cara ó norte con vivendas de tipoloxía colectiva e unifamiliar, de ruerios máis regulares e de maior tamaño e con rúas máis largas, contando co mercado e a zona de colexios e equipamentos deportivos como elementos ordenadores do entramado urbano.

O camiño obxecto do estudio de detalle sitúase paralelo a rúa Lugo, na estrema oriental do núcleo urbano e vinculado á zona de equipamentos docentes (colexios) e deportivos (campo de fútbol e polideportivo).

1.5. Estado actual do viario.

O camiño obxecto do estudio de detalle arranca da denominada rúa do Piñeiras, perpendicular á rúa Lugo, e desemboca na rúa do Castro. A primeira ten unha aliñación fixada de 16 m e a segunda de 13.

Neste momento a rúa Río Mera encóntrase parcialmente urbanizada estando asfaltada toda a sección da calzada e beirarrúas construídas no lado sur e a ámbolos dous lados nos dous arrinques da mencionada rúa.

A calzada ten un largo en todo o seu percorrido de 6,25 m e as beirarrúas de 1,10.

1.6. Dotacións e servicios urbanísticos.

A rúa encóntrase ademais consolidada polos servicios urbanísticos. Conta con saneamento en toda a súa lonxitude, abastecemento de auga, enerxía eléctrica e iluminación pública polo que simplemente se considera necesario para a concesión de licencias a fixación das aliñacións. A dita fixación de aliñacións vén marcada pola situación consolidada na actualidade e que non por estar realizada se considera contraria ó planeamento.

1.7. Fixación de aliñacións e rasantes.

Considéranse as seguintes aliñacións:

-En toda a rúa unha aliñación de 8,45 m; 4,22 medidos desde o eixe da rúa existente.

A sección de viario será a seguinte:

-Calzada de 6,25 m e beirarrúas a ambos lados de 1,10.

Considéranse as seguintes rasantes:

-As actuais sendo sensiblemente horizontais con lixeira pendente ascendente cara á rúa do Castro.

1.8. Normativa municipal de aplicación.

Por tratarse dun estudio de detalle non se modifican as condicións de aproveitamento, alturas, parcela, etc. fixadas no planeamento e que son as sinaladas no punto 1.3 deste estudio de detalle.

Atendendo á ordenanza de aplicación en tendo en conta a aliñación fixada márcase unha altura máxima permitida de 13,10 m e B+3 alturas. O fondo máximo é de 16 m.

Arzúa, 10 de novembro de 2000.

Manuel Moscoso López

Alcalde