Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 9 de novembro de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do plan parcial do polígono industrial na parcela B-48, propiedade da empresa Luidana, S.L., representada por José Otero López, consistente en establecer, como uso complementario ó actual, o uso comercial nas categorías de empresas de servicios e venda polo miúdo de artigos cunha ocupación máxima do 5% sobre a ocupación total permitida na parcela, segundo o proxecto redactado pola arquitecta Beatriz López García, colexiada nº 1436.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos arts. 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que dictou o acordo, de conformidade co art. 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da devandita publicación.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no art. 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no

punto 2º do mesmo art. 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os arts. 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Bergondo, 20 de novembro de 2000.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente