Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 10 de novembro de 2000, en virtude da delegación da Alcaldía (Resolución do 7 de xullo de 1999), aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da travesía da estación á altura do nº 43 de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, exponse ó público polo prazo dun mes a contar desde o seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este poida ser examinado polos interesados, e presentaren se é o caso as alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes.

Lalín, 30 de novembro de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado