Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación do concurso aberto da obra de reposición de firmes en camiños e rúas de núcleos rurais, FCL 2000. Para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expón xunto con este edicto polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.

Obxecto: reposición de firmes en camiños e rúas de núcleos rurais por importe de 24.335.807 pesetas.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6, categoría C.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres, e ata o día

anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG, en horas de nove a catorce e na forma establecida no prego de condicións. Se fose festivo, rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 4 de decembro de 2000.

José Crespo Iglesias

Alcalde