Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de novembro de 2000 pola que se lles notifica ós herdeiros de José Manuel Hermida Bouzamayor a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda (expediente C 2CD68, conta 258).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado, sen que se puidese practicar, notifícaselles ós herdeiros de José Manuel Hermida Bouzamayor a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 19 de setembro de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución que non é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da presente notificación, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada por Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo. Resolución:

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra José Manuel Hermida Bouzamayor, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Vila do Conde, nº 9-1º A esquerda, do Polígono de Caranza en Ferrol (A Coruña), correspondente ó:

Expediente: C-2-CD/68, conta 258, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes feitos:

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emitiu certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 72.495 pesetas, na data 28 de febreiro de 2000.

2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase

o pagamento das cantidades debidas nesa data, o dito requirimento enviado con datas do 22 de marzo e do 5 de maio de 2000, resultou devolto polo servicio de correos, polo que o dito requirimento foi notificado conforme o establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, non sendo atendido.

3. O 9 de agosto de 2000, a débeda ascende a 75.717 pesetas, por non paga-los recibos correspondentes ós meses do período de xuño de 1996 a abril de 2000, ámbolos dous inclusive.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica deste organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que será levada a cabo polo funcionario do Instituto Galego da Vivenda e Solo que se designe e polo representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda co recargo do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó corrente coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións

públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Notifíquese a presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

En Santiago de Compostela o 19 de setembro de 2000. Asdo. José Antonio Redondo López. Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo».

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo