Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 27 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente 76.9/94, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992 notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de promotor, a proposta de resolución que formula o instructor, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, (no sucesivo L.C.) e do seu regulamento (en adiante R.C.);

O que se lle comunica ó interesado de conformidade cos artigos 19.1º do R.D. 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste

anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida obte-las copias dos documentos que constan no expediente que estime oportunos e formula-las alegacións e presenta-los documentos que crea pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 27 de novembro de 2000.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 76.9/94.

Denunciado/a: Luis Rocafort Quintero.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Punta Seame, Praia de Canelas-Portonovo (Sanxenxo).

Data da proposta: 10-10-2000.

Feitos: construcción de vivenda.

Lugar: Punta Seame, Praia de Canelas-Portonovo.

Concello: Sanxenxo.

Proposta: en aplicación dos artigos 95.1º e 97.1º da L.C. e artigos 179.1º e 180 b) do R.C.proponse a imposición a Luis Rocafort Quintero, na súa condición de promotor, dunha multa de quince millóns novecentas oitenta e seis mil seiscentas dezaseis pesetas (15.986.616 pesetas), que deberá aboar ingresando na conta nº 2091-0388-90-3110001181 da oficina de Caixa Galicia en Pontevedra, a citada cantidade, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que recaia e que se lle ordene volta-los terreos nos que se executou a obra obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, debendo realiza-lo no prazo dun mes, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que sobre do particular recaia. Transcorrido o prazo sen que se cumprise o ordenado, imporáselle unha multa coercitiva por importe dun millón cincocentas noventa e oito mil seiscentas sesenta e unha pesetas mensuais (1.598.661 pesetas) ata a súa total execución, procedéndose á súa execución subsidiaria por

conta do infractor e á súa conta, caso de que este non o leve a cabo.