Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución dos expedientes por infracción da Lei de pesca fluvial OU 121/00P e oito máis.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e mais do seu regulamento aprobado

polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 29 de novembro de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte./

Ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

121/2000Miguel Ángel Cid Martínez

44.448.532

Melias, O Pereiro de Aguiar

(Ourense)

Pescar en luns, día inhábil para a pesca, e carecendo da oportuna licencia34.1º75.000 e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca

123/2000Carlos Pereira Iglesias

34.934.121

Cinco Nogueiras, A Peroxa

(Ourense)

Pescar sen porta-la documentación preceptiva, aínda sendo titular de licencia de pesca en vigor33.1º5.000

157/2000Alfredo Manuel Sousa López

34.974.483-Q

Finca Riestra s/n, OurensePescar con tres canas no encoro de Castrelo de Miño33.4º10.000

164/2000José Barreira Gregorio

X-272405-Q

Barreira, nº 6-2º, OurensePescar sen porta-la licencia de pesca aínda sendo titular dunha33.1º5.000

221/2000Tomás Ramón Herrero

9.993.823R

R/ Prado Lomar, nº 6, baixo,

San Andrés de Montejos

Ponferrada (León)

Pescar con dúas canas no río Xares33.4º10.000

224/2000José Antonio González Limia

34.991.622C

Estrada de Pontevedra, s/n,

Punxín (Ourense)

Pescar unha troita de 15,5 centímetros, sendo a dimensión mínima legal 19 centímetros33.9º3.000

201/2000Raúl González Iglesias

34.922.800Z

R/ Marcelo Macías, nº 6-2º,

Ourense

Pescar sen licencia34.1º50.001 e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca

228/2000Vicente Atanes Rodríguez

76.707.678X

Tariñeira. Gudín, Xinzo de Limia (Ourense)Pescar en luns, día inhábil para a pesca, utilizando unha cana marca Evia, provista dun carrete Grauvellx3033.9º10.000

216/2000José Luis Chaves Gómez

34.571.914

R/ San Francisco, nº 12-2º,

Ourense

Pescar en luns, día inhábil para a pesca e sen licencia de pesca34.1º e 34.8º75.000 e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca