Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 29 de novembro de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Amarillo V, Dorinda III, Ameixide I, Ameixide II e Ameixide III.

Visto os expedientes instruídos para efectos de transmisión dos viveiros Amarillo V, Dorinda III, Ameixide I, Ameixide II e Ameixide III e da concesión administrativa que os ampara, resulta:

A) Antecendentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data do 26-6-2000 Juan Manuel Herbello Bermúdez no nome e representación de Juan Manuel Herbello Bermúdez solicitou autorización para transmisión da concesión dos viveiros Amarillo V, Dorinda III, Ameixide I, Ameixide II, e María Lourdes Cordeiro Gago en representación de María Lourdes Cordeiro Gago do viveiro Ameixide III.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión intervivos, a favor de Herbello Cordeiro, S.L. (DNI/NIF B-36.359.479), da concesión administrativa dos viveiros que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Amarillo V.

Situación:

Cangas B cuad. 17.

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 31-1-1974 (BOE/DOG nº 52, do 1-3-1974).

Remate vixencia: 1-3-2004.

Actual titular: Juan Manuel Herbello Bermúdez (DNI/NIF: 76.832.354-A).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Dorinda III.

Situación:

Cangas A cuad. 02.

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 11-12-1967 (BOE/DOG nº 307, do 25-12-1967).

Remate vixencia: 25-12-2007.

Actual titular: Juan Manuel Herbello Bermúdez (DNI/NIF: 76.832.354-A).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ameixide I.

Situación:

Cangas A cuad. 36.

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 27-5-1964 (BOE/DOG nº 153, do 26-6-1964).

Remate vixencia: 26-5-2004.

Actual titular: Juan Manuel Herbello Bermúdez (DNI/NIF: 76.832.354-A).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ameixide II.

Situación:

Cangas B cuad. 56.

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 27-5-1964 (BOE/DOG nº 153, do 26-6-1964).

Remate vixencia: 26-5-2004.

Actual titular: Juan Manuel Herbello Bermúdez (DNI/NIF: 76.832.354-A).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ameixide III.

Situación:

Cangas B cuad. 57.

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 27-5-1964 (BOE/DOG nº 153, do 26-6-1964).

Remate vixencia: 26-6-2004.

Actual titular: María Lourdes Cordeiro Gago (DNI/NIF: 35.969.022-N).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 29 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo