Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 29 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei de pesca fluvial OU 261/00P e dous máis (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoacción de expediente sancionador por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba na que se concreten os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación nigunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 29 de novembro de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte./anoDenunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción pesetas

261/2000Jorge Ribas Domínguez

36.151.905-E

Avda. Galicia, nº 87, Baixo, Vigo (Pontevedra)Pescar desde unha embarcación, sen licencia de pesca e sen licencia para a pesca desde embarcación34.1º75.000 e un ano de inhabilitación para obte-la

licencia de pesca

276/2000Faustino Calviño Ferreiro

76.705.512

Avda. Fernández de Mora, nº 25-1º E, Ponteareas (Pontevedra)Pescar sen leva-la licencia de pesca aínda sendo titular dela33.1º3.000

278/2000Jesús Lorenzo Rodríguez

34.555.349

R/ Velázquez, nº 19-2º, OurensePescar en luns, día inhábil para a pesca34.8º50.001 e un ano de inhabilitación para obte-la

licencia de pesca