Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 226

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Consorcio Zona Franca de Vigo.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Consorcio Zona Franca de Vigo, con nº de código 3600392 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-11-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 2-11-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de novembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Consorcio da Zona Franca de Vigo

Convenio colectivo para o ano 2000

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación e vixencia.

Este convenio colectivo -pactado entre o comité de empresa do Consorcio da Zona Franca de Vigo en representación do persoal e polos directivos designados para o efecto polo comité executivo en

representación do consorcio- regulará as relacións laborais existentes entre a citada empresa e o seu persoal e terá vixencia desde o momento da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2000.

As melloras económicas pactadas entrarán en vigor con efectos retroactivos do 1º de xaneiro de 2000.

Queda expresamente exceptuado do ámbito de aplicación o persoal asesor que poida contratarse baixo a modalidade de contrato de alta dirección, segundo o artigo 2.1º do Estatuto dos traballadores desenvolvido por R.D. 1382/1985.

Para que non proceda a prórroga automática prevista no nº 2 do artigo 86 do Estatuto dos traballadores, será preciso que, dous meses antes da expiración do prazo de vixencia, a parte interesada formule a oportuna denuncia do convenio mediante escrito que se axustará ó establecido no nº 1 do artigo 89 do citado estatuto, debendo seguirse a tramitación conforme as prescricións do capítulo II do título III desa lei.

Artigo 2º.-Clasificacion do persoal e funcións.

As funcións do persoal serán as que correspondan ás dos postos de traballo en que presten servicio, segundo a seguinte clasificación e descrición:

Arquitecto técnico.

É a persoa que, estando en posesión da titulación universitaria de arquitecto técnico, desempeña as funcións para as que o propio título a faculta ou habilita.

A mera posesión do título non dará dereito á inclusión nesta categoría, de non ir acompañada da realización das funcións propias do seu nivel académico.

Analista de sistemas.

É a persoa que con titulación adecuada realiza análises orgánicas de aplicacións complexas para obte-la solución mecanizada destas en canto se refire a cadea de operacións que hai que seguir, documentos que hai que obter, deseño destes, definición de ficheiros que se van tratar, posta a punto das aplicacións, creación de xogos de ensaio, enumeración das anomalías que poidan producirse e definición do seu tratamento. O analista colaborará co programa das probas de lóxica de cada programa e finalizará os expedientes técnicos de aplicacións complexas.

Técnico en sistemas de información.

É a persoa que con titulación adecuada controla a posta en marcha dos novos circuítos de información así como as modificacións necesarias nos actuais. É así mesmo responsable de elabora-la documentación para os usuarios dos sistemas de información, de formalos e face-las probas que garantan o bo funcionamento daqueles.

Delineante proxectista de CAD.

É a persoa que, con titulación de delineante proxectista proxecta ou detalla os traballos do téc

nico superior, e actúa baixo as súas ordes. É así mesmo o responsable do deseño asistido por ordenador, de manter operativas as instalacións do CAD e ter ó día os planos de edificacións e instalacións así como os arquivos dos proxectos.

Programador de ordenador.

É a persoa, con titulación mínima de formación profesional de 2º grao-rama informática, á que corresponde estudia-los procesos definidos polos analistas, confeccionar organigramas detallados de tratamento, redactar programas na linguaxe de programación que lle sexa indicada, confeccionar xogos de ensaio, pór a punto os programas tanto os elaborados na propia empresa como os adquiridos a terceiros, completa-los expedientes técnicos destes e realiza-las documentacións e traballos que lle sexan encomendados polos analistas e o director do Departamento de Servicios Avanzados.

Secretaria de dirección.

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 2º grao-rama secretariado e con dominio do idioma inglés, realiza as seguintes funcións: organización dos traballos propios de secretaría da dirección á que esté adscrita; rexistro; correspondencia; actas e informes; custodia, tramitación e arquivo de documentación e expedientes; axenda de traballo; preparación de reunións e entrevistas; recepción de visitas e xestión en xeral de todos aqueles asuntos reservados ou de confianza, que se lle encomenden.

Administrativo de nivel 5.

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 2º grao-rama administrativa e baixo a dependencia directa do director dun departamento, realiza con regularidade funcións de responsabilidade que requiran iniciativa, tales como: asentos de contabilidade, carpetas mensuais de contas, balances de situación, control orzamentario e contable, facturación, xestión comercial, aplicación de tarifas, control e tramitación de documentos de exportación e tránsitos alfandegarios e seguimento destes con aduanas nacionais e estranxeiras, confección de nóminas de persoal, liquidacións de seguridade social, declaracións de IRPF, control de expedientes administrativos, etc.

Técnico do departamento de obras.

É a persoa que, con titulación adecuada, desenvolve actividades de apoio técnico no departamento de obras do consorcio, realizando as funcións que lle sexan encomendadas pola dirección.

Administrativo de nivel 4.

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 2º grao-rama administrativa, realiza con regularidade algunhas das seguintes funcións: comprobación de facturación, xestión de compras e distribución de material de oficina e outros, control de execución de obras e bens inventariables, confección de mandamentos de ingreso e libramentos de pagamento, control de movementos de caixa, ela

boración, selección e arquivo de documentación, mantemento de páxinas WEB, preparación de cursos, recepción de visitas, etc.

Administrativo de nivel 3.

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 2º grao-rama administrativa, realiza con regularidade algunhas das seguintes funcións: rexistrar e dilixenciar documentos alfandegarios de entrada, saída, operacións interiores e de transformación; levar control desta documentación ata a súa cancelación; control das listas informáticas de movementos e stocks dos operadores en zona franca; cancelación e arquivo de documentación alfandegaria; estatísticas de movemento de mercadorías; xestión e recompilación de datos e documentación de compra de terreos; comprobación de partes diarios e de facturación; envío e recepción por fax e arquivo e clasificación de documentación e planos.

Conserxe maior/encargado de almacén.

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 1º grao e cun mínimo de cinco persoas ás súas ordes, ten a responsabilidade dos servicios subalternos que se lle encomenden.

Chófer do delegado do Estado.

É a persoa que, con titulación mínima de graduado escolar (EXB) e dispoñendo do permiso de conducción de vehículos automóbiles, ten como cometido habitual a prestación do servicio de chófer do delegado do Estado na zona franca de Vigo. Así mesmo, poderá realizar funcións de subalterno de oficinas, sempre e cando iso sexa compatible co desempeño do seu cometido habitual como chófer do delegado do Estado.

Almaceneiro.

É a persoa que, con titulación mínima de graduado escolar (EXB) e aptitude no manexo de carretas elevadoras, ten como misión o control de entradas, saídas e existencias de mercadorías nos almacéns e dependencias intervidas, vixiando e realizando de se-lo caso por sí mesmos, ou mediante carretas elevadoras, os traballos previstos nas tarifas de manipulacións do consorcio; todo iso á vista dos oportunos documentos que dilixenciará coa súa conformidade ou reparos, reténdoos no seu poder ata o seu total despacho e efectuando as comprobacións oportunas cando un documento definitivo refunda varios provisionais.

Subalterno de oficinas.

É a persoa que, con titulación mínima de graduado escolar (EXB) e dispoñendo do permiso de conducción de vehículos automóbiles, ten como cometido facer recados fóra ou dentro das oficinas, realiza-las funcións de chófer, recoller e entregar correspondencia, cobrar talóns bancarios e efectuar ingresos en bancos, entidades de crédito e organismos oficiais ou privados, manexar máquinas fotocopiadoras e de fax, realizar traballos de arquivo así como aqueloutros de carácter secundario que se lle encomenden nas dependencias administrativas.

Oficial de 2ª de oficios varios.

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 1º grao, realiza traballos de carácter manual para o mantemento e conservación dos bens e instalacións da entidade, para os que se require coñecementos de electricidade, mecánica, carpintería e outros propios de calquera oficio.

Vixilante motorizado.

É a persoa que, con titulación mínima de graduado escolar (EXB) e dispoñendo do permiso de conducción de vehículos-motocicletas, ten como misión vixia-los recintos, dependencias e accesos da entidade, regula-lo seu tráfico e recoller ou entregar correspondencia e documentación, tanto diariamente, desprazándose ás distintas dependencias do Consorcio, Aduana e Xefatura de Policía Municipal, como eventualmente a outro destino cando así o requira o carácter urxente da correspondencia ou documentación.

Conserxe.

É a persoa que, con titulación mínima de graduado escolar (EXB), ten como misión a vixilancia diurna ou nocturna dos recintos e dependencias da entidade, así como das portas e accesos a eles, coidando de comprobar que as mercadorías que entren e saian respondan ás consignadas na documentación en cada caso establecida e controlando así mesmo a entrada e saída do persoal das empresas establecidas en zona franca, así como dos usuarios dos demais servicios do consorcio.

As funcións anteriormente expresadas formúlanse con carácter xeral e, en todo caso, para a súa valoración, será de aplicación o estudio sobre valoración de postos de traballo realizado na empresa. O feito de que para realiza-las funcións en calquera posto se precise utilizar un terminal informático a nivel de usuario, non significará a adscrición a superior categoría ou clasificación noutra distinta, aínda que a empresa deberá proporcionarlle para o efecto a aprendizaxe necesaria ó empregado ó que se lle esixa o uso.

Artigo 3º.-Ascensos e provisión de vacantes.

Como regra xeral o persoal da entidade terá preferencia para ocupa-las vacantes que se produzan en categoría superior, sempre que reúna as condicións esixibles en cada caso e obteña igual puntuación que os demais aspirantes nas probas que se convoquen para ese fin.

Artigo 4º.-Salarios base.

Establécense para o exercicio 2000, para as distintas categorías laborais, os niveis salariais básicos seguintes:

Categoría laboralS. base 2000

Arquitecto técnico295.376

Analista de sistemas236.201

Técnico en sistemas de información236.201

Categoría laboralS. base 2000

Delineante proxectista de CAD206.058

Programador206.058

Administrativo nivel 5189.392

Secretaria de dirección189.392

Técnico do departamento de obras182.009

Administrativo nivel 4173.915

Administrativo nivel 3159.631

Conserxe maior/encargado de almacén176.693

Oficial 2ª de oficios varios176.693

Chófer do delegado do Estado176.693

Subalterno de oficina162.198

Vixilante motorizado162.198

Almaceneiro162.198

Conserxe148.369

Artigo 5º.-Incentivo de especial dedicación.

Os traballadores con xornada de 38 horas e 9 minutos semanais e condición máis beneficiosa de 34 horas semanais que, voluntariamente, opten por desempeñar unha xornada anual efectiva de 1.731 horas, percibirán nas doce mensualidades e nas catro pagas extraordinarias, mentres realicen esta xornada, un incentivo de especial dedicación e o seu importe para o ano 2000, en función da categoría do traballador, será o seguinte:

Categoría laboralI.E.D. 2000

Arquitecto técnico39.194

Analista de sistemas31.415

Técnico en sistemas de información31.415

Delineante proxectista de CAD27.401

Programador27.401

Administrativo nivel 525.185

Secretaria de dirección25.185

Técnico do departamento de obras24.138

Administrativo nivel 423.127

Administrativo nivel 321.227

A solicitude para optar á realización da xornada anual efectiva de 1.731 horas e por tanto percibi-lo incentivo de especial dedicación, farase mediante escrito dirixido ó delegado do Estado na zona franca e terá validez mentres non se renuncie expresamente. Esta renuncia formalizarase de idéntica maneira, con aviso previo dun mes para que a empresa poida proceder á reorganización dos servicios afectados.

O incentivo de especial dedicación manterase en convenios sucesivos, revisándose nas contías que se determinen neles, sempre que o traballador cumpra as condicións establecidas neste artigo para a súa percepción.

Non obstante, a medida que se reduce a diferencia efectiva entre a xornada semanal e a xornada que desfruta o persoal coa condición máis beneficiosa,

diminuirase o importe do I.E.D. na mesma proporción, incrementándose o salario base na mesma contía en que se reduce o I.E.D., ata a súa total absorción.

Artigo 6º.-Complemento de antigüidade.

Establécese con base nos bienios por un importe, para o ano 2000, de 2.659 pesetas/mes cada un, que se percibirá nas doce mensualidades correntes e nas catro pagas extraordinarias, cos límites que se establecerán de común acordo entre as partes.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

Nos primeiros 15 días dos meses de marzo, xuño, setembro e decembro percibirá o persoal unha paga extraordinaria por importe dunha mensualidade de salario base, antigüidade e incentivo de especial dedicación se procedese.

En caso de que, no futuro, as partes decidisen de mutuo acordo, suprimi-la totalidade ou parte das pagas extraordinarias ou da paga de productividade, o seu importe incluiríase nos salarios base correspondentes.

Artigo 8º.-Paga de productividade.

O persoal do consorcio poderá recibir anualmente e, a criterio da empresa, na nómina do mes de marzo do exercicio seguinte, unha paga que se devengará se é o caso, en función do aumento da productividade, o cumprimento dos obxectivos do consorcio e, en concreto, do especial rendemento, actividade e dedicación. En ningún caso as contías asignadas por complemento de productividade orixinarán dereitos respecto das valoracións ou apreciacións e cantidades correspondentes a períodos sucesivos.

Con este fin, a cantidade destinada no ano 2000 a retribuír este concepto de paga de productividade fíxase nun máximo de 12.000.000 de pesetas. A empresa distribuirá esa cantidade na súa totalidade ou na parte que, de se-lo caso, se decida, de forma proporcional para cada un dos niveis económicos existentes no consorcio.

Artigo 9º.-Festividades.

Á parte das festas laborais establecidas por disposicións legais, consideraranse inhábiles para tódolos efectos os días 24 e 31 de decembro cando coincidan en días laborables.

No ano en que ambos días coincidan en domingo ou festivo, o comité de empresa e a representación empresarial fixarán, a principios do ano en cuestión e de común acordo, os días de desfrute que substituirán os anteriormente citados.

Artigo 10º.-Xornada.

A xornada de traballo para o persoal suxeito a este convenio será de 38 horas e 9 minutos semanais, equivalentes a unha xornada anual efectiva de 1.731 horas. Aínda que a xornada semanal queda fixada en 38 horas e 9 minutos, os traballadores deberán

cumpri-los horarios establecidos no artigo 11º, procedéndose ás compensacións así mesmo establecidas.

Co fin de alcanza-la xornada anual efectiva de 1.731 horas, os traballadores poderán desfrutar, conxunta ou separadamente, un máximo de 5 días libres ó ano, e poderán tamén renunciar voluntariamente ó desfrute das compensacións por exceso de xornada, non computándose neste caso o tempo traballado como horas extraordinarias. Dado que esta renuncia á compensación por exceso de xornada se realiza a petición do traballador, isto non orixinará ningún dereito de posteriores descansos equiparatorios.

As datas para o seu desfrute deberán ser solicitadas polo traballador ó seu respectivo director de departamento, con polo menos unha semana de antelación, sendo se é o caso fixadas en función das necesidades do servicio.

En caso de que concorran varias solicitudes para as mesmas datas que non permitan, a xuízo da empresa, cubri-las necesidades do servicio, terán preferencia os que o solicitasen en primeiro lugar.

Se o desfrute destes días non permitise alcanza-la equiparación coa xornada anual, esta deberá cumprirse en todo caso coa realización dun maior ou menor número de tardes ó longo do ano no persoal administrativo, e dun maior ou menor número de horas no resto do persoal.

Artigo 11º.-Horarios.

Aqueles traballadores que, aínda tendo recoñecida a condición máis beneficiosa de 34 horas semanais, voluntariamente, opten por traballar unha xornada anual efectiva de 1.731 horas, cumprirán un horario de 8 h a 15 h de luns a venres e de 17 h a 19 h dúas tardes de cada semana, de maneira que se alcance sempre o cómputo anual de horas citado.

Para os traballadores cunha xornada laboral, na actualidade, que inclúa o sábado, este horario entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2001. Igual horario e con idéntica entrada en vigor realizará o persoal subalterno de oficina.

Para aquel persoal que teña recoñecida a condición máis beneficiosa de 34 horas semanais e que non opte pola realización dunha xornada anual efectiva de 1.731 horas, o horario será de 7.42 h a 14.30 h, de luns a venres.

O horario dos traballadores adscritos a un servicio a quendas, será o que lles corresponda nos cadros en cada caso establecidos: de 6 a 14 h, de 14 a 22 h ou de 22 a 6 h do día seguinte.

Os almaceneiros terán o seguinte horario: de 8.30 h a 13 h e de 15 h a 18 h de luns a venres, e de 8.30 h a 13 h os sábados que se precisen para completa-lo seu cómputo anual.

O conserxe maior e o encargado de almacén realizarán o seguinte horario: de 8 h a 14 h e de 16 h a 17.37 h de luns a venres.

Os traballadores que presten servicio en quendas de oito horas diarias (40 semanais, podendo estas computarse en períodos de 2 ou 4 semanas segundo as necesidades do servicio), continuarán co sistema de cadros actualmente establecido, concedéndoselle-los descansos necesarios co fin de non superar ou, en caso de que isto ocorra, igualar, a xornada anual de 1.731 anteriormente establecida. Para iso utilizarase o procedemento establecido para a totalidade do persoal no artigo 10. Con carácter voluntario o traballador poderá renunciar total ou parcialmente ó desfrute dos descansos establecidos sen que o exceso de xornada realizado se compute como horas extras nin dea lugar a descansos adicionais; en todo caso, non poderá superarse a xornada máxima legal establecida e deberán respectarse os períodos de descanso fixados polas normas laborais en vigor.

Como norma xeral, o horario para cumprir, tendo en conta a obrigada diversidade de servicios de zona franca e as necesidades que hai que cubrir en cada un deles, será o que en todo momento estea implantado no posto de traballo de cada traballador. Isto non poderá supor en ningún caso, a adscrición non voluntaria a unha xornada nocturna con carácter permanente. En tódolos supostos de xornada continuada, o tempo de descanso de quince minutos non se considerará tempo de traballo efectivo.

Artigo 12º.-Complemento por non desfrute de xornada continuada.

Establécese, para o ano 2000 e para aqueles traballadores que pola súa función tengan xornada partida, un complemento de 2.649 pesetas/mensuais.

Artigo 13º.-Complemento por nocturnidade.

En relación con este complemento acórdase:

A. Que o período con esta retribución específica, será o comprendido entre as 22 h e as 7 h.

B. Que esa retribución específica se establece en 236 pesetas/hora.

C. Que en todo caso e esta é a vontade das partes, as diferencias que puidesen existir entre o establecido en calquera disposición legal e o que aquí se acorda, se entenden compensadas en cómputo anual polo conxunto de retribucións e condicións acordadas neste convenio.

Artigo 14º.-Complemento de distancia e transporte.

No ano 2000 percibirase, por día efectivamente traballado, a suma de 826 pesetas por este concepto, que non se devengará nos seguintes supostos: xornada non traballada (domingos, festivos, vacacións, ILT, etc.); falta de puntualidade, (entendéndose por tal un retraso superior a 5 minutos sobre a hora de entrada), e cando non se complete a xornada, salvo que a interrupción desta fose autorizada polo consorcio.

Artigo 15º.-Gratificación por traballo en domingos e festivos.

O persoal que preste servicio en quendas de 8 horas diarias traballando en domingos e festivos, percibirá unha gratificación complementaria de 5.100 pesetas/mes, nas doce mensualidades do ano.

Artigo 16º.-Complemento de perigosidade.

O persoal que realice efectivamente funcións de precintado de cámara en buques, percibirá un complemento de 4.080 pesetas/mes, nas doce mensualidades do ano.

Artigo 17º.-Vacacións.

O traballador terá dereito ó desfrute dunha vacación retribuída anual de 30 días naturais, nos cales deberán incluírse polo menos 4 sábados e 4 domingos. A contía da retribución establécese polo importe dunha mensualidade de salario base e antigüidade e, de se-lo caso, o incentivo de especial dedicación, o complemento por non desfrute de xornada continuada, a gratificación por traballo en domingos e festivos e o complemento de perigosidade. Ós traballadores que realicen xornada nocturna engadiráselles unha cantidade equivalente á media mensual percibida polo concepto de complemento nocturnidade no ano anterior.

O período vacacional coincidirá no mes de agosto por se-lo de menor actividade da empresa, manténdose en todo caso os servicios mínimos que, fixados pola empresa, se consideren imprescindibles para o normal funcionamento destes. Os traballadores que cubran estes servicios mínimos desfrutarán as súas vacacións nos períodos inmediatamente anterior e posterior ó do mes de agosto, podendo fraccionalas en períodos de 15 días. Aqueles traballadores adscritos a un sistema de traballo a quendas, farano en función das necesidades do servicio.

Por solicitude do traballador, poderanse desfrutar fraccionadamente as vacacións de acordo coa seguinte norma:

* Unha parte das vacacións desfrutarase sempre no mes de agosto, salvo nos casos de servicios mínimos e de traballo a quendas a que se fai mención no parágrafo anterior. Este período vacacional poderá ser, a elección do traballador, o comprendido entre os días 1 e 16 do mes de agosto (ambos inclusive) ou entre os días 14 e 30 do citado mes (ambos inclusive). Se os días 1 e 14 de agosto en que se inician os períodos de vacacións coincidisen en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ese inicio ó primeiro día hábil seguinte, respectándose a duración dos períodos anteriormente establecidos.

* Os días restantes serán desfrutados de forma conxunta polo traballador ó longo do ano.

Tanto o fraccionamento das vacacións como, neste caso, os correspondentes períodos de desfrute destas, deberán ser solicitados polo traballador ó seu director de departamento respectivo como máximo antes do 31 de marzo de cada ano. A súa concesión quedará

supeditada, en todo caso, ás necesidades do servicio a xuízo da empresa e, se as vacacións non puidesen ser desfrutadas nas datas interesadas, solicitaranse novos períodos e a concesión destes por parte da empresa seguirá o mesmo procedemento.

En caso de que concorran varias solicitudes para as mesmas datas que non permitan, a xuízo da empresa, cubri-las necesidades do servicio, terá preferencia quen o solicitase en primeiro lugar.

O procedemento para o desfrute de vacacións do persoal adscrito a un servicio a quendas, será o utilizado na actualidade, e ese persoal poderá fraccionar tamén as vacacións en dous períodos se o permiten as necesidades do servicio.

Se o traballador, por necesidades do servicio e en función do sistema de quendas de vacacións establecido, non tivese opción a desfruta-las súas vacacións no período comprendido entre o 1 de abril e o 30 de setembro, percibirá no ano 2000 unha indemnización de 14.499 pesetas. Esta indemnización non será percibida en caso de desfrute por solicitude do traballador de vacacións fraccionadas ou completas, fóra dese período.

Artigo 18º.-Permisos retribuídos.

Ós empregados interesados concederánselle necesariamente os seguintes permisos retribuídos:

A. Matrimonio do empregado: 15 días.

B. Intervención cirúrxica ou enfermidade grave de pais, irmáns, pais políticos, fillos ou cónxuxe: 4 días.

C. Parto da esposa: 3 días.

D. Morte de cónxuxe, pais políticos, ascendentes, descendentes ou irmáns do empregado:

1. Fóra da provincia: 6 días.

2. Na provincia: 5 días.

E. Morte ou enterro de tíos, tíos políticos, sobriños ou cuñados:

1. Fóra da provincia: 3 días.

2. Na provincia: 1 día.

F. Cambio de domicilio: 2 días.

G. Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: o tempo preciso, outorgándose o permiso unha vez demostrada a necesidade.

H. Cumprimento dun deber de carácter público: o tempo necesario.

I. Os derivados do exercicio de cargos públicos, así como do de representante sindical, rexeranse en cada caso, polo disposto nas correspondentes disposicións legais.

Para a obtención destes permisos retribuídos, será necesario solicitalos previamente do secretario xeral, a través dos directores de departamento respectivos, debendo xustifica-lo interesado a realidade do feito que motiva a súa petición. Nos casos da letra G.,

corresponderalle ó delegado do Estado decidir sobre a procedencia ou non do seu outorgamento.

Artigo 19º.-Licencias.

En casos xustificados previamente, poderanse conceder licencias sen soldo ó persoal que leve un mínimo de cinco anos de servicio na empresa, por un prazo non superior a seis meses, sempre que a xuízo desta, o permitan as necesidades do traballo.

A petición e xustificación de tales licencias faráselle por escrito ó delegado do Estado a través do director do departamento correspondente e o expediente resolverase como máximo no prazo de trinta días.

Artigo 20º.-Excedencias.

Para estes efectos aplicarase o disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 21º.-Premios por anos de servicio.

Co fin de premia-la vinculación dos empregados á entidade, aboaráselle-lo importe de dúas mensualidades e media do módulo de retribución establecido no artigo 28º deste convenio, ó cumpri-los 15, 25, 35 e 45 anos de servicio na empresa.

Artigo 22º.-Faltas e sancións.

As faltas cometidas polos traballadores clasificaranse atendendo á súa importancia e reincidencia, en leves, graves e moi graves, de conformidade co que se dispón a continuación:

Consideraranse faltas leves:

1. Tres faltas de puntualidade durante un mes sen que exista causa xustificada.

2. A non-comunicación coa antelación debida da súa falta ó traballo por causa xustificada, a non ser que acredite razoable dificultade ou imposibilidade de facelo.

3. Falta de atención e dilixencia co público.

4. Discusións que repercutan na boa marcha dos servicios.

5. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

6. A embriaguez ocasional durante o traballo.

Son faltas graves:

1. Faltar dous días ó traballo sen xustificación.

2. A simulación de enfermidade ou accidente.

3. Simula-la presencia doutro traballador, valéndose da súa ficha, sinatura ou tarxeta de control.

4. Cambiar, mirar ou remexer nos armarios e roupas dos compañeiros sen a debida autorización.

5. As cometidas contra a disciplina no traballo ou contra o respecto debido ós superiores.

6. A reincidencia nas faltas leves, salvo as de puntualidade, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre, cando mediasen sancións.

7. O abandono do traballo sen causa xustificada.

8. A neglixencia no traballo cando cause prexuízo grave.

Son faltas moi graves:

1. Faltar ó traballo máis de dous días ó mes sen causa xustificada.

2. A fraude, a deslealdade e abuso de confianza nas xestións encomendadas.

3. O furto e o roubo, tanto ós demais traballadores como á empresa ou a calquera persoa dentro dos locais da empresa ou fóra dela durante acto de servicio. Quedan incluídos neste epígrafe falsear datos ante o xurado, se tales falsidades teñen como finalidade maliciosa conseguir algún beneficio.

4. A simulación comprobada de enfermidade; inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en máquinas, aparellos, instalacións, edificios, útiles e departamentos da empresa; a embriaguez reiterada durante o traballo; dedicarse a traballos da mesma actividade que impliquen competencia desleal á empresa, se non media autorización desta; os malos tratos de palabra ou obra ou falta grave de respecto e consideración ós xefes, compañeiros ou subordinados; abandona-lo traballo en postos de responsabilidade; a reincidencia en falta grave, aínda que sexa da mesma natureza, dentro do mesmo trimestre, sempre que fosen obxecto de sanción.

As sancións que a empresa pode aplicar, segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas serán as seguintes:

Faltas leves:

Amoestación verbal.

Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo por un día.

Faltas graves:

Suspensión de emprego e soldo dun a dez días.

Inhabilitación por prazo non superior a un ano, para o ascenso a categoría superior.

Faltas moi graves:

Suspensión de emprego e soldo de un a dez días.

Despedimento.

Artigo 23º.-Incapacidade laboral transitoria.

Mentres dure esta continxencia, o consorcio aboaralles ós empregados, nas baixas por enfermidade ou accidente, a diferencia ata completa-lo salario base, IED e antigüidade, complemento e CED, se o tivese, de xornada partida que lle correspondese en activo.

Os traballadores que causen baixa por enfermidade ou accidente, calquera que sexa a súa causa ou por maternidade, presentaranlle á empresa, como máximo dentro do prazo de cinco días, contados a partir do seguinte ó da data da súa expedición, os partes

médicos de baixa, de notificación de parto ou de prognóstico de parto, entregados polos facultativos.

En igual prazo deberán presentarse os correspondentes partes médicos de alta.

O non-cumprimento do disposto anteriormente considerarase como falta leve, grave ou moi grave, segundo a importancia e prexuízo que lle puidese causar á empresa en virtude das disposicións legais establecidas para o efecto.

Artigo 24º.-Xubilacións e cesamentos.

Coa finalidade de regula-la xubilación dos traballadores e promove-lo cesamento voluntario, establécese durante a vixencia deste convenio o seguinte sistema:

Xubilación obrigatoria: os traballadores deberán xubilarse obrigatoriamente o último día do mes en que cumpran os 65 anos de idade, sempre que, ó alcanzar esa idade, o traballador teña dereito á correspondente prestación de xubilación pola Seguridade Social. No momento da xubilación obrigatoria, o traballador percibirá unha indemnización a cargo da empresa de oito mensualidades do módulo de retribución establecido no artigo 28º deste convenio.

Cesamentos voluntarios: os traballadores que, con antigüidade mínima de 8 anos na empresa, a partir dos 60 anos de idade e ata os 64 anos cesen voluntariamente, percibirán a cargo da empresa oito mensualidades do módulo de retribución máis as seguintes indemnizacións segundo a idade do traballador e o ano en cuestión:

Idade de xubilaciónIndemnización 2000

64 anos2.372.660

63 anos4.033.523

62 anos5.457.119

61 anos6.524.816

60 anos8.304.311

Artigo 25º.-Indemnización por falecemento.

Cando ocorrese o falecemento dun traballador en activo, sempre que tivese unha antigüidade mínima dun ano na entidade, aboaráselle o importe de tres mensualidades do módulo de retribución establecido no artigo 28º deste convenio, en concepto de axuda económica, á viúva ou viúvo, ou no seu defecto, ós que convivisen co causante ó tempo do seu falecemento, determinándose, neste último suposto, o ou os beneficiarios, atendendo as circunstancias de feito en cada caso concorrentes, das que informará o comité de empresa.

Artigo 26º.-Anticipos.

Todo o persoal con máis dun ano de antigüidade na empresa terá dereito a solicitar, en caso de necesidade xustificada, un anticipo sen xuro ata o importe de tres mensualidades e media do módulo de retribución establecido no artigo 28º deste convenio.

O saldo vivo da conta de anticipos non poderá superar en ningún momento a cantidade de 15.000.000 de pesetas.

A amortización destes será como mínimo do 6 por 100 do salario percibido en cada paga polo empregado, incluíndo as pagas extraordinarias.

Non se poderá solicitar outro anticipo sen que transcorrese, desde a cancelación do anterior, un período mínimo de tres meses e, en caso de coincidir varias solicitudes, terán preferencia na concesión aqueles traballadores que, nun maior espacio de tempo, non fixesen uso do citado dereito.

Artigo 27º.-Axuda escolar.

O consorcio destinará, en concepto de axuda escolar, ós seus traballadores, para o curso académico 2000/2001 a suma máxima de 3.800.000 (tres millóns oitocentas mil pesetas).

A citada axuda repartirase entre eses traballadores de acordo coas seguintes regras:

1. Terán dereito a ela os citados traballadores do consorcio, ben para si ou para os fillos que convivan con eles e ás súas expensas, sempre que uns e outros cursen estudios con validez académica oficialmente recoñecida polo Estado ou as comunidades autónomas, debendo acredita-la súa efectiva realización.

2. Establécense como cantidades máximas para percibir, para o ano 2000, por cada nivel e estudiante as seguintes contías:

Nivel de estudios2000

Educación infantil (anterior preescolar)15.074

Educación primaria (1º a 6º de EXB)21.219

ESO (anterior 7º e 8º EXB, 1º e 2º BUP e FP-I)45.200

Bacharelato (anterior 3º BUP, COU e FP-II)60.291

Estudios universitarios ata o grao de doutoramento:

-Estudios que poidan ser realizados en Vigo, por existir centro oficial que os imparta: como máximo o importe da matrícula correspondente a curso completo. En caso de matriculación por materias soltas, cando o seu importe sexa inferior ó máximo anteriormente establecido, aboarase o inferior importe que corresponda.

-Estudios que deban ser realizados fóra de Vigo, por non existir centro oficial que os imparta: aboarase o importe que corresponda seguindo o mesmo procedemento que no caso anterior, máis 74.602 pesetas (setenta e catro mil seiscentas dúas pesetas).

En todo caso, a cantidade aboada será a correspondente ó custo de matrícula (de curso completo ou materias soltas) nas universidades públicas, de acordo coas tarifas publicadas nos boletíns oficiais.

3. A axuda escolar a que se refire este artigo aterase ás seguintes condicións limitativas:

a) Non terá dereito a ela quen a desfrutase durante un curso máis dos normais conforme o nivel de estu

dios que se cursen. Non obstante, no caso de estudios universitarios, os estudiantes que non se matriculen de curso completo, poderán desfrutar da axuda escolar por un número de materias superior nun 20% ó total de materias que integran os estudios elixidos. Neste caso, deberán presentar xunto coa solicitude de axuda escolar, unha declaración xurada na que figure o número de materias de que consta a carreira escollida.

b) Elixida rama, especialidade ou carreira, nun concreto nivel, poderá pasarse a outra rama, especialidade ou carreira do mesmo nivel, pero para os efectos da alínea a) seranlle computables os cursos da anterior en que se lle concedese axuda.

De igual xeito, a quen, sen concluí-los estudios dun nivel, pase a outro superior, mediante cursos de adaptación oficialmente recoñecidos, computaráselle para eses efectos como prestada a axuda polos cursos do novo nivel validados pola adaptación.

c) Non se terá dereito á axuda escolar máis que unha soa vez por cada nivel, mesmo cando se trate de rama, especialidade ou carreira distinta.

4. No suposto de que a suma total das axudas que se concedan, conforme as regras anteriores, superasen a cifra máxima sinalada para cada ano nos parágrafos primeiro e segundo deste artigo, rebaixarase proporcionalmente a contía de cada unha das axudas, tendo en conta o exceso que sobre aquela se produza.

5. As solicitudes de axuda escolar presentaranse nos primeiros vinte días do mes de outubro. A solicitude presentarase en instancia dirixida ó delegado do Estado, facendo consta-los beneficiarios para os que se solicita e estudios que van realizar no curso respectivo.

A esta solicitude deberá xuntarse xustificación bastante da efectiva realización dos estudios.

Toda vez que esta xustificación, de facerse mediante certificacións dos centros académicos, podería suporlle ó peticionario o desembolso de certas cantidades en concepto de taxas, ou outro análogo, poderá substituírse por declaración xurada do solicitante. As solicitudes serán resoltas no prazo de quince días hábiles, procedéndose inmediatamente ó aboamento das sumas correspondentes.

Artigo 28º.-Módulo de retribución.

Enténdese por módulo de retribución anual, exclusivamente para os efectos previstos nos artigos 21º, 24º, 25º e 26º deste convenio, a suma de tódalas retribucións que, fixas na súa contía e periódicas no seu vencemento, perciba o traballador; excluíndose expresamente as retribucións por horas extraordinarias, complemento por nocturnidade, complemento de distancia e transporte e indemnización por vacacións.

A mensualidade do módulo de retribución será o resultado de dividir por doce a contía anual deste.

Artigo 29º.-Uniformidade.

O consorcio obrígase a lle proporcionar uniformes ó persoal subalterno, cada dous anos, un para inverno e outro para verán. O persoal de oficios varios terá dereito ó vestiario que determinan as disposicións sobre seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 30º.-Absorbibilidade e compensación.

As condicións laborais establecidas ou que se establezan por disposicións legais ou convencionais, só terán eficacia se, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual, superasen o nivel total das establecidas neste convenio. De non ser así entenderanse compensadas e, de se-lo caso, absorbidas polas melloras aquí pactadas.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Formarán a comisión paritaria prevista na letra e) do nº 2 do artigo 85 do Estatuto dos traballadores, o presidente, o secretario e un vocal do comité de empresa por parte do persoal e, por parte da entidade, o persoal de dirección que subscribe este convenio.

En casos de ausencia ou enfermidade, os representantes do consorcio serán substituídos polos seus respectivos suplentes nomeados pola entidade e os do persoal polos vocais do comité de empresa que este nomee.

Ambas partes poderán estar asistidas nas deliberacións, por un asesor que designarán libremente.

A comisión paritaria así constituída exercerá funcións mediadoras en canto á interpretación xeral do presente convenio e na solución dos conflictos colectivos que ó respecto puidesen suscitarse durante a súa vixencia.

Artigo 32º.-Vinculacion á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, este convenio será nulo e quedará sen ningún efecto no suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das facultades que lle sexan propias, obxectase ou invalidase algún dos seus artigos, ou parte deles, xa que o convenio debe ser un e indivisible na súa aplicación.