Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 234

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 28 de decembro de 2000 pola que se fixan as tarifas e prezos correspondentes á prestación de servicios nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 2001.

Dando cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede actualiza-los prezos dos

servicios prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ata agora fixados pola Orde do 3 de xaneiro de 2000 (DOG nº 14, do 21 de xaneiro), así como establece-los prezos dos diferentes carnés dirixidos á xuventude que se expiden a través dos servicios de xuventude, casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidades colaboradoras, e os relativos á participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exaccións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes acordarase por orde da consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Os prezos esixibles pola prestación de servicios e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, son os que se fixan no anexo I desta orde.

2. Os prezos relativos á expedición do carné Xove Euro<26, carné Máis, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades e carnés TIVE recóllense no anexo II.

3. Os prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude especificadas nesta orde recóllense no anexo III.

4. Estes prezos enténdense, se é o caso, co IVE incluído.

A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 13/1991, do 9 de decembro.

Artigo 2º

1. Os prezos recollidos no anexo I desta orde serán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non da enerxía eléctrica.

2. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia ó uso de tódalas súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboa-las tarifas correspondentes polo uso dos polideportivos cubertos ou ximnasios, segundo os prezos que figuran no anexo desta orde.

Artigo 3º

Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos recollidos nos puntos A.2.1 e A.2.2 do anexo I desta orde, relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude en instalacións en Galicia.

Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia do título de familia numerosa onde figure.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2000.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

Prezos relativos á utilización e ós servicios prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A. Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a campaña de verán establécense os seguintes prezos por praza:

A.1. En réxime de oferta concertada (dirixida a grupos).

A.1.1. Campamentos.

Tarifa en ptas.

Por quincena14.900

Por día1.300

A.1.2. Albergues e residencias.

Por quincena19.300

Por día1.800

Estes prezos abranguen os seguintes servicios: o aloxamento, alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

A.2. En actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A.2.1. Campamentos.

Tarifa en ptas.

Promoción normal (por quincena)17.200

Promoción normal (quenda de 10 días)12.700

Promoción normal (quenda de 7 días)8.900

Cursos de especialidade (por quincena)21.100

Aulas de aire libre (por quincena)17.700

Aulas de natureza (por quincena)17.700

Curso de piragüismo (por quincena)21.100

A.2.2. Albergues.

Tarifa en ptas.

Promoción normal (por quincena)22.200

Promoción normal (quenda de 10 días)14.700

Promoción normal (quenda de 7 días)11.300

Cursos de especialidade (por quincena)23.200

Cursos de idiomas estranxeiros (por quincena)24.300

Cursos de náutica: vela, táboa e esquí (por quincena)28.800

Cursos de náutica: vela e táboa (por quincena)...24.300

Rutas turístico-culturais e deportivas24.300

Cursos de piragüismo (por quincena)24.300

A.2.3. Campos de traballo.

Ámbito autonómico e nacional (por quincena)...10.000

Ámbito internacional (por quincena)10.000

B. Por servicios nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAX), establécense os seguintes prezos por persoa:

ServiciosAta 26 anosMaiores de 26 anos

Pensión completa 1.9402.580

Aloxamento 8001.200

Almorzo 100 200

Xantar ou cea 780 855

Para facer uso destes servicios deberase posuí-lo carné de alberguista en calquera das súas modalidades.

C. Servicio nas residencias xuvenís para estudiantes (por praza e mes), durante el curso 2000/2001, que abrangue do 1 de outubro de 2000 ó 30 de xuño do 2001.

Tarifa en ptas.

Residentes internos38.100

Medio pensionistas externos (xantar e merenda)15.500

D. Pola utilización das instalacións recreativo-deportivas.

D.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto.

Sen enerxíaCon enerxía

eléctricaeléctrica

Adestramento/hora para

infantís e xuvenís1.0001.500

Partidos1.4502.700

D.2. Uso de pistas polideportivas descubertas.

Sen enerxíaCon enerxía

eléctricaeléctrica

Ata dezaoito anos

e maiores/hora5801.000

D.3. Uso de pistas de tenis.

Infantís-xuvenís/hora280

Maiores de 18 anos385

D.4. Uso de piscina non climatizada.

Infantís-xuvenís135

Maiores de 18 anos280

E. Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ó aire libre:

E.1. Acampadas (con tendas da entidade): 80 ptas./día e persoa.

E.2. Actividades recreativo-culturais (convivencia):

2.000 ptas./día/grupo de ata 50 usuarios.

3.100 ptas./día/grupo de 51 a 100 usuarios.

5.200 ptas./día/grupo de 101 a 200 usuarios.

10.400 ptas./día/grupo de 201 a 300 usuarios.

ANEXO II

Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á xuventude.

Carné Xove Euro<26900 ptas.

Carné Máis900 ptas.

Carné alberguista mozo500 ptas.

Carné alberguista adulto1.000 ptas.

Carné alberguista grupo2.000 ptas.

Carné alberguista familiar3.000 ptas.

Carné alberguista internacional1.800 ptas.

Guía internacional de albergues700 ptas.

Carné teacher (ITIC)1.000 ptas.

Carné Go<25 (FIYTO)700 ptas.

Carné Student (ISIC)700 ptas.

ANEXO III

Prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude que a seguir se especifican. Os prezos establecidos entenderanse por participante:

A. Programa «Vive a Neve-2001».

Andorra48.000 ptas.

Lleida47.000 ptas.

Manzaneda16.000 ptas.

B. V Xuntanza de mozos investigadores3.000 ptas.

C. Programa «Imos ó mar» (prezos por persoa e praza)500 ptas.

D. Programa «Coñece a Galicia Verde» (prezos por persoa e praza)500 ptas.

E. Programa «Coñece España»22.500 ptas.

F. Programa «Conducción Segura»4.000 ptas.

G. Programa «Atlántida»3.000 ptas.

H. Programa «Os espacios naturais-Un mundo aberto»3.000 ptas.

I. Xuventude Galicia Net3.000 ptas.