Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 236

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas para cubrir 8 prazas de auxiliar técnico de biblioteca, grupo IV, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

En relación coa convocatoria das probas selectivas para cubrir 8 prazas de auxiliar técnico de biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela publicada no Diario Oficial de Galicia do 31 de outubro de 2000 (nº 211).

O rector, no uso das competencias que lle están atribuídas polo artigo 18 da Lei 11/1983, da reforma universitaria, en relación co artigo 3 e) dela, así como nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolve:

Modifica-la composición do tribunal que figura na convocatoria, nomeando ó seguinte:

Francisco Castro Alvaredo, grupo IV do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela, en representación do comité de empresa, como vocal suplente en substitución de José Tadeo Barcala González.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá formularse, trala súa notificación a este rectorado, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela