Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 236

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (131/1996).

Nos autos de execución 131/1996 e acumuladas, seguidos neste Xulgado do Social número un de San

tiago de Compostela, por instancia de Manuel Sampedro Gude e Outros, contra La Onza de Oro, S.A., data de dezaoito de decembro de dous mil, a maxistrada-xuíza substituta deste xulgado, Mª Fe López Juiz, dictou providencia que literalmente contén a seguinte providencia:

«Magistrada-xuíza substituta López Juíz. Dada conta; visto o estado desta execución número 131/1996 e acumuladas, seguida neste xulgado por instancia de Manuel Sampedro Gude e Outros, contra a empresa La Onza de Oro, S.A., acordándose nela, en resolución de catro de outubro pasado, a celebración de poxas os vindeiros días 8 de xaneiro, 29 de xaneiro e 19 de febreiro de dous mil un, para as 11 horas, e cesando o secretario titular deste xulgado, como queira que o vindeiro día 8 de xaneiro están sinalados xuízos no Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, e ó non se poderen celebrar ámbolos actos (xuízos e poxa) por coincidiren cronoloxicamente, dado que o secretario do Xulgado do Social número dous se fixo cargo das dúas secretarías, acórdase a suspensión desta poxa, sen prexuízo de novo sinalamento. Notifíquese esta resolución coa publicación do correspondente edicto no DOG. Mándao e asínao S.Sª., de que dou fe. A maxistrada-xuíza Mª Fe López Juiz. O secretario Camilo

José García-Puertas Magariños. Asinados e rubricados».

E para que conste e sirva de notificación á empresa La Onza de Oro, S.A., actualmente en paradoiro descoñecido, así como para os debidos efectos de publicación e coñecemento xeral, insírese esta cédula no Diario Oficial de Galicia.

En Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2000.

O secretario por substitución

Rubricado